Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Luar na Lubre presenta novo disco |
|
O grupo galego de folk Luar na Lubre presentou o seu novo traballo, «Mar Maior», unha proposta musical na que estrean voz, Paula Rei, e coa que reivindican a unión entre Galicia e Irlanda.
Tras 12 discos editados e máis de 350.000 copias vendidas, Luar na Lubre volve ás súas orixes cun disco de inspiración medieval que recorre á lírica galaico-portuguesa para profundar na unión entre os finisterres atlánticos, Irlanda e Galicia.
«É o mellor traballo de Luar na Lubre», asegurou o líder do grupo, Bieito Romero , durante a rolda de prensa de presentación do disco celebrada na fundación Paideia da Coruña.
A banda galega, con nove premios da música no seu haber, atrévese por primeira vez a elaborar unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.
O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.
«Non queremos abrir polémicas sobre celtismo ou non celtismo, senón pór en curiosidade o Leabhar Ghabhala Eireann», subliñou Romero. «Detrás da nosa música pretendemos que haxa cultura», engadiu.
Romero aproveitou o acto para reivindicar a música galega como «marca de identidade universal» e reclamou un maior apoio das institucións.
Luar na lubre, que este ano cumpre o seu vixésimo quinto aniversario, mantén a súa aposta folk inspirada na música tradicional galega con temas como «Camiño de Caión» ou «Pasar pola Coruña». Así mesmo, abordarán a lírica galaico-portuguesa musicando poemas do rei Alfonso X ou de Martín Códax.
O disco, editado por Warner, sairá á venda o 5 de xuño e ao día seguinte estrearase en directo no Círculo de Belas Artes de Madrid.
Despois o grupo comezará unha xira que os levará por Murcia, Valladolid , Xirona, Barcelona, Cádiz, Sevilla, Cantabria, Logroño, Palencia ou Cáceres.
Así mesmo, participarán nos festivais da Guitarra de Córdoba; no do Ebro, en Zaragoza, e na cita internacional do Folk, en Segovia.
A xira servirá para dar a coñecer á nova voz de Luar na lubre, a coruñesa Paula Rei, quen substitúe como vocalista á portuguesa Sara Vidal.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|