Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Obradoiro de gaitas Seivane gaña o Premio Nacional de Artesanía
A candidatura, que se fixo co máximo galardón no certame convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, contou co apoio da Xunta de Galicia. A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) resultou finalista na categoría Promociona para entidades privadas. A Artesanía de Galicia ten unha ampla presenza cada ano nos Premios Nacionais de Artesanía, que supoñen un recoñecemento á alta calidade do produto artesán galego.

O obradoiro de gaitas Seivane fíxose esta mañá co máximo galardón dos Premios Nacionais de Artesanía, nos que a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari) resultou finalista na categoría Promociona para entidades privadas, contando as dúas candidaturas co apoio da Consellería de Economía e Industria.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, asistiron á cerimonia de entrega no Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo duns galardóns promovidos pola Fundación Española para la Innovación da Artesanía (Fundesarte) nos que a Artesanía de Galicia ten unha importante presenza cada ano. Estes premios teñen como finalidade dar o recoñecemento institucional ao máis alto nivel a aqueles profesionais e iniciativas artesás consideradas como excelentes e exemplares no campo da artesanía contemporánea.

O obradoiro de gaitas Seivane, premiado na categoría de Premio Nacional de Artesanía, ten a súa orixe en 1939 cando o seu fundador, Xosé Manuel Seivane Rivas, elaborou a súa primeira gaita, nunha época na que moi poucas persoas reunían a dobre condición de construtor de gaitas e gaiteiro. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, seguiron os seus pasos e decidiron traballar xuntos no taller familiar, impulsando así unha empresa pioneira en Galicia que modernizou os sistemas construtivos e que investiga todos os aspectos relacionados coa gaita para ofrecer un produto de calidade. Na actualidade algúns netos do fundador traballan no negocio familiar, asegurando así a continuidade dun oficio con décadas de tradición.

Pola súa banda, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), con sede en Boiro, resultou finalista no Premio Promociona para entidades privadas. O traballo da asociación caracterízase por manter viva a tradición na construción de embarcacións de madeira ao tempo que incorpora as últimas innovacións aparecidas no mercado. A súa aposta é conservar o saber facer dos carpinteiros de ribeira e adaptalo ao contexto dunha economía sostible, conservando o seu valor cultural, e promovendo a divulgación e o uso do patrimonio marítimo.

O presidente de Agalcari é o artesán Gerardo Triñanes, de Asteleiros Triñanes, un obradoiro que na anterior edición dos Premios Nacionais de Artesanía resultou finalista na categoría Premio Nacional de Artesanía. Nesa mesma edición a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, resultou gañadora na categoría Promociona para Entidades Públicas, un galardón co que se resalta o traballo da Xunta de Galicia no apoio aos artesáns galegos.

http://artesaniadegalicia.xunta.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-03-2014 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0