|
|
|
Obradoiro de pandeiro galego (Oleiros) |
|
 |
|
|
|
Obtadoiro e charla sobe Maruxa das Cortellas en Madrid |
|
 |
|
|
|
IX Curso de baile e música tradicional (Barreiros) |
|
 |
|
|
|
XXXVI Curso de Cultura Tradicional (Lugo) |
|
 ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA para o XXXVI Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ?Cántigas e Frores?.
Este celebrarase os días 29, 30 e 31 de marzo en Lugo. Este ano contaremos con Marcos Botana para a especialidade de baile tradicional, Marcos ?Kinhos? Saburido para percusión tradicional, Pedro Fariñas para gaita galega e María Vidal para canto tradicional.
O prezo da matrícula é de 35? para soci@s de ?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 45? para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.
As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.
Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507 |
|
|
|
Obradoiro de Canto e Pandeireta (Espasante-Ortigueira) |
|
Obradoiro de Canto e Pandeireta impartido por Davide Salvado, no Mar de Mares, espazo cultural.
O prezo é de 10? por persoa.
Pola noite Davide nos ofrecerá un concerto no que disfrutaremos bailando e para rematar Foliada Rachada!!!
Vos agardamos!!!
Mar de Mares Espazo Cultural - Espasante (Ortigueira) |
|
|
|
Curso de agarrados en Lestedo (Boqueixón) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de Construción de pandeiros en Santa Cruz (Oleiros) |
|
 |
|
|
|
Masterclass de pandeireta en Ferrol por Sés |
|
.jpg) |
|
|
|
Xornadas de Requinta en Oza (Teo) |
|
Xa temos o programa pechado para as Xornadas de Requinta do vindeiro 20 de xaneiro. Non esquezas anotarte para poder asistir.
PROGRAMA
11.00 - Apertura e entrega de documentación
11.15 - ?A orixe da requinta?. Pablo Carpintero
12.15 - ?A requinta da ulla. Obradoiro Riobó?. Rafael Carracedo
13.30 - Xantar
16.30 - Conversa cos portadores. Interveñen Pepe de Nande, Marcelino do Muiñeiro e Álvaro Couto (bisneto dos Barreiros de Albín). Modera Xurxo Souto.
17.30 - ?Isto non é unha requinta. As frautas de sistema simple na tradición galega?. Oli Xiráldez
INSCRICIÓNS:
As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.
As prazas son limitadas por orde de inscrición, reservade a data e animádevos a participar!!!
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
Obradoiro de peiteado tradicional (Lourenzá) |
|
 |
|
|
|
II Xornadas de canto e tradición oral (Vide-As Neves) |
|
 |
|
|
|
Xornadas de percusión tradicional (Narón) |
|
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro sábado 18 de novembro de 2017, unhas Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estas xornadas están subvencionadas pola Deputación de A Coruña, e contan coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón.
XORNADAS DE PERCUSIÓN
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza un ano mais estas xornadas sobre Percusión Tradicional que nesta ocasión terá de protagonista á percusión de man.
Contaremos con obradoiros a cargo de profesionais no mundo da percusión como Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio que impartirán un obradoiro teórico-práctico sobre o pandeiro cadrado na Galiza, Xermán Muiños cun obradoiro de pandeira e Fransy González que nos amosará os toques de pandeireta e o canto en Bergantiños. E como novidade, este ano estas xornadas servirán tamén de marco para acoller a presentación do novo traballo ?O Tamborileiro Técnico?, que será presentado en primicia polo seu autor Marcos Saburido ?Kinhos? que virá acompañado por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, responsable da edición do libro.
Os obxectivos destos obradoiros son:
Aprender bases técnicas destes instrumentos e as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días.
Crear un punto de encontro para poñer en contacto e establecer unha continua comunicación entre aquelas persoas relacionadas co mundo da percusión tradicional galega.
Estudar as formas e usos destes instrumentos de percusión dentro da música tradicional galega e as súas variantes locais.
Divulgar estos instrumentos e promover o seu coñecemento.
PROGRAMA
10.00 ? Apertura e entrega de documentación
10.10 ? Obradoiro I: ?O pandeiro cadrado na Galiza?. Xulia Feijoo e Guillerme Ignacio
13.10 ? Descanso
13.20 - Presentacións de publicacións: ?O tamborileiro técnico?. Juan Luna e Marcos Pérez ?Kinhos?
14.00 ? Xantar
16.15 ? Obradoiro II: ?Achegamento á pandeira en Galicia: ritmos, xeitos e tonos?. Xermán Muiños
18.15 ? Descanso
18.30 ? Obradoiro III: ?Pandeireta e canto en Bergantiños?. Fransy González
20.30 ? Peche
INSCRICIÓNS:
Estas xornadas son de balde previa inscrición.
As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.
@s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.
As prazas son limitadas por orde de inscrición.
Para máis información e reservas: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s 986847074/982229966 |
|
|
|
Obradoiro de construción e iniciación ás tarrañolas (Randufe.Tui) |
|
 |
|
|
|
Monográficos de baile e música tradicional (Tomiño) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de construción de pandeiro (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Curso de percusión en Ribadeo |
|
 |
|
|
|
IV Xornadas de baile tradicional en Lugo |
|
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as IV Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 22 de outubro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.15 horas. Esta xornada terá lugar na Tradescola (no Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 ? LUGO)).
Dende a AGG organízase esta actividade, necesaria e de moita utilidade para todos aqueles implicados no sector do baile tradicional, para ofrecer un espazo no que conseguir unha posta en común de principios básicos sobre o baile tradicional en Galiza.
Estas xornadas están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.
Nestas xornadas que están patrocinadas pola Secretaría Xeral de Cultura, contaremos con estudosos de gran prestixio dentro da cultura tradicional como son Carlos Xosé Vidal, Olga Kirk e Francisco Feijoo (Xisco) que serán os encargados de amosarnos e ensinarnos algúns dos bailes mais característicos da tradición galega.
Dende a AGG coidamos imprescindible e necesaria esta cita, xa que calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza na sociedade, e transmitir a súa historia e costumes.
Programa das VI Xornadas de Baile Tradicional
Lugar: Tradescola - Salón de Actos do Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira nº 4 ? LUGO)
Data: 22 de outubro 2017
11.15h - Recepción participantes e apertura da Xornada
11.30h - Relatorio- Obradoiro
Carlos Xosé Vidal - ? Val da Barcala ? O rabo do raposo ?
13.30h ? Xantar
16.00h - Relatorio - Obradoiro
Olga Kirk - ? Bailando Maneo?
18.00h - Descanso
18.15h - Relatorio - Obradoiro
Francisco Feijoo (Xisco) ? ? Ribeiranas do Condado?
20.15h - Peche das xornadas
A asistencia a estas xornadas será de balde. As prazas son limitadas por orde inscrición. Para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal ou a través de teléfono no número 982 229 966.
Para máis información: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s- Tradescola 982229966. |
|
|
|
Obradoiros de percusión tradicional en Compostela |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de construción de pandeiro (Lourenzá) |
|
 |
|
|
|
Curso de música tradicional na Fonsagrada |
|
 |
|
|
|
Curso de Gaita de Fol en Tui |
|
 O Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asocciación Frai Rosendo Salvado organiza o Curso de Gaita de Fol que se vai celebrar do 7 ao 9 de xullo en Tui.
Correrá a cargo de David Bellas, titulado superior no CMUS de Vigo. Esta actividade vai dirixida a alumnos con certa formación musical previa, sendo preciso coñecementos básicos de gaita e de lectura. As clases terán lugar de 10 a 14h e de 16 a 20h cun total de 24 horas lectivas. Estruturaranse nunha parte de traballo técnico e teórico conxunto nas que se abordarán a articulación, rexistro, volumes, microdinámicas, afinación... e clases individuais e de repertorio. Pódese participar tanto como alumnos activo coma coma oínte. Os interesados poden acadar máis información no 986 60 40 44. |
|
|
|
Obradoiros de Técnicas de gaita e de Canto tradicional (Maneo) en Cervantes e begonte |
|
 Jose Manuel López (Josele) e Roberto Rodríguez serán os encargados de impartir estos obradoiros que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en Doiras (Cervantes) e en Pacios (Begonte) respectivamente.
A Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade, realiza dúas novas actividades formativas relacionadas coa gaita e co canto tradicional en Cervantes e Begonte, e que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño de 2017 respectivamente . Estos obradoiros, que serán de balde para os asistentes previa inscrición, contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretenden achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada tanto na cidade de Lugo como no resto de comarcas da provincia.
Jose Manuel López (Josele) será o encargado de impartir este obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación ?Os Xardois?, no que se traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio. O Obradoiro terá lugar no colexio de Doiras (Cervantes) en horario de 10.30 horas a 13.00 horas.
Ao día seguinte, en horario de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, será Roberto Rodríguez o encargado de achegar ata Pacios 85 (Begonte) un obradorio de canto tradicional. Neste obradoiro que conta coa colaboración da Asoc. Cultural ?Castiñeiro Milenario? traballaranse distintas técnicas e distinto repertorio de maneo.
Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas).
Esperámosvos!
www.gaiteirosgalegos.gal |
|
|
|
III Curso de análise musical de cancións tradicionais (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de baile en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa) |
|
 |
|
|
|
VI Curso de Zanfona do Viso (Redondela) |
|
 |
|
|
|
Curso de afinación de gaita en Ourense |
|
 |
|
|
|
Curso de percusión con culleres en Barrocás (Ourense) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de percusións tradicionais Percusión doméstica en Castroverde |
|
 Roteiro polas raíces do folclore a través dos antigos instrumentos do agro, das cociñas e as sobremesas.
Técnicas e ritmos galegos, da península ibérica, o mediterraneo e sudamerica, xunto o seu contexto cultural e instrumental. Posibilidades destes ritmos na música tradicional galega. Adaptación nas percusións domésticas de recursos doutros instrumentos como diferentes baquetas, xogos de dedos e ritmos modernos.
Exemplos con audios e partituras. Pandeiros, técnicas e ritmos Encontro cos ritmos, sonoridades e contextos culturais de diferentes pandeiros primos e irmáns da pandeireta, o pandeiro e a pandeira galega.
Introdución das técnicas e ritmos tradicionais xunto a diferentes aplicacións e posibilidades destes recursos nos instrumentos galegos.
Pandeiro brasileiro, kanjira, pandeiros do norte de África e o mediterráneo como o riqq, daff, frame drum e bendir. O principal obxectivo é aumentar as sonoridades e a riqueza rítmica e técnica, abrindo portas cara outros folclores e músicas modernas.
Exemplos con audios e partituras.
Prezos: 20?(perc. doméstica)//25?(Pandeiros)//35? xornada completa
Inscripcións ata 8 de xuño no telf:658030219
Imparte Carlos Martínez
//www.d-raizmusica.com |
|
|
|
Obradoiro sobre Musescore en Lugo |
|
Este obradoiro, que será de balde para os asistentes previa inscrición, conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.
O domingo 11 de xuño, en horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas, será Mª Carmen Saborido (Menchu) a encargada de impartir un obradorio sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre)
Este obradoiro está dirixido a tod@s aqueles que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.
Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.
Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas). |
|
|
|
Obradoiro de zanfona en Ribadeo |
|
Este obradoiro, que será de balde para os asistentes previa inscrición, conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretende achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada.
Daniel Carballo (Maka) será o encargado de guiar o obradoiro de zanfona, que terá lugar en Ribadeo o sábado día 10 de xuño en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas e que conta coa colaboración da Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo.
Neste obradoiro amosarase a historia da zanfona tradicional en Galicia, veranse distintos aspectos de afinación, regraxe e dixitación e traballaranse distintas escalas musicais que se porán en práctica con repertorio como cantos de cego e romances tradicionais.
Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico tradescola@gaiteirosgalegos.gal (as prazas son limitadas). |
|
|
|
Entre Margens Encontro de Tocadores 2017 (Caminha-Portugal) |
|
Entre Margens Encontro de Tocadores 2017 - Promo from PedeXumbo on Vimeo.
O Encontro de Tocadores consiste num evento de três dias que junta tocadores de instrumentos tradicionais de gerações distintas. Através dos tocadores convidados, que são na sua maioria ?símbolos? de um saber que se esgota, fomenta-se a partilha de reportórios e técnicas instrumentais de Portugal e da Galiza e perpetua-se a importância do ?saber tocar de ouvido?, a aprendizagem da música sem pautas.
Em encontros informais, os participantes têm a possibilidade de partilhar conhecimentos e explorar métodos de tocar tradicionais. Espera-se contribuir para a salvaguarda do património imaterial musical de várias regiões de Portugal, em particular do Minho, em diálogo com a região da Galiza, explorando o contexto transfronteiriço historicamente relevante dos territórios.
O Encontro abrange sessões de trabalho entre músicos (oficinas de instrumentos), uma oficina de danças tradicionais, palestras, uma feira de construtores de instrumentos e editoras musicais assim como concertos e bailes no espaço público. Em qualquer das expressões que assuma na sua programação, o Encontro de Tocadores pretende constituir-se como um espaço gerador de discursos e reflexões sobre as práticas musicais do território galaico-português.
O formato do evento consiste numa série de oficinas de aprendizagem, com a presença de tocadores de vários instrumentos (na sua maioria, músicos rurais, envelhecidos, dedicados a práticas musicais em declínio) e um "pivot" (responsável por facilitar a dinâmica da oficina e a troca de informação entre o tocador antigo e a assistência). A escolha do ?pivot? será criteriosa, devendo este conhecer o enquadramento da formação e possuir experiência como facilitador de dinâmicas de grupo. Por fim, a assistência das oficinas será constituída por jovens músicos que tencionam aprender técnicas e repertórios de instrumentos "tradicionais", procurando renová-los, experimentá-los e inseri-los em novas práticas musicais, sem intenções "fossilizadoras" ou discursos imobilistas de identidade regional ou nacional.
Para além destas oficinas, o Encontro inclui palestras com temas específicos e oradores convidados (músicos, tocadores académicos, etc.), exposições, concertos, projeção de filmes e documentários, bailes noturnos à volta de "jam sessions" dos vários músicos presentes. Tudo isto, com vista a gerar uma interação entre músicos e não-músicos de várias gerações e proveniências.
Através das práticas musicais, gera-se maior riqueza na descoberta de instrumentos, repertórios e, sobretudo, numa reflexão implícita sobre quem somos e para onde vamos, através da música.
A primeira fase de trabalho do Encontro irá consistir na pesquisa e estabelecimento de contatos com tocadores de instrumentos tradicionais, detentores de conhecimento de repertórios tradicionais, especialmente oriundos da zona do Minho e Galiza. O intuito é que possam dinamizar as oficinas de instrumentos, partilhando repertórios e técnicas.
Paralelamente, procurar-se-á estabelecer contacto com construtores de instrumentos, passíveis de integrar a feira e orientar formações relativas à sua arte. Serão também contactados grupos de música e baile tradicional, que irão dinamizar as atividades noturnas.
A edição de 2017 assinala o quarto ano deste Encontro em parceria com o Município de Caminha. Ao ser realizado fora de um grande centro urbano, este projeto tem também como ideia subjacente a importância da descentralização da cultura e a valorização do meio interior não urbano. |
|
|
|
II Curso de zanfona en Ribadeo |
|
 |
|
|
|
Obradoiros de percusións tradicionais (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Galaiquismo: o discurso do NO-DO sobre Galicia a través do folclore |
|
 No xoves 11 de maio ás 20h, dentro da programación previa á 12 Mostra de Cinema Etnográfico, conversaremos coa etnomusicóloga Beatriz Busto sobre o ?Galaiquismo?, concepto que utiliza para explicar o discurso que o NO-DO proxectou sobre Galicia a través do folclore, representándoa como un pobo subalterno, dominado e reducido a estereotipos. Tratarase, así mesmo, de afondar sobre como e de que xeito este discurso de representación sobre ?o galego" influíu na ollada de Galicia sobre si mesma e sobre o seu folclore, e de debater sobre os lugares ?anteriores e posteriores ao franquismo? onde se pode atopar esa ollada galaiquista da cultura.
Beatriz Busto Miramontes é doutora en Antropoloxía Social e Cultural pola Universidade Autónoma de Madrid coa tese doutoral ?La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981)?, dirixida polo antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno Martín e coa que conseguiu a máxima cualificación.
Agardando que sexa do voso interese.
Un saúdo.
Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
www.museodopobo.gal |
|
|
|
Obradoiro "O pandeiro cadrado na Galiza" (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
|
|