Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Curso de interpretación de gaita con Pablo Devigo (Madrid) |
|
 Curso de interpretación de gaita con Pablo Devigo na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29 e 30 de xuño.
A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de interpretación de gaita para os días 29 e 30 de xuño nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todos os gaiteiros interesados en mellorar a súa interpretación, a súa técnica e corrixir certos aspectos ou a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega. Fai falta ter uns mínimos coñecementos previos aínda que non é necesario ter un nivel avanzado para inscribirse e vai ser fundamentalmente práctico (existe a posibilidade de inscrirse como alumno oínte no caso de non ter coñecementos previos).
Para realizalo contaremos, de novo este ano, coa presenza de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas e que está chamado a ser unha referencia importante na gaita galega. A súa forma de tocar e concepción da gaita cambiou o panorama ao buscar novas fronteiras tanto na interpretación como na composición.
Neste curso de interpretación haberá traballo individual con Pablo Devigo da interpretación de temas propostos polo alumno en cada nivel.
Esquema do curso:
- Saúde e práctica postural.
- Sistemas e técnicas de afinación.
- Técnicas de estudo.
- Articulación e ornamentación.
- Traballo de aspectos interpretativos sobre o repertorio proposto polo alumno.
O prezo é de 85 euros para os alumnos activos (65? para os alumnos da Escola A Píntega Marela) y de 55? para os alumnos oíntes (40? para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.
As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición.
Máis información en apintegamarela@gmail.com , www.juanluna.es ou en www.apintegamarela.org
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|