Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Finalistas XII Premios Opinión: Candidatos veteranos e noveis
O noiés Rodrigo Romaní aparece como finalista nas tres categorías que se conceden nos galardóns e Óscar Fernández, membro de Os Cempés, repite na lista de mellor artista
Nesta edición dos galardóns achamos unha mestura entre as candidaturas finalistas de artistas xa veteranos, cunha sólida traxectoria, e músicos que aportan traballos que supoñen o seu debut discográfico, como acontece con dous dúos que foron quen de entrar nunha lista sobranceira da que é difícil formar parte, e máis se temos en conta que este ano o xurado debeu valorar case un 30% máis de traballos que na edición anterior.

O portugués Luís Peixoto gañou o ano pasado o premio á mellor canción formando parte do trío Assembly Point. Nesta ocasión editou unha obra a dúo co ferrolán Fernando Barroso que vén de acadar un lugar entre os finalistas a mellor álbum.

Pola súa banda, o dúo PeldeNoz, debutantes discográficos no 2012, tamén logrou unha candidatura como mellor disco e ademais engadiron que Alonso Caxade, quen exerce de arranxista dos temas, entrara na terna dos mellores artistas. Na categoría de mellor tema orixinal non tiñan posibilidades, xa que o repertorio do seu traballo provén da tradición. Nesa loita para ser a mellor peza atopamos unha canción do cuarteto A Cada Canto, unha composición de Óscar Fernández incluída na obra de Os Cempés e unha creación de Rodrigo Romaní, quen é un dos grandes protagonistas destes nomeamentos ao lograr entrar co seu Arpas de Breogán nas tres categorías (disco, canción e artista).

Unha menos logrou outro home que tamén leva moitos anos de andaina no mundo do folk e que completa o cuarteto para mellor canción. O traballo de Pancho Álvarez como solista, tamén é integrante dende hai tempo da banda de Carlos Núñez, aparece tamén con opción de vitoria como mellor artista do ano.

Esta é a segunda edición da nova etapa dos galardóns, anteriormente só eran recoñecidos os tres mellores discos, e Óscar Fernández conseguiu aparecer novamente entre os finalistas na categoría de mellor artista. O ano pasado optou a ese recoñecemento como director musical do álbum Atlántica Vapora Orquestra e nesta ocasión o xurado salientou o seu traballo creativo na obra de Os Cempés, grupo do que é o auténtico cerebro e para o que compuxo varias pezas.

Outros músicos con longa andaina son os coruñeses Luar na Lubre. En dúas ocasións quedaran ás portas de recibir un premio, ao ser cuartos nas votacións, e agora teñen opción de facerse con el na categoría de mellor álbum polo seu Mar maior. Os tres vencedores serán dados a coñecer no decurso da gala de entrega dos galardóns.

A décimo segunda edición dos premios creados polo xornal LA OPINIÓN volve contar entre os seus finalistas con diversas óperas primas, polo que se comproba que todos os anos a escena folk do país conta con boas novas propostas, xa sexan de músicos emerxentes ou xente cunha maior traxectoria que decide aportar unha nova perspectiva musical, o que resulta vital para que o panorama creativo non quede unicamente nas mans de artistas coñecidos, dos que se debe valorar que continúen ofrecendo obras de interese.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-02-2013 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0