|
|
|
Homenaxe ao gaiteiro 2013 (Vigo) |
|
O próximo sábado 30 de Novembro a sala de concertos do Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acollerá a partir das 19.00 horas a vixésimo sexta edición do Homenaxe ao gaiteiro, organizado polo Grupo Etnográfico A Buxaina. Un evento musical onde todos os asistentes poderán gozar coas actuacións do grupo de música tradicional Abóbriga e o Grupo Etnográfico A Buxaina.
A entrada ao evento será con convite. Os socios do Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo poderán retirar os seus convites dende o xoves 18 ata o domingo 24 do citado mes en horario de 20.00 a 22.00 horas de luns a venres e de 12.00 a 14.00 horas o sábado e domingo e os non socios dende o luns 25 ata o sábado 29 no mesmo horario arriba indicado.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Hai un pequeno erro na informaciòn, o día do acto é o vindeiro sábado 30 de novembro.
Ainda que#blgtk08#da algunha invitación que podedes recoller no CRAC de Coruxo entre as 20 e as 22 horas.
Saúdos |
|
|
Comentario por Etnografico ABuxaina (28-11-2013 11:48) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|