Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entrevista a Uxía
A traxectoria da cantante de Mos está avalada por 25 anos de carreira no mundo da música que a sitúan como unha das voces máis apreciadas da lingua galega. Para celebralo, gravou un novo traballo discográfico en Brasil titulado "Meu canto" no que realiza unha relectura dos temas que máis a marcaron. É unha homenaxe ao elemento que considera fundamental en todo concerto: a voz.

"Meu canto" celebra os seus 25 anos na música, é diferente aos demais discos?
É distinto porque é máis intimista, unha homenaxe para celebrar a beleza da voz. O meu estilo non cambiou porque está en permanente construción, vou cambiando para sorprender sempre ao público. Neste álbum inclúo novas versións de temas que xa toquei, mesturando a tradición galega con outras culturas igual de ricas que a nosa.

Como se mantén o éxito durante tantos anos?
Para min cada día é como o principio. Sinto a mesma ilusión que cando empecei coa miña guitarra ao ombreiro e iso é o que transmites aos teus seguidores. Procuro reinventarme cada vez e sorprender para que non poidan aburrirse. Ademais, estou en contacto coa música en todos os sentidos porque tamén son produtora de novos grupos.

Son varias as ocasións en que participou neste festival, tráelle bos recordos volver a Moaña?
É un dos festivais máis queridos para o meu porque me permitiu descubrir música e músicos diferentes. Gústame o ambiente que se forma e a xente de lugar, sempre disposta a cantar e a bailar. Ademais, é un privilexio participar cun cartel con tan bos grupos de música galega.

Como cre que será recibida polo público moañés?
Como sempre con moito agarimo porque é un público moi entusiasta. Vén xente de todas as idades e todos se implican no concerto, danche un lugar nos seus corazóns. É o tipo de público que todos soñamos con ter

Ao longo da súa carreira colaborou con numerosos artistas, que lle achegaron?
Colaborar con colegas do mundo da canción é sempre moi enriquecedor. Aprendo deles e creo que eu tamén lles achego algo. Coñeces ao mestres pero tamén ás novas xeracións, que tamén teñen algo que dicir.

Por que elixiu Brasil para gravar o seu último traballo?
Porque é un país con moita tradición musical e sentín que podía achegar a luz e a vida que necesitaba o disco. Hai unha afinidade especial con Galicia porque compartimos a mesma lingua pero tamén hai un sentir común: gusto pola festa e a música, e unha curiosidade mutua polas outras culturas.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0