Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- José de Gregorio (12/01/08): 193.000 (18,7%)
- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 15-01-2009 03:02
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con José de Gregorio

Hoxe, luns, día 12/01/2009

José de Gregorio nin é galego, nin vive en Galicia. El naceu enriba dunha das liñas negras que aparecen debulladas nos mapas e a súa aldea corresponde oficialmente ao Principado de Asturias. O problema é que José non se sente asturiano, pero tampouco galego, para el ter que responder á pregunta de onde é, é como ter que contestar á pregunta de a quen lle queres máis, a teu pai ou a túa nai?


Na Lagúa a vida transcorre entre dúas forzas: as pensións veñen de Asturias, o panadeiro da Fonsagrada, a contribución págase en Ibias e se hai que ir tomar un viño, vaise á Tumbiadoira, en Galicia. Coa música ocorreu o mesmo, por iso José de Gregorio é gaiteiro formado nas festas entre galegos e asturianos que nin toca en aberto, nin en pechado e que tanto canta pezas asturianas coma romances galegos.

José de Gregorio ten 75 anos, sempre viviu entre galegos e asturianos, así que hoxe despois de tanto tempo, non hai fronteira nin administración o suficientemente forte como para impedirlle ser un dos nosos auténticos tesouros musicais.


Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 12-01-2009 03:40
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es

Outras audiencias do nadal:

'Noiteboa con Son de seu': 119.000 (17,3%)
'Concerto' "Fuxan os ventos": 95.000 (16,9%)
Comentarios (4) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 08-01-2009 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá co rancho de Reis de Riofrio
Hoxe, luns, día 05/01/2009

Para esta noite na que todos estarán colocando os zapatos para que os Reis non esquezan facer unha paradiña e deixar algún agasallo, en "Alalá" chegaron os de Oriente un pouco antes de tempo. A proposta para esta noite é achegarse ata Riofrío, en Mondariz, e vivir case coma antano os seus Ranchos de Reis. E que son os Ranchos de Reis? Pois nada menos que unha marabillosa danza que se mantén viva desde nin se sabe cando e que se transmite de xeración en xeración.


Neste lugar a tradición son os pasos de castañolas, de paus e de arcos e todos os anos, o día da Epifanía, e dicir, o día 6 de xaneiro pola mañá, os danzantes bailan na honra da Virxe do Leite. No programa desta noite saberemos do traballo que todos os veciños de Riofrío fan durante todo o ano para que neste día todo se faga á perfección.

Coñeceremos a familias, como a dos Vilas, que levan mais de cen anos pateando co Rancho. Agora é Delfín o gaiteiro do Rancho pero polo ano 1915 estaba o seu avó José e ao morrer quedou o neto no sitio.



Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 05-01-2009 02:18
# Ligazón permanente a este artigo
Resume do Alalá 2008

Hoxe, luns, día 29/12/2008

"Alalá", o programa das músicas e dos músicos que preservan a tradición galega, fai esta noite un repaso polos programas que marcaron todo o ano 2008 do que agora se despide, un ano cheo de viaxes e de bos momentos: dende a música galega na Arxentina e no Uruguai ata os gaiteiros da Fonsagrada; dos grupos novos que experimentan coa tradición ás pandereteiras maiores que seguen a cantar exactamente igual a como o facían as súas avoas... E neste ir e vir, sempre aprendendo das tradicións, dos vellos oficios, ou das ensinanzas que a vida deixa concentradas en frases cargadas de sentimento.

Acompañando esta ledicia de fin de ano, non faltarán a música e o bo humor xunto ás ganas de facer festa en calquera lugar, como ocorre nos furanchos onde se xunta hoxe a mocidade para tocar e bailar ás cortes nas que noutrora se facían os seráns. Este programa vai ser un dos mellores momentos do "Alalá" para despedir un ano que deu moito de si.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 29-12-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Alala e o Quinteto Monterrei

Hoxe, luns, día 22/12/2008

O "Alalá" de hoxe fainos situar no ano mil novecentos once, cando o gaiteiro José Posada emigra a Cuba, como tantos outros galegos, na procura doutra vida, pero deixou algo máis que o seu esforzo na illa, deixou o son da súa gaita. Nos primeiros anos en Cuba a música reservábase para os momentos de diversión, pero co paso do tempo, nos anos trinta, Posada funda o "Quinteto Monterrei" e compaxina o seu traballo de reloxeiro co de músico... O testemuño de José Posada non o temos pero si o de seu fillo, Rodolfo, que seguiu os pasos do pai, tocou no Quinteto con el e conserva o gran legado que el lle deixou: partituras, ferramentas, gaitas, fotos...

Como chegou este traballo do Quinteto de Monterrei a Galicia? Isto produciuse grazas á coincidencia dunha viaxe do músico e investigador Óscar Ibáñez. Alí faláronlle de que aínda vivía o fillo do gaiteiro do Quinteto e desde ese momento púxose a traballar para sacar á luz un libro CD do grupo: a gravación da "Reconstrución musical do Quinteto" tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra e a presentación do traballo aconteceu na Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Verín.

É así como nesta comarca de Monterrei volveu soar a música que José Posada levou anos atrás para Cuba; é así como as melodías galegas permanecen na Habana, como o pasodobre "De Verín a Monterrei", e por esta ida e volta da música coñecemos este grande artista que o século pasado partiu para nunca máis volver.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-12-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0