Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentación do Libro De vello, gaiteiro! en Pontevedra |
|
O vindeiro xoves 25 de outubro ás 20.00 horas na Casa das Campás - Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Rúa Don Filiberto - 9-11 Pontevedra) terá lugar a presentación do Libro De vello, gaiteiro!
De vello, gaiteiro! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e músico tradicional. Neste traballo faise un percorrido pola biografía da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos que neste ano 2012 cumpriu os seus 18 anos de existencia.
O presente libro sírvelle ó autor para conmemorar esa maioría de idade da agupación, facendo un repaso ó que foron estas case dúas décadas de traballo a prol da divulgación da cultura musical tradicional galega en tódalas súas vertentes. Biografías dos músicos, historia da agrupación, actividades didácticas, obradoiros, colaboracións culturais, artigos, fotografías, prensa, concertos, festas e romarías desfilan polas páxinas da obra construíndo un completo retrato do que foi e é a agrupación musical e asociación cultural Os Chichisos. De vello, gaiteiro! inclúe, ademais, un catálogo de 33 cadros do artista Francisco Sutil onde Os Chichisos son os protagonista da súa obra pictórica. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|