Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A música galega comeza a soar no campus
As dez prazas iniciais ampliáronse a 18 pola demanda existente

A música galega comeza a soar no campusCo Obradoiro e Taller Formativo de Gaita Galega e Música Tradicional, que se presentou no marco do 'Ourense campus animado! Leisure day'


?Aínda que non é o único, a gaita é o instrumento máis representativo da cultura galega, moi asequible para empezar a aprender a tocar e moi agradecido para logo gozar del en todo tipo de acontecementos?. Deste xeito explica Gonzalo Abelairas, profesor do Obradoiro e Taller Formativo de Gaita Galega e Música Tradicional que se imparte no campus de Ourense, o éxito desta iniciativa, que nesta edición vén de aumentar de 10 a 18 as prazas dispoñibles debido á demanda existente. Iniciadas xa as clases, os seus organizadores agardan que tras este prometedor comezo calle un grupo estable de música tradicional no campus de Ourense, a semellanza do que aconteceu co coro universitario ourensán.

O obradoiro é unha das 17 propostas que compoñen este cuadrimestre a programación de obradoiros de extensión cultural, organizados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense en colaboración coa Deputación Provincial para ofrecer á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral unha ampla oferta formativa complementaria e de lecer. Segundo explica Abelairas, da Asociación Ourensá de Folclore e Escola de Música Tradicional de Ourense, o obxectivo deste taller en concreto é achegarse á música tradicional galega a través da gaita e dar a coñecer este instrumento, incidindo nas súas técnicas de uso, os tipos de dixitación, as formas de afinación, o repertorio, etc.


Iniciación e perfeccionamento
Entre as persoas inscritas atópanse perfís moi diferentes, desde os que parten de cero ata os que xa saben tocar a gaita e queren mellorar os seus coñecementos. Por este motivo, salienta o profesor, o obradoiro divídese en diferentes grupos segundo o seu nivel e cada un traballa uns aspectos diferentes. ?O importante é que os asistentes coñezan as posibilidades que lles ofrece un instrumento como a gaita e que saiban ata onde queren e poden chegar con el. A gaita é un instrumento moi asequible para comezar a tocalo e pasalo ben, pero cando se trata de acadar un nivel alto é un instrumento moi esixente e complicado, que require moita técnica e dedicación?, explica Gonzalo Abelairas.

Con estes dous posibles enfoques, a iniciación ou o perfeccionamento, o alumnado xa comezou as súas clases, que se celebran cada xoves de 19.00 a 22.00 horas no campus de Ourense. Para comezar con elas e para os que aínda non dispoñen do material axeitado, o obradoiro pon a disposición dos participantes frautas e gaitas cos que comezar a familiarizarse con este instrumento. Clase a clase, os organizadores desta iniciativa agardan que do obradoiro vaia xurdindo un grupo estable de música tradicional no campus, a semellanza do que aconteceu coa Aula de Teatro ou co Coro Universitario do Campus de Ourense, nados en iniciativas similares.

Para espertar a curiosidade e como exemplo das posibilidades da gaita e da música tradicional, a Aula Gomes Mouro, da que forma parte Gonzalo Abrairas, ofreceu o pasado 13 de outubro un concerto no campus de Ourense no marco do Ourense campus animado! Leisure day.

http://duvi.uvigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2011 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 First Microsoft Of#blgtk08#fice 2010 of all,
Comentario por Outlook 2010 (01-11-2011 03:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0