O pasado sábado 27 de outubro o auditorio Mar de Vigo acolleu a final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, organizadas pola asociación Interfolk, coa colaboración do Concello de Vigo.
Catro grupo folklóricos galegos participaron na final das XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais que se desenvolveron no a auditorio Mar de Vigo o pasado sábado, 27 de outubro: Andarela, Colexiata do Sar, Seixebra e Traspés. Ademais, o certame contou co Coro Tradicional Cantares do Brión como artista invitado.
Premios:
1º Premio: A. C. Traspés
2º Premio: A. F. Colexiata do Sar
3º Premio: A. C. Seixebra
4º Premio: A. F. Andarela
- Premio ao mellor acompañamento: A. C. Traspés
- Premio ao mellor vestiario: A. C. Traspés
- Premio á mellor peza coreográfica: A. F. Colexiata do Sar
Lastima que so se presentaran catro grupos, se cadra non publicitaron o suficiente. O auditorio do mar de vigo é espectacular e a#blgtk08# cuantía dos premios é das máis altas que vin nun concurso de baile. En xeral gustoume moito o concurso. Parabens a todos.