Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XLVI Concurso de Gaitas de Ponteareas |
|
Bases do XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS
A celebración do Concurso de Gaitas de Ponteareas, é xa unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, acadándose este ano a 46 edición, que o consolida como o certame de música tradicional galega de máis ampla traxectoria.
Poden participar no consurso os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril, debendo vestir o cuarteto o traxe tradicional galego completo.
O prazo para inscribirse neste concurso remata o día 13 de setembro de 2013.
A organización deste concurso corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra.
Establecense os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800 euros
Segundo Premio: 1.200 euros
Terceiro Premio: 900 euros
Cuarto Premio: 600 euros
O Concello de Ponteareas, tamén aboará a todos oss grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros para axuda de gastos de desprazamento.
Segundo o Concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a celebración deste Concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e o compromiso do Governo Municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas.
XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS
Bases
1º.-Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional (sen modificación de ningún tipo).
2º.-As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o Departamento de Cultura Municipal dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán recibirse ata o día 13 de setembro de 2013. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición o enderezo e número de teléfono, segundo modelo de inscrición que se lle facilita. A orde de participación no concurso será de acordo coa de inscrición.
3º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo.
4º.- O número máximo de participante será de quince grupos.
Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.
5º.-Os grupos participantes estarán ás 10,15 h. da mañá do domingo, día 22 de setembro de 2013, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 11.00 h. da mañá terá lugar o XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS.
6º.-Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total dás dúas pezas será, como máximo, de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurris.
7º.-Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. O Xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.
8º.-Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional completo.
9º.- A comisión organizadora aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros; cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.
10º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|