Este martes 27 de abril, ás 20:00h, no reflectorio do Museo Provincial de Lugo.
Presentación dos libros da colección Chave Mestra:
- Florencio, Cego dos Vilares da mao de Antón Santamarina
- Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte co investigador Pablo Quintana.
Cantará e improvisará Alba María e tocará a sanfona o mestre Óscar Fernández.
Un LIBRO-CD de 120 páxinas, indispensable para músicos e afeccionados á nosa música popular.
15 Temas gravados e misturados nos estudios A Ponte nun libro-cd publicado por Edicións Embora
Poderás coñecer a moitos dos nosos músicos populares e como era o xeito que tiñan de interpretar a nosa música: gaiteiros solistas, bandas de música, murgas, cuartetos, constructores de instrumentos...
O libro conta con destacados colaboradores, como Daniel Bellón, Pablo Carpintero ou Alonso Caxade. Tamén músicos da Banda de Infantería de Ferrol, da Banda de Santa Cruz de Ribadulla ou da Banda de Música da Estrada, fixeron revivir a música da Laureada Banda Garrote de Ortigueira, nunha composición do ano 1931
O xornalista Rodri Suárez é o autor do libro, co selo de Nicetrip Edición e xa á venda, que se presentará ao público o próximo mércores 28 de maio, na Sala Mardi Grass da Coruña.
Usando decenas de testemuñas, o texto relata a carreira da banda de rock ?que tronzou todos os tópicos submisos para liderar un movemento, o Bravú, que supuxo un inédito estoupido popular e galego?.
Convidamos á interesante Conferencia sobre O traxe tradicional galego, polo destacado etnógrafo e historiador Clodio González Pérez.
Presenta o acto o antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro.
Martes 1 de abril ás 20:30 na Libraría Andel (Vigo)
Avda. das Camelias, 102
O Karaoke Popular ofrécenos cancións coñecidas por tódolos públicos e para gozar en calquera espazo ou momento de lecer.
Compartir a música pupular xunto á familia e os amigos proporciona agradables e divertidos momentos, tamén é fantástico para escolas, ludotecas, garderías, asociacións veciñáis e culturais, desenvolvendo nos máis pequenos unha función de aprendizaxe e coordinación coa escoita musical, lectura e canto.
Os temas gravados nesta compilación, atópanse reforzados melódicamente e presentan unha gran variedade harmónica e riqueza sonora; acordeón, ukelele, frautas, gaitas, tamboril,.. facilitando a súa interpretación, polo que teremos a sensación de estar cantando coa nosa propia banda.
Os arranxos dos temas foron elaborados e gravados por Rafa Crespo, Rubén Troitiño e Suso Atanes (A rianxeira, Catro vellos mariñeiros e Foliada de Tenorio).
Producido por Ton e Son para Inquedanzas Sonoras
A Regueifa · A Rianxeira · Catro vellos mariñeiros · Miñas cousas · A saia da Carolina · O Galo · O Caneco · O Burro da tía Lola · Himno Galego · Foliada de Tenorio · O Merlo · Foliada de Nadela ·O Sancristán de Coimbra · Ven bailar Carmiña ·
O músico Antón Seoane, un dos fundadores de Milladoiro, publica o libro-disco ?Do Voces Ceibes a Milladoiro? no que se ocupa de analizar polo miúdo, como protagonista en primeira persoa que foi, a época que vai dende a aparición da Canción Popular Galega, un movemento de cantautores, cancións protesta, música de taberna e influencias mesturadas que ían en coalición desordenada contra a longa sombra do franquismo, ata o nacemento e éxito de Milladoiro.
O libro sae publicado cun disco con algúns dos éxitos da época, seleccionados polo autor, no que aparecen algúns dos grandes protagonistas daquel tempo como Rodrigo Romaní ou Pilocha, entre outros, e acompañado dun DVD onde moitos protagonistas daquel tempo, non só da música, revisitan aquela época fascinante.
Presentación do libro
Juan Bello Mallou - O gaiteiro das Casas Novas.
Venres, 21 de xuño de 2013, ás 21.00 horas.
Salón Nobre de Fonseca, en Compostela
Neste libro coñecerás a Juan Bello Mallou, un dos últimos de gaiteiros que viviu a música tradicional como un feito natural, integrado na sociedade e que se facía pasar seguindo a cadea de transmisión oral.
Saberás dos seus mestres, dos grupos en que tocou, do seu estilo, das anécdotas que viviu? e acharás o mellor tesouro deste gaiteiro compostelán, unha boa parte do seu repertorio musical.
Dende A Píntega Marela e tras varios meses de intenso traballo, temos o placer de convidar á presentación de O Gaiterio Técnico, un libro sobre gaita que agardamos sexa do voso interese.
A presentación terá lugar o próximo sábado 15 de xuño na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6 - Santiago de Compostela) ás 13:00h.
O Gaiteiro Técnico contén 248 exercicios, 6 estudos y 16 preludios para gaita galega e é o primero dunha serie de volúmenes que recollerán diversos aspectos que o seu autor, Juan Luna, considera que debe ser un gaiteiro técnico ou moderno. Este primeiro volume está pensado para un nivel de iniciación aínda que os gaiteiros máis avanzados tamén poden facer uso del para resolver certos aspectos en concreto.
Trátase dun libro que quere aportar o seu gran de arena ás publicaciones sobre gaita pois trata a técnica nos seus aspectos máis ou menos iniciais dunha forma rigurosa. Para iso, coidan ao máximo a edición, o deseño e, como non, a calidade do contido. O libro foi prologado polo gaiteiro Pablo Devigo e está publicado en lingua galega.
A FUNDACIóN BARRIé PUBLICA NA REDE O CANCIONEIRO POPULAR GALEGO DE SCHUBARTH E SANTAMARINA
Hai trintaecinco anos chegaba a Galicia de vacacións Dorothé Schubart. Alguén lle falara da riqueza do noso folclore, sen esquecer referirlle a pobreza característica do noso país. A viaxeira era autora de destacados traballos sobre a música popular europea e, movida pola vocación, en chegando, comezou a buscar as escasas recompilacións que existían no noso país sobre o tema. Ante esa insuficiencia, non o dubidou e comezou un traballo de colleita que se iría ampliando e enleando ata dar lugar, seis anos máis tarde, á publicación do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical.
Considérase a pedra basilar da recuperación da nosa música tradicional galega. O Cancioneiro popular galego que compilou Dorothé Schubarth coa colaboración de Antón Santamarina supón unha achega inigualable cuxa importancia medra cos anos. Agora, a Fundación Barrié, que a editara orixinalmente, pon na rede unha versión dixital da obra que, de certo, ha supor un grande pulo á súa popularización. Repasamos con músicos do país a importancia deste traballo e o seu impacto na música de raíz.
Cinco anos de traballo e máis de 5.000 pezas recollidas e clasificadas, coas súas correspondentes gravacións. O Cancioneiro popular galego que compilou a suíza Dorothé Schubarth marcou un antes e un despois no coñecemento da nosa tradición musical coa súa publicación en 1978. ?É unha referencia. Non hai nada mellor nin o haberá?, así de categórico se amosa Pablo Carpintero, autor doutra obra de referencia da nosa música como é a monumental Os instrumentos musicais na tradición galega. Segundo el ?é unha ferramenta que aumenta o seu valor cos anos, porque a xente vai morrendo e pérdese a posibilidade de facer traballo de campo?. De xeito semellante, Benxa Otero, membro de Linho do Cuco e profesor da Central Folque, sinala que ?para min resulta un traballo básico?.
Versión web
O proxecto ve agora a luz nunha versión electrónica da man, como na edición física, da Fundación Barrié. Un web específico permite acceder ás letras, partituras e mesmo aos audios que acompañaban, orixinalmente en casete, á primeira edición da obra, difícil de atopar desde hai anos. Un total de sete volumes (o último dedicado exclusivamente a índices e táboas sinópticas) que se organizan nos epígrafes Oficios e Labores, Festas Anuais, Romances Tradicionais, Romances Novos, Cantos Narrativos, Sucesos, Coplas Locais e Cantos Dialogados e mais Coplas Diversas, Cantos Enumerativos e Estróficos.
A popularidade
Encol de se a obra conseguiu calar entre os músicos que desde a súa publicación veñen traballando os sons de Raíz, os músicos coinciden. ?É complicado de empregar porque hai que o saber ler e empregar. Non vale só con saber solfexo, cómpre que lendo a partitura xa soe en ti a peza para poder escoller, se non tes que aprender varias e sobre estas escoller. E hai pouca xente que teña esa habilidade para ler así as partituras, iso esixe moitos anos de práctica?, explica Carpintero. Segundo explica Alonso Caxade, de Peldenoz entre outras formacións, a obra ?non conseguiu facerse popular. O método tan académico que emprega Schubarth non é moi coñecido entre os músicos tradicionais ou folk. As pezas non teñen un compás asociado, tes que ver a marca de metrónomo e mirar na zona correspondente como son os ritmos?.
Máis dificultades
Segundo explica Carpintero, ?unha peculiaridade que dificulta achegarse á obra é que Dorothé non era galega e organizou as pezas en categorías que non se corresponden coas nosas. Entón hai muiñeiras clasificadas como outras cousas, ou cantos narrativos que para nós son jotas. Son cousas que se detectan sendo galego ou estando aquí moitos anos, é normal que alguén que viña de fóra o fixese coa súa visión. Pero isto fai que á xente lle fose máis difícil achegarse?. Do mesmo xeito, Otero apunta que ?é difícil entrarlle, resulta pouco agradable ou cómodo, e isto bota para atrás a moita xente. Pero cando te afás, atopas un material marabilloso e pouco coñecido?.
As outras fontes
Esa certa dificultade fai que haxa quen prefira recorrer ás súas propias gravacións de campo para procurar repertorio. ?Resulta máis rápido, escóitalas e xa sabes como soan as pezas?. Coincide Otero con esta apreciación que ten o Cancioneiro entre os músicos galegos. ?Coñécese pero trabállase pouco. Por unha banda ten unha certa dificultade que non presentan outros como o de Casto Sampedro ou o de Bal y Gay. Cómpre revisar como se fan as transcricións e a clasificación, e isto bota para atrás a moita xente?. Coincide nesta perspectiva Fernando Abreu, membro do grupo 2us. ?Desde o meu punto de vista é a colleita mellor feita a nivel musical. Hai outras obras, como a de Casto Sampedro que presenta moitas inexactitudes nese sentido. Schubarth tiña unha formación impresionante e empregou un método de transcrición moi preciso pero que obriga a entender como o fixo para interpretar as pezas?. En xeral ?a maior parte dos grupos folk buscaron referencia sempre nos cancioneiros. Aínda que nos últimos anos foi imperando máis a recollida e xa se parte de fontes máis recentes?.
En defensa
Fronte a estas aparentes dificultades, no entanto, non faltan músicos que defenden as posibilidades desta obra. ?Aínda que o de non ter compás bota para atrás algunha xente, a min paréceme que outorga moita máis liberdade á hora de abordar as pezas. Un músico de jazz, por exemplo pode facer o que queira con iso?. De xeito semellante Rodrigo Romanía apunta que ?a min paréceme un traballo accesible. Require certa preparación pero tampouco é excesivamente inintelixible. O problema ata o de agora era conseguir os libros?.
A pegada
Malia a dificultade que supuña o manexo do volumen orixinal, a obra deixou a súa pegada na nosa música. ?Todo o movemento da música folk galega serviuse moito dos materiais compilados por Schubarth? apunta Romaní. ?Na discografía de Milladoiro hai moitas cousas que proceden do Cancioneiro?. Carpintero sinala que ?está en moitos discos, a xente que temos grupos de música usámolo. No último disco dos Carapaus, no Kikirikí ou en Pelo gato 24 pódense atopar moitos temas tirados do Cancioneiro?, lembra Carpinteiro. ?Eu téñoo usado, por exemplo, para completar as coplas que che di unha persoa á que non se lle entende moi ben. E logo saquei 10 ou 15 veces coplas para o grupo?. Para alén da pegada directa nos repertorios de grupos galegos, o Cancioneiro marcou o xeito de investigar a nosa tradición musical. ?Supuxo unha primeira achega a un xeito Europeo e científico de facer as cousas, afastado dos folclorismos. Aí abriu un camiño e deixa ver a súa pegada?, lembra Otero. Caxade, pola contra, sinala que ?está pouco valorado, a súa presenza nos repertorios dos grupos é case anectdótica. É un traballo impresionante e penso que o mellor xeito en que o podíamos agradecer era facendo uso del?.
Por explorar
Dentro da relativa influencia que tivo o volume no noso panorama musical, existen apartados da obra que foron pouco explotados nese sentido. ?Hai cousas que valen pouco para escenarios. Por exemplo os cantares de cegos, os romances ou os reis non sen axeitados para un grupo que busca algo dinámico?. De xeito semellante, Otero apunta que ?aínda que a nivel musical os romances non están demasiado explotados, si que se teñen desenvolvido traballos a partir deles, todo o material que hai de Florencio, o Cego dos Villares é marabilloso, tanto polo complexo das pezas como pola calidade das transcricións?.
A nova versión
Á hora de analizar o novo formato da obra, Carpintero sinala que ?para o manexar hai que coñece o cancioneiro de papel. Permite consultar os audios pero hai que os ir pasando secuencialmente, non permite buscar un específico. Entón sabendo onde está no cancioneiro un tema concreto, podes ir á sección concreta e pasar ata atopalo, pero se non é complicado, facía falla algún texto que explicase como funciona. Logo estaría ben que houbese un mapa no que se estivesen localizados todos os ítens?.
Futuro prometedor
De cara ao futuro, a obra amosa a súa vixencia. Malia aos seus comentario sobre no novo formato, Carpintero recoñece que ?o traballo é impresionante, gustoume moito poder escoitar esas gravacións? e sinala que ?ao polo na rede sen dúbida vaise aproveitar moito máis?. Pola súsa banda, Romaní apunta, ?na E-Trad de Vigo traballamos moito con el, os volumes son un pouco como os libros de texto?. Isto garante unhas novas xeracións de músicos que estarán familiarizados coa obra e co seu emprego, ao tempo que apunta as posibilidades que as escolas de música tradicional abren para o futuro do noso legado sonoro. Otero, pola súa banda, sinala que ?hai moita xente que está a traballar en cuestións coma a análise de melodías a seguir esa senda?, lembra Otero, sinalando que ?na actualidade está a se incidir nunha concepción máis etnomusicolóxica do traballo, e esa vía comezou co Cancioneiro?. Por se fose pouco, Caxade mesmo está nominado aos Premios Opinión de música folk deste ano ?precisamente polos arranxos sobre temas do Cancioneiro?. Tamén o grupo no que participa, Peldenoz, opta a un destes galardóns por un disco, Jazz&Trad, no que a práctica totalidade dos temas están tirados da obra en cuestión. O Cancioneiro segue vivo.
Dende Ouvirmos lanzan á venda a Historia da Música en Galicia cunha oferta especial do 25% de desconto só até o 15 de abril. O libro e dous CD?s pódense mercar por 44 euros (gastos de envío incluídos).
En palabras de Pilar Alén ?non é ?outra? Historia da Música en Galicia, senón que, de momento e quizais por moitos anos, será ?a? Historia da Música en Galicia á que todos os eruditos, afeccionados e lectores en xeral, acudirán para ilustrarse, descubrir un mundo case descoñecido, buscar información puntual sobre os mil e un aspectos diversos do noso pasado musical?.
Esta obra permite ao lector achegarse cronoloxicamente á música feita no noso país a través de:
?440 páxinas
?27 cadros e esquemas explicativos
?Máis de 150 fotografías
?2 CD?s
?27 temas musicais, dous deles inéditos
?Máis de dúas horas de música
Estes días está a chegar ás librerías de todo o país, o libro-CD-DVD, ?De roda en roda. Músicas e danzas do mundo?, da autoría de tres persoas que levan moito tempo dedicándose ao mundo da danza como son Suso Cancelas, Javier Jurado e Pilar Sampil.
O libro propón unha viaxe arredor do mundo a través das súas músicas e das súas danzas, ofrecendo unha escolma de 21 pezas tradicionais de diversas partes do planeta, cada unha co seu son orixinal. Gravadas no CD con instrumentos propios dos seus países de orixe, son explicadas dun xeito doado no libro e mostradas no DVD para que ninguén quede sen bailar.
O libro, xa que logo, é tamén unha guía e una viaxe xeográfica para quen queira aprender a rodar, a ir en roda, da man dos bailadores e bailadoras que, polo mundo adiante, inventaron pasos cos que lles sorrir á vida.
Polo de agora, imos abrindo o baile con esta pequena mostra desta danza escocesa.