Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Feito na casa: Revista dixital de Cultura Tradicional

Descarga o seu primeiro número de abril
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-04-2013 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Cancioneiro Popular
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 04-02-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cancioneiro de ida de volta

CABANA DE BERGANTIñOS DINAMIZA O RURAL COA PUBLICACIóN DO SEU CANCIONEIRO

O pasado 23 de outubro vía a luz o Cancioneiro de Cabana de Bergantiños, un volume que compila as pezas musicais populares que se conservan neste concello. O proxecto, resultado de anos de traballo de Pablo Díaz e Olga Kirk, vai moi para alén da edición deste material, xa que o concello está a aproveitar o volume para artellar unha programación que achega de volta esta música aos veciños.



Segundo recoñece Pablo Díaz, un dos compiladores deste proxecto, o traballo que deu pé á obra non tiña como obxectivo se transformar en libro e foi semellante a moitas outras compilacións de patrimonio sonoro que se teñen feito no país e que non ven a luz neste formato. ?Eu din clases de música tradicional neste concello, e entón fun buscando para lles ensinar aos nenas e ás nenas as coplas que xa cantaban os seus avós?, explica. ?Fun facendo un percorrido por parroquias, pero do mesmo que xeito que facemos por outros lugares de Galicia?. Un traballo que se realizou ao longo de toda a década dos 90, cun especial énfase entre os anos 93 e 97, a aproveitar fins de semana e tempo libre dos autores, que contaron tamén con colaboradores locais. A acumulación de material conseguido e mais os ánimos que recibiron desde o concello para completar o traballo e buscar un xeito de o publicar foron os pulos que finalmente deron na edición do Cancioneiro. Xosé María Varela, técnico de Cultura do Concello, apunta que ?nunca se atopou ata agora o momento de editalo, e foi grazas á axuda da Deputación e da Secretaría Xeral de Política Lingüística?. Para alén da edición física, o volume está dispoñible de xeito íntegro na rede, no web Educabana.

Patrimonio de Cabana
O Cancioneiro de Cabana de Bergantiños é un volume que condensa, nunhas 150 páxinas, as pezas musicais que se conservan neste concello a través da memoria de case 50 informantes de diferentes parroquias. Coplas, jotas, parrafeos e mesmo regueifas ou cantares de cego están recollidos nestas páxinas. Entre elas, non deixaron de aparecer algunhas sorpresas, segundo recoñece Díaz. ?Sempre se atopan cousas curiosas, en calquera lugar. En Cabana por exemplo atopamos moitas regueifas, cantadas de xeito dialogado, e aparece aí o papel das mulleres como regueifeiras, que é algo que normalmente non se ve?. Canda a isto, os autores destacan a presenza do baile da ?muiñeira vella? ou ?ribeirana?, só lembrado polos máis vellos e pouco estendido na comarca. Díaz apunta que ?case o 85% das coplas están completamente en galego, e é algo curioso. E tamén é raro que se conserven moitas coplas e cantos de cego, cando non hai ningunha feira na zona?. No repertorio destaca asimesmo a grande cantidade de cantos de Nadal, Reis e Aninovo. ?Logo hai un detalle curioso que é o feito de que as mozas dos pobos mercaban entre todas as pandeiretas coas que logo ían tocar. Era unha zona na que este instrumento se empregaba moito? advirte.

Dinamizar coas cancións
Para alén da importancia que pode ter o material agora editado en por si, o Concello está a empregar o cancioneiro como fío condutor do seu programa cultural Outono do Patrimonio. Todas as parroquias que aparecen reflectidas no volume están a acoller estes meses unha presentación do mesmo, uns eventos que non só serve para dar a coñecer este traballo, senón que incorpora música e vóltalles aos asistentes un coñecemento que eles mesmos, ou os seus maiores, preservaron e transmitiron. Segundo explica Xosé María Varela ?o obxectivo é recuperar toda aquela tradición. Amósanse fotografías dos informantes e cóntase cun presentador vencellados á parroquia. O outro día estivo Lorena Pose, xornalista de Borneiro, e logo contamos con grupos de gaiteiros e corais. Ás veces hai convidados foráneos que teñen relación coa comarca. Nunha vai vir Xosé Touriñán?. As citas complétanse con magostos ou filloadas. ?Trátase de que as actividades teñan tirón entre a poboación e que a xente saiba da valía deste patrimonio?

Novos xeitos de transmitir
Dentro destes programas, os autores do Cancioneiro van desenvolver un encontro cos mestres da zona que, para Díaz, ?pode ser fundamental á hora de recuperar o que fique pendente. É xente formada que pode incidir e se achegar facilmente ás familias, e os maiores poden traballar cos seus netos. A este nivel o colexio rural resulta un espazo moi interesante?. Canda a isto, o Concello organizou outra sesión de encontro interxeracional nun centro da terceira idade, buscando dinamizar de novo a transmisión destes coñecementos. ?A idea é que os rapaces do concello collan consciencia de que fan parte disto, que os seus avós e avoas foron informantes neste proxecto?.

Novos campos
A posibilidade de que se desenvolvan iniciativas semellantes noutros lugares é para Díaz ?fundamental. Custa moito dignificar o noso folclore, eu penso que co tempo irémonos dando conta do noso gusto pola música popular, o que acontece é que cómpre coñecela, e é máis sinxelo se está ben posta e ben explicada. Eu penso que aos poucos vaise coñecendo mellor?, sinala. A teor da súa experiencia, Díaz apunta que fica aínda traballo por facer no campo da recollida de pezas tradicionais, aínda que recoñece que ?os informantes están a desaparecer, é lei de vida?. Mesmo así ?aparecen sempre cousas novas e moi curiosas, variedades locais ou dialectais. Cada persoa é un mundo e o que lembra varía moito segundo gustos ou aprendizaxes?. No entanto, este investigador recoñece que se deu unha creba xeracional na transmisión da música. ?En Cabana deixamos de recoller en 2000, e desde que fixemos o traballo como un 85% dos nosos informantes faleceron. Hai zonas nas que esta música mantense máis, con xente de mediana idade coa que se podería traballar aínda, pero é curioso a velocidade coa que se perdeu. Con estes traballos vese tamén a importancia e o peso que ten o noso folclore, que para min é dos máis completos a nivel estatal e canto á variedade de ritmos ou bailes propios?.

Máis cantos
Como é de agardar, estas sesións non só están a revalorizar entre a poboación do concello a importancia deste patrimonio inmaterial, senón que prometen achegar novos datos sobre o mesmo. ?Moita xente emociónase cando ve as fotografías que pomos en pantalla grande, sénteno de xeito distinto a cando falaban con nós e nos cantaban. Do primeiro encontro non saíron moitas cousas novas, pero algunha copla sempre lles lembra, é un conto que nunca remata?. ?No último encontro unha señora de 99 anos, Aurora, atreveuse a bailar a muiñeira vella?, lembra Varela. ?A verdade é que os asistentes están moi contentos?. Agora que o libro está xa editado, desde Cabana non desbotan, para alén do traballo de dinamización que están a facer, continuar coa compilación. ?Temos xente que está a facer achegas importantes e contamos coa idea de estender a recollida inicial a parroquias a maiores. Algúns informantes xa nos comentaron que coñecían xentes e variantes, así que agardamos contar con máis material? explica Varela. ?O Cancioneiro de Cabana non ten un punto e final, ten puntos suspensivos?, completa Díaz.

www.culturagalega.org

Descarga o Cancioneiro de Cabana de Bergantiños

Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-11-2012 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `A Requinta adobada´ (Bertamiráns)

Presentación dunha publicación de Alexandre Cadarso Suárez sobre un repertorio, de 100 pezas moi doadas de tocar, para que a xente se anime a tocar a requinta.

Presentación do libro:
Sábado, 10 de novembro de 2012.
ás 19.00 horas.
lugar: Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.


Van colaborar na presentación:

A Asociación Cultural Follas Novas de Ames
Oli Xiraldez: artesán de gaitas e requintas e entendido en frautas e requintas.
Enrique Montero: autor do libro " A Requinta na Ulla".
A Requinta da A.C. Follas Novas.
e grupo de Baile Os Muiñeiros do Sarela.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 09-11-2012 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Treboada Galega´(Goián)
Xerardo F. Santomé, da asociación Xistra, recolle nun libro 25 anos de investigación sobre a música tradicional da zona - O grupo interpretará a auténtica Danza da Peregrina de Estás

A música tradicional baixomiñota, a "treboada", é obxecto de análise e estudo en Tomiño, onde se levará ás unidades didácticas dos colexios. Despois da homenaxe que o Concello tomiñés rendeu a Camilo Riveiro, fundador da Treboada Baixo Miño, e da actuación espectacular das treboadas tomiñesas no inauguración do Espazo Fortaleza, toca a quenda á investigación cunha achega valiosa levada a cabo durante 25 anos e que se dá a coñecer nunha publicación peculiar "Treboada Galega", cuxo autor é Xerardo F. Santomé, membro da asociación Xistra.

A recuperación dunha gaita de barquín do ano 1804, pertencente ao avó de Andrea Pousa, planos para a súa construción e un DVD con fotografías e un vídeo, son algúns dos aspectos que converten o libro "Treboada Galega", de Xerardo F. Santomé, nun exemplar para o estudo.

Presentarase nun acto que terá lugar o vindeiro sábado día 3 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio de Goián.
A velada incluirá a actuación de vinte membros elixidos das catro treboadas existentes en Tomiño, ademais do grupo Xistra que actuará utilizando instrumentos recuperados, entre eles a gaita de barquín. Interpretará a Danza da Peregrina de Estás, facendo soar a música auténtica, un acontecemento que atraerá a numerosos veciños da parroquia tomiñesa.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, informou onte sobre a programación de Outono que se centra na música tradicional galega, como diversión e patrimonio inmaterial "queremos difundir que é unha treboada mediante un estudo serio e rigoroso. O proxecto de Xerardo F. Santomé coincide co que queriamos facer e cumpre coas expectativas dos musicólogos do país".

Xerardo F. Santomé explicou que o proxecto comezou con gravacións, fai 25 anos. Tras sucesivos intentos para a publicación do libro, conseguiuse a través dun programa da Comunidade Europea.

O libro ten 1.000 exemplares editados con alta calidade, en galego e en inglés. Distribuirao a propia asociación. A alcaldesa avanzou que se entregará un a cada "treboada" tomiñesa e tamén á biblioteca. Nel atópanse tres elementos: a gaita, o bombo e a caixa. Consta dunha parte gráfica con comentarios curtos, fálase do aspecto social e estuda a "treboada" de antes do ano 1975. Analiza a evolución da percusión e inclúe unha sección con partituras de pezas e planos de construción de instrumentos antigos.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 02-11-2012 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Libro De vello, gaiteiro! en Pontevedra
O vindeiro xoves 25 de outubro ás 20.00 horas na Casa das Campás - Vicerreitoría do Campus de Pontevedra (Rúa Don Filiberto - 9-11 Pontevedra) terá lugar a presentación do Libro De vello, gaiteiro!

De vello, gaiteiro! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e músico tradicional. Neste traballo faise un percorrido pola biografía da asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos que neste ano 2012 cumpriu os seus 18 anos de existencia.

O presente libro sírvelle ó autor para conmemorar esa maioría de idade da agupación, facendo un repaso ó que foron estas case dúas décadas de traballo a prol da divulgación da cultura musical tradicional galega en tódalas súas vertentes. Biografías dos músicos, historia da agrupación, actividades didácticas, obradoiros, colaboracións culturais, artigos, fotografías, prensa, concertos, festas e romarías desfilan polas páxinas da obra construíndo un completo retrato do que foi e é a agrupación musical e asociación cultural Os Chichisos. De vello, gaiteiro! inclúe, ademais, un catálogo de 33 cadros do artista Francisco Sutil onde Os Chichisos son os protagonista da súa obra pictórica.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-10-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro ?Son do Fol? en Compostela

Hoxe mércores 24 de outubro ás 19.00 horas terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega a primeira das presentacións que se farán do libro ?Son do Fol?, o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega publicado recentemente pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta este traballo froito da intensa labor que esta asociación está a desenvolver a prol da cultura galega apostando sempre pola promoción da música tradicional entre os mais cativos, facendo así partícipes da nosa cultura, ás novas xeracións.

Xaime Estévez, autor de ?Son do Fol? estará acompañado do deseñador da obra, Ramón Marín; eles serán os encargados de facer as presentacións do libro, que de seguro se convertirá nunha ferramenta que fará que centos de nenos e nenas se acheguen á música e a cultura tradicional galega para quedarse con ela o resto das súas vidas.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 24-10-2012 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños
Un libro recolle a tradición oral do municipio cabanés
"O Cancioneiro da Cabana de Bergantiños", de Olga Kirk e Pablo Díaz, foi presentado esta mañá na Casa do Concello


Ante representantes do movemento asociativo local e arroupados por dirixentes de tres Administracións diferentes, Pablo Díaz e Olga Kirk presentaron este mediodía en Cabana un libro que recolle boa parte da tradición oral do municipio. Coplas, regueifas, cantos de nadal e outras manifestacións da cultura popular recollidas de boca dos veciños máis veteranos do concello aparecen neste volume.

No acto participaron o alcalde cabanés, José Muíño; o concelleiro de Cultura e deputado provincial, Perfecto Vázquez; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o arqueólogo e museólogo Felipe Senén e o asesor cultural do concello Xosé Manuel Varela.

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 24-10-2012 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
24 estudos tonais para Gaita de Fol
24 estudos tonais para Gaita de Fol
David Bellas
32 páxinas A-4.


Os presentes estudos están destinados a ser tocados con gaita de fol soprano, entendo por gaita soprano calquera entre Eb e Bb, sendo as máis frecuentes na actualidade D, C e Bb. Están ordenados de forma cromática, expoñendo en primeiro lugar o modo maior e seguindo polo menor de cada altura, facendo isto en tódalas tonalidades partindo de C e chegando ata B.
Este caderno de estudos está destinado a gaiteiros con certo coñecemento sobre a denominada como técnica expandida (que comezou na gaita con Paulo González). Os estudos son moi estables tonalmente, debido a necesidade do asentamento do material, tanto no referente aos diferentes recursos técnicos como de coñecemento íntimo de cada tonalidade no instrumento.

para mercar neste link: http://dosacordes.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-09-2012 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de SonsdaGaliza
www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 07-06-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Manuele de pandeireta e canto tradicional (Pontevedra)


Hoxe xoves 12 de abril.
Casa das Campás (Pontevedra)
ás 20:00


Presentación do libro-CD "Manüele ...de pandeireta e canto tradicional" vol. 1: Serán; de Xandre Outeiro con Edicións Intermitentes. Na Casa das Campás (Vicerreitoria do Cámpus de Pontevedra), na Rua Don Filiberto
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-04-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de Sons da Galiza
www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-04-2012 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Libro-CD sobre o gaiteiro Manuel Enríquez "Nela de Bres"
Editorial Canela publica o primeiro tomo da colección "Tradición Oral", serie "Música"

O gaiteiro Manuel Enríquez "Nela" é o protagonista, e fío condutor, dun libro-CD sobre a música tradicional ao longo da segunda metade do século XX no concello asturiano de Taramundi.

Con 200 páxina e titulado: Manuel Enríquez Fernández, "Nela de Bres", o libro conta con textos de Pablo Quintana, Juanjo Fernández, Xerardo F. Santomé, Xosé Ambás, Luis Prego y Xabier Díaz, ademais de 125 fotografías de Vicente Ansola, Florencio Rodríguez, Edelmiro Fernández, Xosé Ambás, Eduardo Rivo, Juanjo Arrojo ou Pablo Quintana.

Na gravación participaron numerosos amigos que comparten as xuntanzas musicais, nas que interpretan música de tradición oral con instrumentos populares. Tamén colaboraron César Fernández (trompa), Hilario Lombardía (armónica), Branca Villares (pandeira e voz) e Pablo Pintor (clarinete), xunto con outros músicos de idades comprendidas entre os 12 e os 85 anos.

O CD, con 24 temas, inclúe sete inéditos que se mantiveron prácticamente descoñecidos ata agora.

www.editorialcanela.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 28-03-2012 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os apaixonados da música popular teñen un novo libro de cabeceira
Xa non hai escusa para deixar de entoar A Rianxeira por non lembrar a letra. Luís Torres, membro do PAS da Universidade de Vigo, recompilou máis de cen cantigas populares que se recollen por escrito na publicación Repertorio Tabernario, editado pola Área de Normalización Lingüística.

Como explica o propio Torres, esta escolma nace dun proxecto persoal que leva desenvolvendo dende hai anos coa colaboración doutros membros do PAS como Cándido Pérez e Xan Herrera. ?Este libro xurdiu da necesidade de dispor dun manual do que botar man neses momentos nos que unha persoa se arranca a cantar e non se lembra da letra completa?, comenta o autor.

Esta escolma naceu en 2008 cando o propio Luís Torres comezou a compilación das cantigas que lle parecían máis representativas do ?panorama tabernario do noso país?. Para o autor, canto tabernario non soamente fai alusión ás cancións entoadas en bares e tabernas, ?senón a todo aquel canto furtivo e espontáneo non sometido a máis regras que á sensibilidade, ao gusto, á entoación e ao ritmo sen maior acompañamento que unha guitarra e unha gaita?.

Antes da publicación desta versión definitiva, Torres xa autoeditara unha primeira versión no Entroido de 2008 con 500 copias ?que me quitaron das mans?, sinala. Tras esta primeira proba o autor constatou que había algunhas pezas ?que soaban máis? ou que eran máis populares ca outras, polo que viu necesario facer unha segunda revisión e no verán de 2010 volveu editar outra publicación de xeito individual. Para esta terceira versión Torres contou xa co apoio da Área de Normalización Lingüísitica da Universidade ?que sen ningunha dúbida animouse a editar e publicar de forma máis seria esta nova edición?.


Unha escolma de máis de 100 cantigas
Repertorio Tabernario inclúe unha selección de máis de 100 cantigas populares, ?coido que as máis coñecidas e entoadas algunha vez por todos, como A Rianxeira, Catro Vellos Mariñeiros...?, salienta Torres. O autor destaca ademais que o grupo musical A Roda lle serviu de referente á hora de escoller as cancións pois ?son os verdadeiros responsables de que perviva este xénero na nosa comunidade?, de aí que máis do 50% das cancións seleccionadas foran entoadas algunha vez por este grupo.

http://duvi.uvigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 23-02-2012 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Repertorio Tabernario en Pontevedra

?Si canta mal, no cante; si canta bien, cante fuera?. Este era o texto dun cartaz colocado na barra dun bar da zona vella de Compostela, alá polos anos oitenta. Afortunadamente, non sucedia o mesmo en tódolos locais, e o celme do canto tabernario foi quedando, alentado por algúns irreductibles, xeralmente afeccionados á música ou que xa cantaban en corais, que o practicaban case de maneira anecdótica. A cantiga tabernaria, nembargantes, non só se escoita nas tabernas; para os que nos gusta a música, o botarlle unhas cantigas sempre supuxo un remate perfecto para unha celebración familiar ou unha comida entre amigos.

Hoxe en dia, afortunadamente, parece que volta a rexurdir das suas cinzas o canto tabernario. Por varias vilas do país convocanse concursos e promocionase, non sin esforzo por parte dos organizadores todo hai que decilo, dunha maneira ou doutra. ?Facíase nas tabernas, ás veces con nocturnidade, e polo xeral, tanto a formación de executantes como de instrumentos non era fixa dun dia para outro. Unha guitarra pendurada na parede ou un acordeón, como moito unha gaita eran os instrumentos que acompañaban os cantares. E logo a percusión? , ahí si que non se reparaba en utilizar o que estivera a man, as cunchas dos cinceiros, a botella de anís, etc?
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-02-2012 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro Para cantar veño eu! (Pontevedra)
?Presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos?

Autor: Rafael Quintía Pereira (licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Empresariais e músico)

Participan: Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural ?Os Chichisos?), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía

Día: venres 27 de xaneiro de 2012
Hora: 20:00
Lugar: Galería Sargadelos de Pontevedra (Oliva, 24)


O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos, de Rafael Quintía Pereira, publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega e a A.C. Os Chichisos. O acto, no que participan Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural ?Os Chichisos?), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía, celébrase o vindeiro venres 27 de xaneiro, ás 20 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra.

Sobre o libro Para cantar veño eu!
Empregando como fío condutor o labor que a asociación cultural e grupo de música tradicional Os Chichisos leva a cabo dende hai case dúas décadas, o autor ofrécenos nesta obra un compendio de apuntamentos etnográficos sinxelos e concisos en torno ó universo da música popular galega e das súas diferentes expresións e manifestacións. Un percorrido polos instrumentos tradicionais, os ritmos e os bailes, as festas do ciclo do ano e as tradicións musicais a elas asociadas, a ancestral linguaxe das campás, os cantos de berce e moitas outras dimensións do noso folclore que irán desfilando polas páxinas deste libro para achegarlle á xente nova e ó neófito do noso folclore o rico e variado tesouro da música tradicional galega.

?Para cantar veño eu? complétase cunha amena unidade didáctica que inclúe os exercicios e as prácticas necesarias para que a xente máis nova practique, comprenda e asimile os diferentes contidos deste traballo. Para cantar veño eu! é unha obra de Rafael Quintía, antropólogo, economista e membro fundador da Sociedade Antropolóxica Galega.

Datos técnicos:
Autor:Rafael Quintía Pereira
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega e A.C. Os Chichisos
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 27-01-2012 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de decembro de SonsdaGaliza
www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 22-12-2011 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro `Os Morenos de Lavadores´
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-12-2011 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista dixital ´SonsdaGaliza´


www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-07-2011 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Guía didáctica de instrumentos galegos
Presentación do novo traballo

Ouvirmos publica a ?Guía didáctica de instrumentos galegos?, un libro-CD no que o autor Moisés Quintas presenta unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.

En palabras do mestre artesán Antón Corral, quen asina o prólogo do libro, supón ?un legado de coñecementos históricos e actuais, a piques de desaparecer sobre os instrumentos populares e tradicionais galegos. Unha base para que os rapaces e rapazas sintan curiosidade polo pasado, presente, e sexan así mesmo, posibles continuadores e enriquecedores de futuro?.

Asociación de Gaiteiros Galegos
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 10-06-2011 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Lugo do libro `Cántigas e frores, 60 anos de tradición´
Domingo, 15 de maio
Círculo das Artes de Lugo ás 20:00


Presentación do libro "Cántigas e frores, 60 anos de tradición" escrito por Bruno Villamor Gay (Director Artístico desta asociación). No acto actuará a Banda de Gaitas, unha representación do Grupo de Baile Tradicional e outra do Grupo de Canto Tradicional de Cántigas e Frores, así como se fará a presentación oficial do Coro Galego de Cántigas, que dende o ano 1964 non figuraba no organigrama desta asociación.

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-05-2011 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de `Os Morenos de Lavadores´ en Cangas do Morrazo

O auditorio cangués acollerá este sábado 14 de maio ás 20:30 o acto de presentación do libro Os Morenos de Lavadores, sobre o grupo de gaitas vigués. Intervirán os seus autores, Xerardo Fernández Santomé e Miguel Pérez Lorenzo, xunto a un representante da editorial.

Actuará Picuíña, que tocará pezas do mítico grupo recordado no Hío pola súa participación nos entroidos nos anos corenta contratado polas comparsas de Nerga e Pinténs. Entón, rivalizaba cos Campaneiros de Vilagarcía e Airiños do Mar do Hío en repertorio e afinación.
Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 13-05-2011 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro dos Morenos de Lavadores

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2011 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Dicionario da música popular en Galicia
'Dicionario da música popular en Galicia' é unha obra de consulta cuxa autora, Olga M. Camafeita Longa, formula tamén como percorrido pola nosa historia e maneira de vivir. Edita Morgante.

O Dicionario de Música Popular en Galicia xorde froito de varias casualidades: a curiosidade da autora, a oportunidade de encauzala como Proxecto Fin de Carreira e o entusiasmo do Director deste Proxecto (Gonzalo Navaza). Así se redactou este compendio de termos que ten o obxectivo de permiti-la catalogación terminolóxica dun campo pouco estudado, e de paso facilita-lo achegamento ó tema a quen o desexe e idealmente suscitar o interese de quen nunca pensou que a tradición musical galega fora tan rica e atraínte.

O Dicionario da música popular en Galicia propón definicións para os principais termos relativos á arte da danza, a cantiga e a harmonía. Desde os principais xéneros musicais (por exemplo hai un apartado amplo adicado aos diferentes tipos de cantares) ás pezas do traxe de baile galego, pasando polos instrumentos, movementos na danza ou maneiras de tocar.

Completa guía para afeccionados, tanto á música como á historia cotiá. Olga Camafeita converteu este traballo no seu proxecto de fin de carreira e ela mesma recoñece que a profundación no mundo da música é "máis rico e atraente do que moitos poderían pensar".

Olga Camafeita Longa naceu en Santiago de Compostela e é licenciada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo. Foi precisamente durante os seus estudos que entrou en contacto coa música tradicional e popular galega da man de grupos folclóricos vigueses como Xalgarete e O Fiadeiro, o que fixo espertar o seu interese e conciencia sobre a recuperación das tradicións do noso país.


Edita Morgante.


Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-01-2011 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do cancioneiro `Ayes de mi País´ en Monforte
"Ayes de mi Pais" o primeiro cancioneiro musical galego, preséntase no Pazo de Tor.

Lugar: Pazo de Tor (Monforte)
Data: sábado 8 de xaneiro
Hora: 20.30 h
Acto: presentación cos autores da edición crítica, José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei, + recital de guitarra sobre teams do cancioneiro.


O Pazo de Tor, nas inmediacións de Monforte, acollerá a presentación do primeiro Cancioneiro musical galego, coetánea de pezas populares até agora inédito na súa versión completa. Precisamente nos ambientes da fidalguía pacega foi onde se desenvolveron as sensibilidades e se reinterpretaban estes temas nas soirées ou veladas musicais a mediados do século XIX, moi á moda europea nesta altura. Por esta razón haberá un pequeno concerto de guitarra no acto de presentación.

Marcial Valladares e a súa familia, mantiñan esta costume no seu pazo de Vilancosta (A Estrada) e froito das recolleitas de campo sobre o folkore galego e a súa relación con outros intelectuais e músicos da época, conseguiu formar unha colección de cantigas e melodías moi ricas que nunca se publicaron na súa integridade e que agora ven a luz nunha exhaustiva edición do historiador José Luis do Pico Orjais e a da intérprete e investigadora Isabel Rei. Unha publicación moi completa cunha ampla contextualización histórica e material gráfico así como as partituras orixinais e unha transcrición moderna das mesmas.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 07-01-2011 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Noente Paradaise: poemas e canções de Ugia Pedreira.

O meu bebé mais querido, o 1º livro que saco á luz fora das tebras.
Noente Paradise.
Saudos e multiplesortes.
Ugia

Ugia Pedreira acaba de publicar o seu primeiro livro de poemas "Noente Paradise", editado por Através da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Um fermoso caderno com poemas e letras compostas que contém de agasaio um CD com 2 temas gravados especialmente para o livro com música de Fred Martins e Óscar Fernández assim coma uma colecção de postais.


Quem busque um poemário encontrará se calhar um livro de canções. Se buscas canções tal vez te surpreendas lendo um poemário ou um manual de baile. Noente Paradaise é um híbrido. Ugia Pedreira atirou ao público, desde antes dos remotos tempos de Chouteira, voz e olhadas, mesmo sinais. Agora atira-se ela sem mediação. Resgata as retóricas que arrouparam músicas eclécticas, marfulianas, nordestinas ou matraqueiras e acrescenta-lhes cantigas ainda não musicadas (leia-se poemas à percura de melodias). Ugia despe a palavra e partilha-se sobre o papel e detrás da câmara. Convida ao seu público e ao que não é seu nem público, a quem queira abrir os olhos e deixar-se invadir.
O papel muda-se em mais um espaço directo que o próprio concerto. Sem espaço para a dúvida as frases falam a uma segunda pessoa que não é outra que tu, não há perda no grupo que segue a actuação, o eu dirige-se a ti desde a vogal U. Escutamos o rasgar de vestiduras e cortinados junto do marmúrio e o vento salgado.
As facianas da autora são múltiplas, tem musicado espectáculos teatrais, dirigido centros de folque com nomes cambiantes (aCentral), gerido, produzido, ordeado, desenhado. Hoje tira fora uma outra necessidade em celulosa. Convite para o desordem, o caos, o movimento sem destino para chegar a algures e recolocar tudo ou descolocá-lo definitivamente.

Uma viagem polos mares do norte desde a entranha. Noente está nas praias do interior, segundo se passa por Cuba e se volta, sempre, a Galiza, à repetição da quotidiania delirante. O paraíso está no vaivém contínuo da palavra ao som e do som ao texto.
O material sonoro, cénico, sensual, visual, táctil pode ser irreverentemente impresso e ser com todas as suas formas. A víscera ascende pela gorja e alcança o teclado, atravessa de certo o termo esdrúxulo, e libera a entranha sem sentido por vontade própria. Diabo, mãe, mulheres valentes, pastores eléctricos e aspirantes a astronautas desconhecedores do seu destino saem ao passo para guiar neste paraíso, para que não nos percamos nos carreiros e podamos encontrar-nos (ou enfrontar-nos) nos mares.

O artefacto livro desborda a sua função até a esaxeración. Oferecem-nos dançar a ritmo de dadá creacionista. A dureza conjuga-se com o agarimo. As vezes golpeia, a vezes estreita numa aperta sinceira. A leitura perde-nos entre o descontrolo e o autocontrolo, entre o sem-sentido e as verdades como rosários: Punk?s not dead! O antijogo sem regras aparentes prodiga despropósitos e imagens encontradas e impossíveis. Fecharemos portas e abriremos janelas e balcons para ler, escutar, olhar, apalpar?

Escoita o tema "Sabe a pao"Sabe_a_pao.mp3

Tenda Folque
Comentarios (2) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-08-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro Zampadanzas en Pontevedra
Este venres, día 18 de xuño, Mercedes Prieto Martínez e Serxio Cobos presentarán ao público de Pontevedra o libro Zampadanzas do mundo. O acto dará comezo ás 19:00 horas na galería Sargadelos incluirá unha pequena parte práctica na que os autores ensinarán ao público algunha das danzas que a obra propón.

Máis información sobre o libro
Edicións do Cumio vén de sacar do prelo un divertido compendio de danzas de diferentes países recollidas baixo o título Zampadanzas do mundo que promove a asociación de danzantes Pé de Xumbo.
Seguindo o fío dunha lírica historia, na que un cociñeiro aprende a danzar saltando de país en país, o Zampadanzas achéganos aos bailes tradicionais de Portugal, Dinamarca, México, o Brasil, o Xapón, Bélxica, Cataluña e Galicia, ao mesmo tempo que nos aporta pequenos datos sobre as súas culturas.

O libro foi redactado por Mercedes Prieto Martínez, profesora titulada de danza e compoñente de Pé de Xumbo, mentres que a parte narrativa foi composta por Marta Pereira Coutinho e conta con ilustracións de Serxio Cobos. A publicación vai acompañada dun CD no que se poden atopar mostras en vídeo das coreografías suxeridas e todas as pezas musicais precisas para as mesmas.

Edicións do Cumio encadra Zampadanzas do mundo na súa colección de libros multimedia destinados aos amantes da cultura tradicional, o baile e a música, compartindo espazo con outros títulos como Para cantar e bailar de Luis Prego e Bailabén de Edith Cotilla e Gustavo Couto.


Moitas grazas de antemán pola difusión desta nova. Pode atopar máis información visitando a nosa web en www.cumio.com ou chamando ao 986 679 035.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-06-2010 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ayes de mi País: o cancioneiro de Marcial Valladares
DOS ACORDES PRESENTA un novo libro
"Ayes de mi País", o cancioneiro de Marcial Valladares


Acábase de publicar unha edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, "Ayes de mi país", compliación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. DosAcordes edita este traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin.cunha oferta de lanzamento de 30 ?. Mira aquí o enlaceda nosa loxa.

O traballo cun cancioneiro é sempre unha labor de comparación e limpeza, xa que cada lectura se converte nunha actualización do rexistro. O investigador ten que saber que na cadea de custodia que vai desde o informante até o neo-usuario do obxecto folclórico, hai sempre unha perda de información difícil de recuperar.

Desde o punto de vista do bibliófilo, no caso de Ayes de mi país estamos ante o mellor dos escenarios posibles. O autor é unha personalidade no mundo da cultura de Galicia e da súa obra literaria e filolóxica hai unha considerable bibliografía posto que se lle ten rendido tributo coa celebración no seu nome do Día das Letras Galegas de 1970.

Do texto en cuestión, Ayes de mi país, contouse cun manuscrito autógrafo e dous apócrifos, varios fragmentos autógrafos máis, e unha considerable tradición indirecta. A súa parte literaria foi xa publicada polos biógrafos de Marcial Valladares, polo que optamos por unha edición diplomática.

Coas partituras foi imprescindible a edición do facsímile, toda vez que como álbum fica a día de hoxe inédito, e porque se trata dunha obra orixinal dunha gran singularidade temporal; foi escrita en 1865 de puño e letra do seu autor, o que a sitúa na prehistoria da bibliografía etnomusical galega ao tempo que a converte nun auténtico tesouro, patrimonio histórico-artístico do noso país.

Esta edición crítica quere achegar ao lector unha partitura actualizada, depurada de erros, aseada antes de ser presentada en público. Para por en papel esta edición crítica os autores recadaron non só as distintas variantes de cada número do Ayes..., senón que alén diso, puxeron baixo o microscopio cada unha das creacións musicais de Marcial Valladares, escasas, máis igualmente pertinentes.

Para esta reconstrución fai falta unha múltiple perspectiva que aúne historia, musicoloxía, lingüística, estética e un gran etcétera difícil de abranguer: o que nós estamos a ofrecer é simplemente unha proposta interdisciplinar elaborada desde a honestidade e o traballo de moitos anos.

www.folque.com

www.dosacordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-05-2010 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Na presentación do libro ´Os Instrumentos musicais na tradición galega´
Avalado co premio Losada Diéguez que vén de recibir, presentouse no edificio Sexto do Museo de Pontevedra o libro Os instrumentos musicais na tradición galega, que é resultado dun longo traballo de investigación ao abeiro do Proxecto Ronsel. Trátase dunha escolma de 144 instrumentos da historia musical galega, en 500 páxinas e con máis de 1.000 fotografías e ilustracións, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio inmaterial. O seu autor, Pablo Carpintero, defíneo como ?unha reunión do concepto galego do que é música e do que é un instrumento musical?. Como exemplo, ofreceu un concerto didáctico no que repasou a historia da gaita de fol.

Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega"

Avalado co premio Losada Diéguez na modalidade de investigación e ensaio que vén de recibir, presentouse no edificio Sexto do Museo de Pontevedra o libro Os instrumentos musicais na tradición galega, que é resultado dun longo traballo de investigación ao abeiro do Proxecto Ronsel. Trátase dunha escolma de 144 instrumentos da historia musical galega, coa explicación da súa orixe, os pasos para a súa confección e o xeito de tocalos, en 500 páxinas e con máis de 1.000 fotografías e ilustracións. O seu autor, Pablo Carpintero, defíneo como ?unha reunión do concepto galego do que é música e do que é un instrumento musical?. Remarca neste senso que en Galicia sobreviviron instrumentos dos que no resto de Europa só hai constancia nas escavacións arqueolóxicas.
Iván Area, coordinador do Proxecto Ronsel e Vicerreitor de Relacións Institucionais, sinalou que este libro foi posible grazas a precedentes como a obra de Castro Sampedro, que puxeron en valor o patrimonio inmaterial galego. ?Este volume é unha obra colectiva, froito dun longo proceso de transmisión, que conta co aval da Unesco?, engadiu nese senso.
O acto de presentación estivo presidido por Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, que cualificou o libro como ?unha xoia, unha publicación única no seu xénero e que supón un feito de xustiza histórica coa recuperación da nosa memoria musical?.

Obra de referencia na investigación musical interdisciplinar
Iván Area destacou como un dos aspectos máis interesantes do libro a análise que fai do instrumentario galego a partir das teorías evolutivas en voga na bioloxía. ?É un exemplo de traballo interdisciplinar que vincula música e bioloxía?, subliñou. Destacou tamén a limpeza dos deseños realizados polo debuxante Xoán Ramón Marín, ?que eliminou o superfluo e que permiten ter unha idea da escala dos instrumentos?. Afirmou que o libro xa se converteu nunha obra de referencia e que ?axiña poderemos entrar nunha librería e pedir o Carpintero, igual que pedimos o Castro Sampedro?.
Pola súa parte, Pablo Carpintero quixo salientar a importancia documental do volume, dende a achega lingüística pola variedade de nomes de instrumentos que recolle, ata as cancións, os músicos históricos ou o tipo de formacións. ?Se o libro contribúe a que unha persoa intente confeccionar un instrumento coas súas instrucións xa me dou por satisfeito?, sinalou o autor, que quixo subliñar a importancia dos nenos na conservación do instrumentario.

Concerto didáctico sobre a historia da gaita de fol
A presentación do libro rematou cun concerto didáctico centrado na orixe e evolución da gaita de fol. O numeroso público, que desbordou as expectativas de Pablo Carpintero, seguiu con atención as súas explicacións e puido escoitar de preto como soan as gaitas feitas con palla, as primeiras gaitas feitas con vinchas de porco ou modelos do século XIX de Galicia e Portugal.
O autor anunciou tamén que, desde que saíron do prelo en xaneiro, xa practicamente se esgotaron todos os exemplares da primeira edición porque o volume leva meses liderando as listas de libros de non ficción máis vendidos en Galicia. Por este motivo, xa se está preparando a segunda edición, que incluirá novas achegas.

http://duvi.uvigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 06-05-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Reedición de ´El Traje regional de Galicia´
Dado o interes etnográfico do libro EL TRAJE REGIONAL DE GALICIA, de Nieves de Hoyos Sancho, promovimos a segunda edición deste valioso traballo para espallar mais o coñecimento do noso traxe tradicional e debido a que era case imposible conseguir libros da primeira edición do ano 1971.

Coa autorizacion do Consello Superior de Investigacions Cientificas para o Grupo Etnografico das Mariñas de Ferrol, logramos por de novo na rua iste traballo.

O libro vai correxido, mantendoo en lingua castelan, con resalte das palabras galegas e un pequeno vocabulario ao fin, e leva 24 laminas en b/n e patrons de pezas, total 112 paxinas.
se queredes algun exemplar, podedelo solicitar ao enderezo electronico etnograficodasmarinas@gmail.com, o custo de cada exemplar é de 30 euros mais gastos de envio. non se vai comercializar en librerias e a sua tirada é de tan so 500 exemplares.

un saudo

GRUPO ETNOGRAFICO DAS MARIÑAS
FERROL (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 29-04-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro ´Instrumentos musicais na Tradición galega" en Pontevedra
Pablo Carpintero presentará a súa monografía "Os instrumentos musicais na tradición galega" en Pontevedra. Nun principio, a presentación estaba prevista para hoxe mércores 14 de Abril mais foi adiada e finalmente terá lugar ao mércores 5 de Maio ás 20:00 horas.

A obra conta cos deseños de Xoán Ramón Marín Martínez, e foi editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas.

Esta obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A magnitude do traballo vai alén das case 500 páxinas e 1000 fotografías pois desde unha perspectiva científica e rigorosa achega a clasificación dos 144 instrumentos musicais catalogados dentro do sistema científico máis empregado en occidente, a clasificación de Hornbostel e Sach.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro Bailabén en Lugo
O vindeiro Xoves día 15 de Abril, terá lugar en Lugo a presentación de BAILABÉN, un método de aprendizaxe do baile tradicional galego realizado por Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez.

O ácto terá lugar no Salón de Áctos do Centro Lug II (R/Pintor Corredoira nº 4-Lugo) ás 20:00

No acto participarán os autores Edith Cotilla e Gustavo Couto, acompañados de Cándido Meixide en representación da Editorial Cumio.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Bailaben: un novo manual de baile
'Bailabén' é o título da guía de aprendizaxe do baile tradicional que vén de sacar do prelo Edicións do Cumio. A obra pretende achegar material didáctico aos profesores de Primaria e Secundaria e afeccionados e ensinantes do baile tradicional. Os ensinantes Edith Cotilla e Gustavo Couto firman a publicación que se vende acompañada dun DVD.

Bailabén é o título que Edicións do Cumio acaba de sacar á rúa a xeito de manual para guiar a profesores, afeccionados ao baile así como a docentes de Primaria e Secundaria.

A obra, acompañada dun DVD, conta con explicacións detalladas, secuencias de fotografías nas que ver os movementos con detalle e un vídeo de máis dunha hora de duración no que se poden atopra todos os pasos e bailes básicos do baile tradicional galego. O prezo do volume co DVD é de 25 euros.


www.anosaterra.org

Mostra do libro
www.cumio.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-02-2010 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Tic-Tac na Coruña
?Tic Tac? é o libro-disco de KALANDRAKA, interpretado polo músico coruñés Pablo Díaz, con ilustracións de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado en Galicia, e numerosas colaboracións musicais: Xabier Díaz, Guadi Galego, Carmen Rey, Ruote?
Conta tamén coas achegas de Santiago Auserón e de Xurxo Souto no prólogo e no epílogo da obra, respectivamente.

Pablo Díaz vai protagonizar, este venres 19 de febreiro a partir das 18:00 horas, no Fórum na FNAC (A Coruña), un concerto para todos os públicos con algúns temas deste traballo artístico--musical. No espectáculo van participar, entre outros artistas, Carmen Rey e Xabier Díaz.

Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 19-02-2010 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro !Instrumentos musicais na Tradición galega
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 19-02-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0