Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI Noite de Fiadeiro (Ramirás)

Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense e da La Caixa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Neste 2012 cúmprese a VI edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 28 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta é variada con unha mostra de produtos artesáns con máis de 30 postos; animación, teatro, xogos, obradoiros, exposicións, xigantes e cabezudos? A principal novidade desta edición é o cambio de ubicación, pasando de ser na Praza de San Andrés, a ser na explanada da parte alta do Pobo; un lugar máis amplo e con máis comodidades. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web

www.noitedefiadeiro.com .

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.
Nesta nota axúntase o cartaz que nesta edición foi realizado polo ilustrador ourensán Fiz Soto e maquetado polo arquitecto Jose Diz. Para calquera suxestión ou pregunta o teléfono de contacto é o 639 908 005 (Alexandre), ou ben no correo rebulir@hotmail.com.

Sen máis, despedimos con un enlace ao seguinte vídeo e convidándovos a vir o vindeiro Sábado ata Ramirás. O noso agradecemento por adiantado.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0