Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Festival de Pardiñas espera chegar aos 25.000 visitantes |
|

O certame organizado pola Asociación Xermolos celébrase os días 6 e 7 de agosto en Guitiriz
A asociación Xermolos espera un aumento da afluencia ao Festival de Pardiñas, que se celebrará o 6 e 7 de agosto en Guitiriz (Lugo), na súa trixésimo segunda edición, de forma que esperan chegar aos 25.000 visitantes, segundo expuxo o presidente da entidade, Alfonso Blanco.
O festival contará coa actuación de nove grupos musicais entre o sábado e o domingo, se ben a organización tivo dificultades económicas para a elaboración do cartel, "buscando a forza debaixo das pedras", lamentou Blanco.
Esa fin de semana tamén se celebrará a XXXII Mostra de artesanía e a XVIII Mostra de artesáns de instrumentos, nas que os visitantes poderán demostrar os seus dotes artísticos, posto que estará permitido usar os instrumentos.
Os grupos participantes, que proveñen de Galicia, Portugal, Euskadi, Irlanda ou Nova Orleans, serán Bloquinho de Xermolos, Salta no Cribo, Carapaus, Riobó e Ulträqäns, Terrakota, Raille-Buaille, No Reply e Xtramonio
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|