|
|
|
V edición das Xornadas de Baile Tradicional - AGG |
|
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima s/n ? Santiago de Compostela).
Haberá dous obradoiros:
Ás 10.15 horas: Montse Rivera Crespo
"A Carballesa no Courel"
Ás 12.00 horas : Pablo Díaz Carro
"Maneo en Bergantiños"
As prazas son limitadas. As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 (horario de 9.00 a 14.00 horas)
Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 5? para non soci@s.
Animádevos a participar!!!
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
II Curso de Aturuxo (Cacheiras - Teo) |
|
 |
|
|
|
curso de iniciación á composición de música folc (O Porriño) |
|
Os sábados 8 e 15 de novembro celebrarase un curso de iniciación á composición de música folc impartido e coordinado polo Mestre e Compositor Ernesto Campos.
O horario será de 16:00 a 20:00 para os dous sábados e, entrambas xornadas farase unha coordinación activa da formación mediante apoio virtual empregando redes sociais.
O custe das inscripcións será de 50 euros por alumno e a mesma realizarase no seguinte enderezo electrónico: forxarte@gmail.com, ou no teléfono 605 90 15 25 (Fernando)
|
|
|
|
I Xornada de percusión tradicional galega (Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de construción de pandeiros (Casco Vello-Vigo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de gaita galega no Rosal |
|
 |
|
|
|
Xornada de baile tradicional (A Coruña) |
|
O vindeiro día 25 de Outubro, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova Xornada sobre o Baile Tradicional, que terá lugar na sala 9 do Centro Ágora sito na cidade da Coruña.
Dende a AGG organizamos esta actividade, que coidamos necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, xa que existe unha falta de espazos de debate para conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galicia. Por outra banda, existía tamén un gran baleiro de métodos e materiais didácticos, cuestión que se está a solucionar, e que non pode ser doutro xeito que dándolle pulo dende xornadas deste tipo.
Este é o momento de axuntar esforzos, e dar relevancia a unha parte moi importante na tradición galega como é a súa expresión corporal, o baile. Xunto cos profesionais, estudosos, e persoas destacadas do sector, analizarase o estado do baile tradicional en Galicia. É fundamental potenciar o seu ensino e propoñer materiais, métodos e actividades que o acheguen non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.
A Xornada iniciarase ás 10.30 horas e nela teremos ponencias, obradoiros de baile e unha mesa redonda para tratar o estado actual e o futuro do noso baile. Permanecede atentos!! En breve comunicaremosvos o programa completo!!
A asitencia á Xornada é de balde, para inscribirse pódese enviar un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto ou chamar ao teléfono 982229966.
Prazas limitadas por orde de inscrición.
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
IV Curso de música e baile galego (Salceda de Caselas) |
|
 |
|
|
|
Xornadas sobre organoloxía da gaita (Ourense) |
|
O vindeiro sábado 27 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza no Auditorio Municipal de Ourense as XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA, unha cita chea de contidos na que prestixiosos músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos...
Unha cita á que non podes faltar, queremos contar contigo para participar de xeito activo nos distintos debates!!!
Para asistir a estas xornadas envíanos un correo electrónico cos teus datos a secretaria@gaiteirosgalegos.com, ou chámanos por teléfono ao 986847074/982229966.
PROGRAMACIÓN:
MAÑÁ:
- 09.00 horas. Acto de apertura da xornada.
- 09.30 horas. Conferencia I - ?Evolución, morfoloxía e tipoloxía das gaitas no noroeste peninsular?- Pablo Carpintero .
- 10.20 horas. Turno de preguntas
- 10.40 horas. Presentación da publicación "Tanto encanto reunido" - Berros do Castro.
- 11.00 Conferencia II - ?Transformacións na organoloxía da gaita en Galicia: O caso da gaita marcial?- Castor e Félix Castro Vicente.
- 11.50 horas. Turno de preguntas
-11.15 horas. Descanso
-11.45 horas. Conferencia III - ?A gaita en Aragón? - Mario Gros Herrero.
- 12.35 horas. Turno de preguntas
- 13.00 horas. - Conferencia IV - "A gaita asturiana na fin da tradición: cambios e continuidade" - Juan Alfonso Fernández
- 13.50 horas. Turno de preguntas
TARDE:
- 16.30 horas. Conferencia IV - ?Organoloxía da Gaita? - Jean-Pierre Van Hees.
-17.30 horas - Turno preguntas
- 18.00 horas - Mesa redonda interxeracional .
- 19.00 horas. Descanso
- 19.30 horas. Concerto - Jean-Pierre Van Hees: Musette de Cour e Muchosa.
- 20.15 horas. Concerto - Faustino Luis Seoane.
- 20.45 horas. Remate das xornadas
- 21.00 horas. Foliada
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Xornada de portas abertas en Vai de Roda (Rianxo) |
|
 |
|
|
|
Curso de empalletado e afinación en Madrid |
|
 A Escola de Música Galega A Píntega Marela organiza un curso de empalletado e afinación para o vindeiro sábado 12 de xullo.
Imos adicar como mínimo a metade do tempo á práctica xa que o obxectivo é que o alumno salga sabendo afinar unha ou varias gaitas ou, polo menos, que teña os conceptos claros para poder facelo. Farase entrega de material didáctico e haberá que levar unha navaja tipo Taramundi e máis un afinador (isto último é opcional).
DATA E HORARIO
Sábado 12 de xullo de 11 a 14h e de 16 a 19h (6 horas)
PREZO
44? (alumnos de A Píntega Marela en activo)
49? (alumnos externos)
PRAZAS
10 alumnos. As prazas cubriranse por orde de inscripción.
Máis info sobre o curso e inscripción en www.apintegamarela.org |
|
|
|
Obradoiro de composición folc (A Guarda) |
|
 |
|
|
|
Curso de Danzas de Asturias en Vigo |
|
 Sábado 5 de xullo de 10:30 a 14:30 e de 16:30 a 20:30 horas
Domingo 6 de xullo de 10:30 a 14:30 horas
No CEIP Carballal-Cabral - Freiría, nº1- Carballal (Cabral) - 36318 Vigo
Prezo: 30? (prezo reducido para socios de Monteira)
Repertorio: L?amudar (Trabáu-Degaña), Los Pollos (L.larón-Cangas del Narcea), Xota (El Corralín?Degaña), Xeringosa, Cariau (Tinéu), Xota (Suroccidente), Vals, Muñeira (Llarón-Cangas), Media Vuelta (Tinéu), Danza (Tazones-Villaviciosa), Sueltos (Tresmonte-Cangas), Rumba (Trabáu-Degaña), Xota-gallegada (Oriente), La Carrasquina, Danza (Las Tabiernas-Tinéu), Bolero (Bargaeu-Piloña), Xirandiya (Balmori-Llanes), Polka, Dancitas, Suiltu (Ayer), Danza La Madalena (Llanes)
Imparte o curso, Rosa Cuervo: Inicia a sua andadura na recuperación e difusión da cultura tradicional asturiana en 1990, colaborando dende entón en diversos colectivos etnográficos asturianos como Escontra?l Raigañu (Avilés), Na Señardá (Xixón) ou o colectivo de musical tradicional Muyeres entre outros. Na actualidade forma parte da Xunta Cultural Astur Danzaina e do Conceyu de Cultura Tradicional Vezos Astures, nos que é responsable da coordinación de contidos, actividades e formación. Participou en numerosos eventos e festivais nacionais e internacionais, e colaborou con músicos de diferentes esferas musicais. A sua formación complementaria levouna a especializarse en baile e percusión tradicional asturiana, sen descuidar outros múltiples aspectos que conforman a cultura tradicional de Asturias, sobre a que realizou diversos traballos de campo.
No obradoiro, eminentemente práctico, incluiranse breves introduccións acerca do lugar que ocupa o baile dentro da tradición oral e do ciclo vital, así como do seu acompañamento musical e vocal. Na parte práctica os participantes:
? Identificarán e interiorizarán os pasos base e estructuras coreográficas básicas, utilizando e colocando correctamente o corpo.
? Coñecerán os diferentes ritmos do baile: jotas, muñeiras, giraldillas, danzas primas, bailes xogo e bailes "a lo agarrao".
? Practicarán o canto en grupo interpretando melodías e cancións sinxelas á vez que se executan os movimientos.
Organizado pola Asociación Monteira Grupo de Danzas do Mundo, coa colaboración da Asociación Cultural O Coto e o CEIP Carballal. Para máis información: Suso, 675801817.
|
|
|
|
Actividades de verán de Peis d´hox en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
Cursos de verán de Trépia (Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
San Simón Fiddle 2014 |
|
INÍCIATE NO MUNDO DO VIOLÍN EN SSF14
A organización prestará un violín aos participantes
O SSF14 abre un grupo limitado para aqueles nenos e nenas que queiran iniciarse no mundo do violín do xeito máis divertido. A asociación cultural Galicia Fiddle, organizadora do curso, pon a dispor dos mozos e mozas un instrumento durante a semana que dura o SSF, prolongando o préstamo do mesmo durante todo o verán sen custe algún. O sistema empregado polos organizadores consiste en utilizar violíns preparados dun xeito que lles permita facer un acompañamento sinxelo, utilizando cordas ao aire e empregando un só dedo. Deste xeito poderán incorporarse en tan só unha semana ao conxunto formado polos rapaces máis avanzados, quen interpretarán a melodía principal.
Este sistema xa foi empregado na primeira convocatoria do SSF no ano 2012 con grande éxito, permitindo aos principiantes formar parte do concerto final xunto cos seus mestres e demais compañeiros. No ano 2013 non se puido abrir este grupo por seren cubertas aos poucos días de abrir o prazo de inscrición todas as prazas por alumnos con experiencia mínima dun ano.
Este ano o SSF abre de novo a posibilidade de inscrición para alumnos non iniciados dado que, ante a grande demanda dos pasados anos, ampliouse o número de participantes e incorporáronse tres novos voluntarios, mestres de violín, que se encargarán deste grupo especial.
O grupo de iniciación abrangue nenos e nenas de 7 a 18 anos.
GRUPO INFANTIL E XUVENIL
Este ano o SSF distribuirá aos participantes en dous grandes grupos, un infantil, de 7 a 12 anos e outro xuvenil, de 13 a 18. Deste xeito haberá talleres e actividades enfocadas para os máis novos ás que non asistirán os adolescentes, quen por outra banda disporán dun réxime horario diferente e gozarán de maior tempo libre para poder practicar co seu instrumento, organizar grupos musicais para actuar nos concertos organizados na illa ou tocar cos seus mestres nas foliadas que puideran xurdir despois das ceas.
UN LUTHIER NA ILLA
O prestixioso construtor de violíns José Catoira, membro da asociación Galicia Fiddle, revisará os instrumentos dos cativos para que estean a punto para os concertos do sábado e domingo, e tamén impartirá un taller de mantemento e coidados básicos dos instrumentos e dos arcos.
CONCERTO A BORDO DUNHA GOLETA CENTENARIA
O remate do SSF 14 será espectacular, preto de cen músicos de corda a bordo dunha goleta a vela surcarán a ría de Vigo interpretando as melodías aprendidas durante a semana de curso, para rematar ofrecendo dous concertos dende o mar para o público asistente que o gozará dende os peiraos de Cangas e Vigo o domingo 13 de xullo.
Nestes concertos participarán os alumnos pero tamén os seus mestres, de recoñecido prestixio internacional no mundo do folk: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Alfonso Franco, etc., todos eles mestres da escola municipal de música folk e tradicional de Vigo ETRAD.
IRMANDADE CUN FIDDLE CAMP DE FLORIDA
O pasado ano fixeran un intercambio vía skype cun fiddle camp de Ashland, Oregón. Este ano tócalle a quenda á costa leste dos Estados Unidos; así, o SSF fará un irmandamento co MIKE BLOCK STRING CAMP de Vero Beach, no estado de Florida.
Se ben nesta ocasión o contacto entre Galicia e EUA non vai ser só virtual, pois unha nena de Porriño, estudante de violín na ETRAD (escola municipal de música tradicional e folk de Vigo) asistirá convidada ao prestixioso Fiddle Camp dirixido por Mike Block (mestre no máis importante centro de ensino de música popular do mundo: Berklee College de Boston).
Elena Troncoso, de 15 anos, terá a sorte de participar nun fiddle camp no que imparten clase os mellores profesionais do mundo do fiddle: Hanneke Cassel, Rushad Egglestone, Brittany Haas, Mike Block, Casey Driessen, etc..
Ela será encargada de ensinar un par de pezas de música tradicional galega aos asistentes ao curso de Florida.
A súa vez, unha moza chelista de 15 anos, residente en Florida, e chamada Samantha será invitada a participar durante unha semana na illa de San Simón onde aprenderá música tradicional galega e tamén fará o propio ensinando aos asistentes a SSF un par de melodías tradicionais de norteamérica.
Un dos momentos cumios do SSF deste ano terá lugar na noite do xoves, cando vía skipe os dous fiddle camps conecten ao vivo e intercambien as melodías aprendidas grazas a Elena e Samantha, quen serán as embaixadoras da irmandade de dúas culturas separadas polos 7000km do Océano Atlántico e unidas pola música.
www.galiciafiddle.com |
|
|
|
Obradoiro de Construción e Iniciación as Tarrañolas (Vilagarcía de Arousa) |
|
A Asoc. Pésdebarro organiza o Obradoiro de Construción e Iniciación as Tarrañolas que se vai realizar este sábado 14 de xuño, de 11:00 a 13:30 e de 16.30 a 19:00 no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.
Neste Obradoiro, ademáis de construír as nosas propias tarrañolas, aprenderemos a técnica e execución dos ritmos básicos (muiñeira, xota, etc).
O prezo será de 8 ? para soci@s e de 12 ? para non soci@s. As prazas son limitadas co cal apuntádevos no correo pesdebarro@hotmail.com ou no tl.: 692646068
|
|
|
|
Obradoiro de palletas e pallóns (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de Kepa Junkera en Monterroso |
|
 |
|
|
|
Técnicas de afinación e tempero de gaita (Ramirás) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de pandeiro en Vigo |
|
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO
1. Destinatarios:
Calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro.
Non se require ningunha formación previa.
Os menores de 14 anos deberán vir acompañados dun adulto
2. Obxectivos e contidos:
Coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción
dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.
3. Metodoloxía:
Este é un obradoiro interactivo onde os participantes irán
adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica. Os
alumnos levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.
Día: Sábado 31/05/14
Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo ? Zona Calvario)
Hora turno mañá: de 10.00 a 14.00
Hora turno tarde: de 16.00 a 20.00
Prezo soci@: 63.00 euros
Prezo non soci@: 68.00 euros
Prazas limitadas por turno, entre 8 e 10 alumn@s
Todo o material e ferramentas necesarios a cargo do monitor.
Interesados anotarse no 629 585 355 / 986 253 585 ? ofiadeiro@ofiadeiro.com
Data límite de inscrición 29 de maio |
|
|
|
III Curso de construción de palletas e pallóns (Lugo) |
|
O artesán Xaime Pena será o encargado de guiar o curso que terá lugar nos locais da Tradescola, no Centro LUG II (Lugo) o vindeiro sábado 31 de maio.
Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.
O horario do curso, que terá lugar no Centro LUG II ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo), será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
Prezo: 20? (para alumnos da Tradescola / Socios da AGG) e 25? para público en xeral.
As prazas son limitadas.
Inscricións:
?Tradescola ( horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas)
?Teléfono 982229966
?Mail: tradescola@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Indicando nome e apelidos e teléfono de contacto.
|
|
|
|
Obradoiro infantil e xuvenil de instrumentos de corda (Soutomaior) |
|
 |
|
|
|
Concerto e obradoiro de corda en Xustáns (Pontecaldelas) |
|
 |
|
|
|
Curso de percusión tradicional (A Coruña) |
|
A Asociación Cultural Xacarandaina organiza un curso de Percusión Tradicional que será impartido por Eliseo Parra.
Nacido na Ribeira do Duero un mes antes da década dos 50, desde neno empezou a mostrar gran afección, primeiro polo baile e máis tarde polo cante. Realizou ?traballo de campo? por boa parte de España xunto a José Manuel Frade e colaborou nos libros e discos de recopilación deste, como transcriptor musical. Entre outras, cabe resaltar a súa labor docente desde fai seis anos como profesor de percusión e canto tradicional.
O curso será impartido os días 24 e 25 de maio. O sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 14:00. O prazo de inscrición finaliza o 12 de maio e as clases serán impartidas a un máximo de 25 e un mínimo de 18 persoas. Impartiranse 3 sesións cun prezo total de 110 ? para os Socios e 140 ? para os Non Socios.
Asociación Cultural Xacarandaina 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com
Asociación Cultural Xacarandaina |
|
|
|
Faite un pandeiro (Taragoña) |
|
 |
|
|
|
Obradoiros II Xornada feroz da música galega (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de palletas e pallóns (Trasmañó-Redondela) |
|
 |
|
|
|
Curso de construción de palletas (Bergondo) |
|
 |
|
|
|
Curso de técnica vocal (O Carballiño) |
|
 |
|
|
|
Curso de técnical vocal (Vigo) |
|
 |
|
|
|
XXXII Curso de Cultura Tradicional ?Cántigas e Frores? (Lugo) |
|
Aberto o prazo de inscrición para o XXXII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ?Cántigas e Frores?. Este celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Quique Peón para a especialidade de baile tradicional, Chuco Estevez para percusión tradicional, Alberto Coya para gaita galega e Xurxo Fernandes para canto tradicional.
O prezo a matrícula é de 30? para soci@s de ?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40? para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de NovaGaliciaBanco ES43-2080-0152-69-3040026419.
As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.
Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507. |
|
|
|
V Curso de Música Tradicional Galega (Sarria) |
|
 Os vindeiros días 5 e 6 de abril de 2014 celebraráse na Granxa de Barreiros o V Curso de Música Tradicional Galega. Está dirixido a mozos a partires de 15 anos e a adultos en xeral, músicos, maestros de educación musical, profesionais da música, danza, teatro, etc.
O curso ten as seguintes especialidades: gaita, baile, canto e pandeireta, e percusión. Cada unha delas está impartida polos seguintes profesores: Pepe Vaamonde, Xabier Iglesias Castro, Javier Feijoó "Chisco" e Miguel Anxo López Buján "Chino".
Máis información:
www.musica.fingoi.com |
|
|
|
Obradoiro de construcción de Pandeiros (A Estrada) |
|
Un Pandeiro á túa medida
Tequexetéldere organiza para o vindeiro 12 de abril de 2014 en horario de tarde un obradoiro de construcción de Pandeiros.
Será impartido por Xermán Muíños e Berta Montinho. Ten un custe de 60 ?, e inclúe material para a construcción e levarás o pandeiro para casa. O obradoiro ten 12 prazas que serán cubertas por orde de inscrición ata o día 30 de marzo, e non é preciso ter ninghuna formación previa.
|
|
|
|
Encontros coas Culturas tradicionais peninsulares (Pontevedra) |
|
Curso intensivo de percusión, canto e baile tradicional (1ª edición: baile charro e jota -Aliste- / el baile -Sanabria) |
|
|
|
|
|
|