Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Parte a expedición a Sligo |
|
PARA O CELTIC FRINGE FESTIVAL IRLANDES
Este martes 21 de xuño parte a expedición galega que pasará unha semana en Sligo -Irlanda- para participar na estrea da partitura escrita polo compositor Michael Rooney sobre o capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada Invencíbel no 1588 e un dos poucos supervivintes daquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Inglaterra de Isabel I.
Os 15 músicos da Escola Livre da MPG que aCentral Folque xestiona en Santiago son convidados do Celtic Fringe Festival, nos que ademais da ?De Cuellar Suite?, promocionarán a música galega en concertos especiais, desfiles musicais, radio e sesións locais.
A estrea terá lugar o sábado 25 de xuño no Radisson Hotel de Sligo, nun palco especialmente deseñado para acoller aos 75 músicos da Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.
A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque. Levan meses ensaiando e logo de varias visitas do compositor, todo está preparado pra rematar de montar a suite cos músicos en Sligo, onde terán os ensaios finais.
Ademais da suite, a Banda Folque dará un concerto de música galega o domingo 26 de xuño e impartirá obradoiros de baile galego así como a súa participación no pasarrúas de peche do festival.
A ?De Cuellar suite? relata musicalmente a saída da Armada desde Lisboa e o seu paso por Coruña, a batalla coa flota inglesa, a dispersión da flota de De Cuéllar por Calais, a viaxe a redor de Gran Bretaña o seu paso por Escocia e o encallamento do barco en Sligo, do que De Cuellar foi un dos poucos supervivientes. A partitura segue coas súas aventuras en Irlanda e a volta a Flandes -daquela territorio español- por Escocia.
A ?De Cuellar Suite? e a HISTORIA DO CAPITAN DE CUÉLLAR
A "De Cuéllar Suite" é a suite das novas composicións por Michael Rooney que será tocada pola Ceol na Nog Sligeach Orquestra -uns 50 músicos e bailaríns- a quen se xuntarán 15 músicos da Escola Livre da MPG de Santiago para un acto único que irmanará a música tradicional destas dúas rexións atlánticas.
As composicións están baseadas na abraiante historia de Francisco de Cuellar, Capitán de navio que zarpou do porto da Coruña rumbo norte e un dos poucos superviventes das naos da Armada Invencíbel que encallaron en Streedagh Strand, Sligo en 1588.
A composición seguirá o enfrontamento da Armada coa frota inglesa, a súa derrota e loita desesperada subseguinte para regresar a España navegando ao redor da Gran Bretaña onde moitos dos barcos foron destrozados nun excepcionalmente tormentoso Outono.
As composicións entón describirán as aventuras de De Cuéllar e loita para sobrevivir cando fai a súa odisea desde Streedagh por Sligo e Leitrim. A fame, feridas e morte próxima antes da súa chegada ao dorte dos McClancys en Lough Melvin. Durante o inverno de 1588 con éxito sobrevive un asedio do seu castelo por parte dos exércitos ingleses e loitando do lado dos chieftains de Irlanda, devindo un heroe para os ollos locais.
Non sen sobresaltos e logo dun segundo encallamento en Flandes, consegue regresar á Península Ibérica e á coroa española.
www.folque.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|