Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Centos de gaiteiros participaron na alborada para Rosalía nas vilas e cidades de todo o País |
|
 A Asociación de Gaiteiros Galegos, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega, a Universidade de Vigo, e centos de gaiteiros, corais, solistas, grupos e bandas de gaitas... homenaxearon no día de onte a Rosalía de Castro coas súas interpretacións, no día no que se cumpriu o 176 aniversario do seu nacemento. Fixérono da mellor forma posible, coa ?Alborada para Rosalía?, un acto sen precedentes que fixo que os sons das nosas gaitas chegaran a todas as vilas e cidades do país e do resto do mundo unidas por un mesmo fin, honrar á nosa poeta.
Toda a información audiovisual dos grupos participantes estará disponible para poder ver así o que ocorreu nos distintos lugares do mundo no seguinte enlace:
http://rosaliadecastro.org/
Dende a AGG manifestamos a nosa ledicia e agradecemos a grande acollida que esta alborada tivo por parte da comunidade de músicos tradicionais que encheron de sons as rúas e prazas das vilas do país na honra de Rosalía.
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|