Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1ª Foliada da Lembranza en As Pontes |
|
 Organizada pola Asociación de veciños ?Veiga da Areosa? do barrio da Casilla (As Pontes) e en colaboración cos grupos de música Tradicional das Pontes, o sábado día 18 de Xuño, terá lugar en dito barrio a 1ª Foliada da Lembranza co gallo do Solsticio de Verán (San Xoán), un pouco anticipado, se cadra, para que non coincida coa celebración que poidan programar outras asociacións da Vila.
O lugar elexido, será o auditorio exterior da Praza da Lembranza, a carón do lago da mina (o lago artificial mais grande de España), onde dita asociación, montará unha carpa por se o tempo non nos acompañara, e tamén un ?chiringuito? onde a veciñanzas e tamén visitantes, poderán degustar algún alimento e tamén as sardiñas da época regadas con brevaxe espumoso e outros líquidos que nos axudarán a escorrentar as Meigas.
?Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan?
?Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan?
Os grupos farán a partir das 19:00 horas un pasarrúas polo barrio da Casilla para xuntarse todos ás 20:00 horas na Praza e interpretar entre todos unha peza, que podería ser o Antigüo Reino de Galicia. As 20:30 empezaríase coas actuacións no esceario, con duración de 20 minutos por grupo,
Os grupos participantes serán:
Alende
Alfaia
Cana Vella
Escola Municipal
No Cómbaro
O Gaiteiro Freixo
Os Feroces da Galgueira
Os Suplentes
Os Trevillas
http://nocombaro.wordpress.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|