Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista a Germán Diaz |
|
O músico castelán Germán Díaz dirixe a música dun novo proxecto deseñado desde aCentral Folque, o proxecto Florencio, unha experiencia pedagóxica, escénica, de recuperación e actualización dun dos intérpretes máis carismáticos da música popular galega moderna, o violinista e cantor cego, Florencio dos Vilares. Aquí deixamos unha entrevista feita nestes días por www.folque.com
Pregunta: Antes de entrar no Proxecto Florencio de aCentral Folque, tiñas ouvido a este músico popular, Florencio o Cego dos Vilares, qué é o que te suxeria?
Resposta: Florencio é unha nova, unha estrela cun brillo superior ao ordinario da música popular e unha das últimas manifestacións do cego cantor, así que todo o mundo que se dedica ou achega ás músicas populares, coñece medianamente o seu repertorio. Curiosamente, o lugar onde vivo agora, Arneiro, un asentamento de colonos na Terra Chá lucense, creouse para dar acubillo ás persoas que tiveron que abandonar os seus pobos cando se decidiu construír o encoro do río Navia. Case todos os veciños, que son de Negueira de Muñiz -moi próximo a Fonsagrada-, lembran a Florencio e mesmo a miña veciña, contoume que o trouxeron ás festas de Muimenta antes de que ela casase.
Sen dúbida, o seu repertorio é o resumo de moitos anos de música, e iso significa e suxire bastante.
Cómo lle explicarias a un extraterreiro cal é a esencia da música popular ?
Diríalle que é a mesma que a súa; sabemos que a auga é indispensable para a vida, no noso mundo coñecido. Se debate sobre a existencia de vida en lugares inhóspitos, e aínda hoxe hai interrogantes sobre este asunto. Do que estou seguro, é que a música é indispensable para a vida, por tanto os extraterrestres teñen a súa música popular. Seguro que John Blacking facía extensible a súa teoría sobre os fundamentos biolóxicos da música aos extraterrestres :-)
Agora que vives na aldea consideras máis a música como oficio dentro dun territorio?
Realmente non. Na aldea, desapareceron as funcións de cada quen para co colectivo. E moito máis a de músico. A globalización trouxo, entre outras cousas, unha xeneralización do gusto -sexa bo ou malo-, e iso incumbe tamén á música. Ademais, se o teu territorio non ofrece emprego para a túa profesión, dificilmente podes considerar a música como oficio dentro dun territorio.
O músico na aldea crees que ten actualmente función social claramente definida en tempos de crise, globalización e perda de povoación do medio rural...?
Precisamente é do que falaba na anterior pregunta. A tiranía do ruído na que vivimos, a falta de silencio, ou máis ben diría, o medo ao silencio -que non é outra cousa que o medo ao espazo para a reflexión-, destruíu en gran medida a necesidade de contar cun músico no colectivo. Cada vez menos xente considera ao músico como un traballador e sente a necesidade de escoitalo, entre outras cousas, porque ten música as vinte e catro horas do día. No rural, o que hai son moitos teatros espantosos e sen estrear. Moitos continentes, e ningún contido.
O grupo de músicos do projecto Florencio van vivir o repertorio e o patrimonio natural da Fonsagrada, que é o que te chama mais á atención no repertorio de Florencio?
Unha capacidade que me resulta moi interesante de Florencio, e de todos os músicos populares, é a súa capacidade camaleónica para mimetizar todo o que escoitan e incluílo, coa súa particular idiosincracia -co seu xeito-, ao seu propio repertorio. Sempre que abordo un novo proxecto, lembro as palabras do mestre do Haiku, Matsuo Bashô: "non sigas as pegadas dos antigos, busca o que eles buscaron", así que o noso traballo co seu repertorio está cheo de influencias que, a primeira vista, pódennos parecer algo exóticas, pero que en realidade gardan similitudes moi interesantes como a heterofonía, estilos silábicos e melismáticos, particularidades rítmicas, etc..
Pero o que é de verdade importante, desde o meu punto de vista, neste proxecto, é que saibamos compartir a música e aprender mutuamente no palco. E gozalo, claro.
Co patrimonio natural de Fonsagrada, teño moita relación, xa que visito a zona sempre que podo, e mesmo, temos unhas colmeas na zona -o mel de breixo que se obtén é riquísima -polo menos iso debe de pensar o oso que nos comeu toda a colleita do ano pasado...-
Ti como músico de zanfona, cal é o momento que vive este instrumento en Europa?
Sen dúbida, un momento de esplendor. Hai un interese crecente polo seu estudo e divulgación; E Galicia é, case con seguridade, un dos seus máis importantes baluartes. En todos os países de Europa nos que estiven, para aprender, ensinar ou tocar a zanfona, en ningún vin tanta xente, e tan interesada polo instrumento como en Galicia.
Unha das miñas máis gratas emocións ao vir vivir a Lugo, foi poder coñecer de primeira man a historia do rexurdir do instrumento -labor de Santalices-, xa que Antonio Fernández López, gran benefactor da cidade, patrocinou e promoveu a creación do Taller- Escola de instrumentos Musicais galegos, onde se empezaron a construír, de novo, zanfonas. E hoxe en día, a súa filla, Asunción Fernández Pontes, continúa este labor de apoio e difusión do instrumento desde o centro Fingoi*, que dirixe.
*Neste centro os músicos do Proxecto Florencio, aprenden, comparten e ensaian dúas veces ao mes. Presentarán en xullo os resultados deste maravilloso experimento con dous concertos en Lugo e na Fonsagrada.
www.folque.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|