Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista a Roi Casal |
|
-«Maxicamente vello» é o título dunha canción incluída no seu novo disco, que leva tamén ese nome. ¿É algo así coma un himno?
-Si, un himno case por decisión popular. Máxicamente vello foi un tema que nos acompañou na xira do primeiro disco ata a gravación do que sería finalmente Maxicamente vello. É unha letra de Manuel María, e curiosamente, polos valores que transmite, cos que eu me sinto identificado e que o público sempre aclamou coma un himno, poñerlle ese título ao disco unha forma de agradecer estes dous anos que nos acompañou o público na xira anterior e que o público tamén se vise recoñecido.
-¿Que pegada deixou na súa música ese paso por Milladoiro?
-Eu penso que en Lendas douradas, o meu primeiro disco, hai máis de Milladoiro que en Maxicamente vello. Eu deixei Milladoiro porque tiña claro que a miña estética era totalmente diferente, como era lóxico, por outra banda, porque eu teño 30 anos e os compañeiros ían cara os sesenta. O máis honesto para expoñer a miña forma de ver a música sería emprender o meu camiño en solitario. Obviamente, teño influenzas de Milladoiro, pero co paso do tempo penso que se van difuminando.
-¿Que vai ofrecer en Carballo?
-O 100% de Maxicamente vello e o 80% de Lendas douradas, iso é case a totalidade da exposición musical que levo recompilado nos dous últimos anos.
-¿Séntese identificado co compromiso político que reflicte o poema de Manuel María?
-Si, sen ningún tipo de dúbidas. Eu penso que non é momento de agocharse nin de esconderse, senón, ante os ataques que está sufrindo a cultura dende distintos ámbitos, eu non teño ningunha dúbida en posicionarme ao lado do que é o noso idioma e a nosa cultura, e despois que cada un faga o que queira. Eu, por suposto, púxenlle Maxicamente vello ao disco, pero que ningún pense que é un disco de contido político. Esa é a anécdota. É un disco de música, que é polo que quero que se me analice, se me xulgue e se me critique. Iso si, que ninguén espere que eu sexa un cabeza de chorlito que non son consciente do país no que vivo, porque penso que á parte de artista tamén tes que ter certos compromisos.
-Non é a primeira vez que tira da poesía. Fíxoo tamén con Rosalía de Castro. ¿Por que?
-É que eu penso que é a maneira natural de rodearte do entorno no que vives. Hai moitos críticos que din que Galicia ten una sobreprodución en calidade literaria e musical con respecto ao país pequeniño que é. Eu tamén o comparto. Temos a sorte de ter moitísimos autores, e penso que sería unha mágoa desperdiciar un tesouro que temos, que é a música tradicional por un lado e as letras dos grandes autores por outro. Sería atrevido pola miña parte non facerlle caso a ese legado que temos os galegos e que é tan rico.
Porqué elexiu a arpa?
-Dende o ano 2000 ata o 2009 formei parte de Milladoiro. Son fillo de Nando Casal, de Milladoiro tamén, así que a tradición musical era fácil seguila. A arpa elixina con dez anos vendo tocar a Milladoiro. Despois formeime en Vigo, e foi o instrumento no que me profesionalicei. Pero sempre digo que para min a arpa é unha ferramenta,. A min o que realmente me importa é a música.
La Voz de Galicia
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|