Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe a carmiña Pérez Alonso (Cangas do Morrazo) |
|
Unha vida dedicada ao baile galego
O Grupo de Danzas Soavela homenaxea á súa directora, a bailarina Carmiña Pérez
Tras dirixir o Grupo de Danzas Soavela desde a súa fundación, Carmiña Pérez Alonso anunciou a súa retirada. Para darlle unha despedida ao grande, Soavela decidiu organizar un festival folclórico a finais deste mes na súa honra. Varios exalumnos e un gaiteiro famoso actuarán no mesmo.
O Grupo de Danzas Soavela prepara o seu festival "Homenaxe a Carmiña Pérez Alonso", unha despedida ao grande a unha muller que dedicou toda a súa vida ao baile galego. Despois de máis de 60 anos trasladando a cultura de Galicia, a través do baile folclórico, e de ser coñecida en todo O Morrazo por aproximar aos seus habitantes ao baile tradicional galego nas súas clases decidiu pór punto e final á súa carreira artística.
Carmiña, así a coñecen todos, iniciou a súa andaina no grupo "Vento das Cíes " de Vigo no ano 1954 e tras varios anos bailando funda diferentes grupos de baile en O Morrazo ata que finalmente funda Soavela no ano 2007. Este ano retírase da dirección de Soavela para deixar paso á súa compañeira Ana Calvar. O grupo do Hío quere, tal como explica a súa presidenta, Pilar Barbosa, brindar unha homenaxe á Carmiña Pérez para que esta figura do folclore no Morrazo se vaia "pola porta grande e cun bo sabor de boca".
O festival, que está organizado por Soavela, en colaboración co Auditorio Municipal de Cangas e o Concello, desenvolverase o vindeiro sábado a partir das 18.00 horas. Desde a organización non quixeron desvelar o programa nin os invitados que acudirán á celebración, xa que "queremos que sexa unha sorpresa", comenta Pilar Barbosa.
A pesar do segredo do programa, tanto Pilar Barbosa como a futura directora do grupo, Ana Calvar, recalcaron que todos os artistas que actuarán no festival serán antigos alumnos de Carmiña e "seguramente contemos coa presenza dun gaiteiro famoso", do cal non quixeron desvelar o seu nome.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, José Luís Gestido, quere felicitar a Soavela pola organización deste festival "xa que se trata dunha homenaxe moi merecida" e tamén quixo lembrar que durante a Gala dá Cultura, Carmiña recibiu un dos galardóns máis importantes que se lle poden conceder a un veciño de Cangas: o premio ao Labor Cultural Son de Cangas.
O director do Auditoiro, Juan José Pérez, declarou que "é toda unha honra acoller este evento neste teatro" e asegura que está encantado de celebrar o festival xa que unha persoa como Carmiña Pérez, que se subiu a escenarios en Portugal, Francia e en diferentes partes de España, "merécese esta gran homenaxe".
A entrada ao festival será totalmente gratuíta e durará ao redor dunha hora.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|