PRESENTACIÓN DE ?ACROBATA?, O NOVO DISCO DE UGIA PEDREIRA+FRED MARTINS
O album, que contén composicións orixinais dos dous artistas, formalizará o seu lanzamento con dous concertos de presentación no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) do Parque de Belvís os días 2 e 3 de xuño.
O vindeiro día 1 de xuño, ás 11.30 horas, presentarase ?Acrobata?, o novo disco da coñecida artista e escritora, Ugia Pedreira e o compositor brasileiro, Fred Martins, unha mostra do achegamento da Música Popular Brasileira (MPB) coa Música Popular Galega (MPG), así como das dúas linguas. O lanzamento deste traballo verase complementado coa programación de dous concertos no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) do Parque de Belvís os días 2 e 3 de xuño.
O acto de presentación contará coa presenza da Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel en funcións, Elvira Cieunfuegos e terá lugar no Centro de Información de Parques e Xardíns no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.