Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Homenaxe a Zeca Afonso en Ourense |
|

A Praza Maior de Ourense acolle hoxe martes, día 26 de xuño, o concerto titulado "Terra da fraternidade", en homenaxe ao músico e compositor portugués Zeca Afonso.
O concerto contará coa actuación dos artistas Joao Afonso, Uxía Senlle, Xurxo Souto e Najla Shami, entre outros.
O evento está previsto para as 22.30 horas e forma parte da programación das Festas de Ourense 2012, que organiza a Concellería de Cultura.
Zefa Afonso (1929-1987) foi un dos mellores e máis coñecidos músicos de Portugal. Compuxo canción protesta portugués e escribiu música contra a dictadura de Salazar, que gobernou Portugal dende 1926 ata 1974. Na actualidade, anos despois da súa morte, permanece aínda cun alto número de vendas tanto no seu país coma no estranxeiro.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|