Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa da Sementeira do millo (Matamá - Vigo)
O Colectivo Cultural Alternativo MALAHERBA está a organizar para a última fin de semana deste mes de abril(28,29 de Abril) a FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 2012 que se celebrará na parroquia viguesa de Matamá no lugar do muiño da Regueira e onde haberán multiples actividades para nen@s e maiores: xogos, música, charlas, mostra etnográfica, muiñada, labranza, postos de artesania e agricultura ecolóxica...

O sábado podes participar nas OLIMPIADAS DO CAMPO (anotate: colectivomalaherba@gmail.com // ou chamando o 651 73 90 90)
e xa o domingo podes asistir vestido de labrego e participar na LABRANZA TRADICIONAL e despois quedar por un módico prezo (carne o caldeiro +pan + viño=6 euros)para o XANTAR POPULAR (fai a tua reserva telf. 651 73 90 90// ou en colectivomalaherba@gmail.com).

Ven a pasalo ben!!!. Estás convidad@!!!!

PROGRAMACIÓN DA FESTA:
Sábado 28 abril


-15h. APERTURA DA IV MOSTRA ETNOGRÁFICA DE MATAMÁ

-16h. OLIMPIADAS DO CAMPO (+ info en facebook colectivo malaherba. Anótate e participa: colectivomalaherba@gmail.com)

-19h. PALESTRA DE AGRICULTURA ECOLÓXICA:

- A horta autosuficiente (por Jacobo Ojea da horta do Cadaval)
- Viticultura natural (método Masanobu Fukuoka)
- As variedades do millo galego(a cargo dun investigador da Misión Biolóxica de Galicia-CSIC)

-22h. Monólogo de CÁNDIDO PAZÓ

-23h. ARDENTÍA folc

-0h. MUIÑADA NOCTURNA

Domingo 29 abril

- 10.30 Saída do CARRO DOS BOIS dende a igrexa de Matamá ata o muiño da Regueira.

-11h. LABRANZA TRADICIONAL cunha parella de bois. Asiste vestid@ de labreg@!!!!

-12h. OS CATRO QUINTOS folc

-14h. XANTAR POPULAR. carne o caldeiro+pan+viño=6 euros.( Fai a túa reserva en colectivomalaherba@gmail.com ou no telf 651 73 90 90)

-16h. CE ORQUESTRA PANTASMA

-17h. SEMENTEIRA DO MILLO a cargo d@s nen@s asistentes a festa.
haberán POSTOS DE ARTESANIA e de PRODUCTOS ECOLÓXICOS... e o domingo POLBO A FEIRA!
+ INFO EN FACEBOOK COLECTIVO MALAHERBA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0