Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fin de curso da Tradescola (Lugo) |
|
O vindeiro venres día 28 de Xuño a partir das 20.00 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello de Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 12/13.
A TRADESCOLA contou durante este curso con máis de 220 alumnos matriculados, e o seu equipo docente estivo formado por 9 mestres encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical. Os mestres implicados foron Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa ? O Caruncho?, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, PedroDavid Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal.
RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO
Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2013/2014.
Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|