Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha noite para gozar do folk

Unha noite para gozar do folk con dúas formacións espectaculares

A que se vivirá hoxe no coruñés teatro Colón será unha noite aínda máis especial que as precedentes, xa que se chegará á décima edición na historia dos galardóns organizados por LA OPINIÓN, e este sempre é un aniversario que se adoita celebrar ao grande.

E desa maneira formulouse a idea central deste ano, que consistiu na creación dunha banda para tocar versións de sete temas que estiveran gravados en álbumes galardoados nas anteriores edicións. E para dar un enfoque aínda máis diferente, decidiuse optar pola orixinalidade e contar na formación cunha sección de instrumentos de metal, algo inusual na historia do folk galego.

Son dez músicos os que forman Axada, xogando co número do aniversario, baixo a dirección musical de Pedro Lamas, quen tamén realiza esa función nas músicas elaboradas por Nova Galega de Danza, gañadores de dous dos nosos recoñecementos ao longo destes anos. El é o alicerce da banda, xa que da súa mente saíron os arranxos dos temas, e sempre foi consciente que debía contar con músicos experimentados que desen sólidez sonora á proposta.

No repertorio escollido xogou con pezas de artistas con conceptos creativos diferentes, e contar cun conxunto de dez músicos dá unhas posibilidades tremendas para poder reelaborar o orixinal. Os seus autores está claro que van recoñecer a composición creada, mais tamén escoitarán como se poden realizar versións que pretenden ficar coa esencia e despois optan por investigar noutros territorios estéticos.
A espectacularidade escénica une a Axada e SonDeSeu, recentemente galardoados co Premio da Crítica de Galicia no apartado musical, ademais do concepto de ser propostas representativas no seu eido. Sondeseu é un exemplo de como levar a música tradicional nun formato diferente, mentres Axada é representante da música premiada nos nosos galardóns, os únicos existentes en Galicia que recoñecen estes traballos, e constitúe tamén, polo tanto, un proxecto que sirve para divulgar o folk da nosa terra.

A orquestra viguesa, que conta co apoio do concello da localidade, xa estivo tocando na quinta edición dos premios. Daquela actuaran canda o gaiteiro Xosé Manuel Budiño no auditorio universitario da Maestranza. Agora terán máis espazo no palco para colocar aos seus numerosos compoñentes. Dende as súas primeiras actuacións deixaron claro que se trataba dun proxecto diferente e único no panorama musical. Ademais de servir como necesaria formación escénica do alumnado do centro, o seu nivel artístico sempre foi salientable.

Hoxe tocarán os temas do disco Barlovento considerado como mellor traballo do ano xunto ao Sós de Mercedes Peón polo xurado dos premios.
E a guinda ao seu recital será a presenza de Rosa Cedrón para cantar con eles Romance de Mirabela, tema incluído no álbum premiado
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-10-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 First Microsoft Of#blgtk08#fice 2010 of all,
Comentario por Microsoft Office 2010 (01-11-2011 03:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0