Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha orquestra de taberna e deseño
Veciños de Vilaxoán e músicos profesionais reinterpretan o cancioneiro popular

Ás veces ocorre que eses títulos interminables e abstractos que nomean convenios, proxectos ou sumas de vontades entre entidades chegan a converterse en algo. É dicir, nun asunto vivo que implica a persoas, en primeira ou en última instancia, que é para o que se adoita dicir que se asinan esa clase de acordos. Pero son moitas as veces nas que, tras a rúbrica, nada volve saberse daquel prometedor viveiro de ideas que ía sacar do ostracismo a tal grupo humano. Polo menos, esta historia é diferente.

En setembro de 2009, o historiador Ramom Pinheiro e o antropólogo Marcos Lorenzo empezaron o seu traballo de campo, que consistía en indagar acerca da música e a cultura mariñeira da parroquia de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). O Concello encargara ao equipo do Centro Galego de Música Popular A Central Folque o deseño dun proxecto para inventariar o patrimonio cultural da localidade e identificar oportunidades de desenvolvemento local que tivesen que ver con ese legado. A historia de Vilaxoán, que foi concello desde o século XVIII até 1913, estaba demasiado marcada pola turbiedad do narcotráfico e as mortes por sobredoses, pero aínda latexaba, con forza, un aceno de identidade: a música.

Mediante entrevistas con axentes económicos, sociais e culturais da comarca, Lorenzo e Pinheiro comprobárono. "A xente canta nas tabernas, está no seu ADN", afirman. Desde 1980 celébrase un certame, "Vilaxoán canta", que reúne a todo o pobo ao redor dunha coral popular formada por máis dun centenar de veciños. Identificadas as claves, música e participación, pasaron á acción convocando a representantes de entidades locais para participar na definición dun programa de accións destinadas a promover a rexeneración urbana, a dinamización sociocultural e o estímulo da actividade empresarial. "A aposta pola cultura local como motor de desenvolvemento social e económico dun territorio é unha iniciativa con abundantes exemplos en Europa, pero absolutamente inédita en Galicia", aseguran desde o centro que dirixe a vocalista e compositora Ugia Pedreira, integrante de grupos como Marful e Nordestin@s.

Un dos seus froitos presentouse hai case un ano, coa celebración do ciclo Sabores e saberes, un programa de actividades na praza de abastos en tanto que espazo público vertebrador, que reuniu artistas, asociacións sociais e culturais, produtores locais e empresas. Houbo espectáculos, exhibicións culinarias, homenaxes aos oficios tradicionais arousáns, talleres, mesas redondas, conferencias e unha feira de produtos da zona. Antes, a primeira acción foi a creación dun Combo Mariñeiro, con intención de reelaborar o repertorio mariñeiro da ría e orquestralo. E á tarefa sumouse o músico Óscar Fernández, membro de agrupacións como Vos Cempés e Bonovo. Enseguida xuntou unha ducia de músicos e, durante ese primeiro ano, crearon un espazo onde atoparse. "Pero cando se deron conta, soaban como unha banda, e iso que non deran ningún concerto", relata Pinheiro, quen define a formación como "unha orquestra folk, popular e urbana, porque conecta coa tradición e, á vez, non soa a nada semellante". "É a orquestra do mar", concreta Pedreira.

Con préstamos da desaparecida conserveira Atlántica de Vilaxoán, a película L'Atalante de Jean Vigo e as lanchas vaporas que comunicaban os portos insulares e peninsulares arousáns, teceron o nome de Atlántica Vapora Orquestra e a súa estética vintage auténtica desde todos os ángulos, porque é o seu patrimonio. Debutaron no Festival Revenidas de 2010 e, o pasado mes de xuño, participaron no X Encontro de Embarcacións Tradicionais da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial de Galiza. Mañá levarán o seu mar até Compostela, no Festival dous Abrazos (Praza de San Martiño Pinario, 20.00 horas).

Entre a pedra centenaria da cidade vella, liberarán todo o salitre que cabe en Porto de Vilaxoán, un puñado de músicas portuarias, cancións de mariñeiros e melodías tradicionais con arranxos contemporáneos. Ten o selo de Fernández, fai chiscadelas a temas emblemáticos como A danza de espadas da Confraría de Mareantes (Carril) ou polcas e muiñeiras de históricos grupos de gaitas da zona como Vos Campaneiros (Vilagarcía), e é un crisol de músicos e veciños. Soan voces, zanfoñas, acordeóns, clarinetes, gaitas, guitarras, piano, contrabaixo, batería ou violíns. Na suma deste primeiro disco e os concertos cristaliza un modesto taller de músicos, deseñado nun despacho, madurado nas tabernas de xeración en xeración e regado con talento e amor pola música.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0