Videoclip promocional da canción "A Infancia" de KASTOMÄ.
Dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío. Unha tarde de verán de calquera neno do rural galego: escoitando os contos da avoa, inspeccionando os pendellos, arrolándose polos prados, atravesando corredoiras, enchéndose de lama ata as orellas, xogando a ser artista...quén non fixo iso cando era pequeno?
Na Galiza, algúns mozos interesanse polas súas orixes culturais e, cada fin de semana, saen ao encontro das súas «memorias vivas»: as vellas das aldeas.
Armados coa súa gravadora e a súa cámara de vídeo, procuran unha canción descoñecida, unha melodía inédita nunca antes gravada. O que non podían imaxinar estas vellas é que collerían o avión por primeira vez na súa vida para? ¡dar un concerto en Bruselas!
Tempo da Recolleita é a primeira película dirixida por Félix Blume, licenciado en Sonido no INSAS. Como enxeñeiro de son, este mozo cineasta traballou nos documentais La voie peule (2006) e El puesto de rolito (2008) rodados en Mali e Argentina, respectivamente.
Sobre os escearios de Bruselas con Ialma: Festival Voix des Femmes
Alan Lomax percorreu Galiza durante o crudo inverno de 1952 cando gravou as cancións que veñen contidas no disco de Alan Lomax "The Spanish Recordings: Galicia"
......
ALAN LOMAX -Songhunter-
En 1952 Lomax visitou Galiza cos seus aparatos de gravación para gravar os cantos dos galegos. Nesta película onde se recrea a súa vida podense ver eses galegos e galegas que cantaron para el e rememoran a sua presenza 50 anos despois.
Alan Lomax (1915-2002) era un coleccionista de cancións. Durante unha gran parte da súa vida, viaxou polo mundo coa súa gravadora, cazando as mellores cancións folc. Lomax gravaba a xente da rúa, que daban o seu corazón e a súa alma frente ao micrófono.
O director, Rogier Kappers, visita a Alan Lomax un ano antes da súa morte. Non pode entrevistalo, xa que unha hemorraxia cerebral incapacitalle totalmente a facultade da fala. O director decide, entón, buscar as persoas que Lomax gravara anos antes. Viaxa por toda Europa, incluida Galiza, cunha vella Wolkswagen. Nesta roadmovie musical, o director busca as raigames da pasión de Lomax pola música folc e a xente que gravou.
Alan Lomax- The Songhunter
Países Baixos 2004, 94 minutos, cor
Que dirán, que dirán, que dirán?
Que dirán, que dirán, por aí?
Que dirán, que dirán, que dirán?
Os Terribles xa estamos aquí.
Os Terribles acaban de grabar en Casa de Tolos (Gondomar) o su primeiro disco compacto que sairá pronto ao mercado nun Libro-CD. A charanga máis veterana da comarca do Val Miñor xa deixou para a posteridade aquelas cancións que alegraron a vida a miles de galegos en tempos de penurias.
Patrimonio inmaterial
Era de xustiza que una banda que tanto sonou en innumerables acontecimentos quedara rexistrada nunha grabación para que no futuro non quede no olvido unha mostra do patrimonio inmaterial do Val Miñor.
Foi un dos concertos máis estrambóticos ós que fun na miña vida... e como tal, foi único e probablemente irrepetible.
Eu vivo en Lugo e tiven que ir pola tarde adrede A Coruña a unha clínica dental a buscar a entrada... si! eu cando chamei por teléfono pensei que me equivocara, pero non, organizaban eles o concerto: bendita clínica dental por preocuparse tanto pola nosa cultura!!! Deberíaa subvencionar Sanidade. Foi estrano, pero xenial. E logo tiven que volver horas máis tarde para o concerto.
E xa me resultou máis raro aínda. Só había 50 entradas e 27 máis ou menos eran nen@s!!! curioso!!! pero presentíase un maravilloso futuro para a cultura musical galega na Coruña ( porque o da lingua segue parecido ás épocas de antano, hoxe currei nunha biblioteca das aforas de Coruña e un neno de 5 anos díxome que o compañeiro lera un libro en galego, pero el, lérao en "normal"...). Pois iso,ó que ía, que a metade eran familia dos músicos... e foi todo un privilexio escoitalos así... tan cercanos, tan cálidos... con tanta tenrura e familiaridade no ambiente. Saco o sombreiro! se xa me flipaba Coplas para Icía, agora adorovos ós tres.
Ah, e que bonitas palabras puxo na presentación a persoa do teatro do andamio, porque dixo algo así como que ás veces a vida se senta con un a tomar café... e esta era para el unha desas ocasións nas que se sentía afortunado de ser el o que estaba alí... Eu desde a miña silla, pensaba o mesmo.
Bicos mil para quen tire por iniciativas coma esta...
Xa está accesible en Flocos.TV o histórico documental etnográfico de Xaquín Lorenzo "O carro e o home" gravado polo 1941. Todo un documento daquela época na Galiza rural.
Recuperamos en Flocos unha película fundamental na nosa cinematografía, o documental O carro e o home, realizado en 1941 na comarca ourensá de Lobeira. Esta película é un relato liñal da vida do carro, unha "biografía do carro" formalmente emparentada coas vangardas anteriores á Guerra Civil. Finalizada a rodaxe, a película quedaría sin sonorizar. Xoaquín Lorenzo gardaría unha copia en Ourense que se montou en colaboración co Museo do Pobo Galego en 1980 por iniciativa do cineasta Eloy Lozano, e Carlos Serrano de Osma sonorizaría outra pola súa conta en 1945.
Unha grande xoia nunha pequena película. Posiblemente o mellor documental feito na Galiza até hoxe.
A voz en off é a do propio Xaquin Lorenzo
O blog Milprimaveras fíxome lembrar esta canción que, se mal non me lembro, está adicada a represalia que os Palestinos sofren por parte do estado terrorista de Israel. Xa sabedes que ten uns aniños, polo menos catro, pero xa vedes, en todo este tempo as cousas si cambiaron algo foi para peor. Cando nos decataremos de que o odio e a vinganza só moven unha roda de muíño que moe homes, mulleres e nenos, e que produce fame, dor e máis odio e vinganza se cadra?
Penso que podía ser boa idea usar esta canción como bandeira musical da protesta contra esta guerra inxusta e desproporcionada, e que todos aqueles que teñan un blog, polo menos os que o teñen en galego, debería poñela no seu blog.
Para todos aqueles que sofren esta noxenta masacre, "Pedras contra tanques", de Leilía.
Esas pedras contra tanques
eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.
Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.
Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.
O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada
Novo clip de Ruxe-Ruxe feito, aquelado e reaquelado pol@s alumn@s da Escola de Imaxe e Son da Coruña e interpretado por Marcos Payno de GalegoZ.
O clip de Ferrallas fará de telón do disco "Xigantes" e da xira que levou aos Ruxe-Ruxe a facer 40 concertos pola galiza e polo mundo adiante neste 2008.
Agora, entrarán de cheo na preparación dun novo disco de estudio para os primeiros meses do 2009.
Vindeiros concertos e fin de xira:
- Venres 12 de decembro en Vigo, na sala Mondo
- Sábado 20 de decembro en Compostela, na praza de Mazarelos
Moi bo programa de Camín de Cantares en Penacova, no concello de Vilanova d'Ozcos, sobre Guillermo, gaiteiro da bandina Os Trabadelos, bandina tradicional con dúas gaitas, clarinete, caixa e bombo.
Procurando pola arañeira atopei este video do concerto de Mos.
Un saúdo postvacacional a todos @s Malmequeriáns, e lembrar que agora que remata o verán Tamara non nos perdoará que non pasemos polo Serán das Tarambainas este sábado.
Tras as polémicas do Concurso Memorial Ricardo Portela de Pontevedra, presta lembrar un pouco a figura do Grande Mestre Gaiteiro e que moitos podían tomar como exemplo do amor pola cultura popular galega.
O gaiteiro Ricardo Portela fai unha reflexión sobre as súas inquietudes polo mundo da gaita. Videos propiedades de Maximino Souto e cedidos por cortesía de Miguel Souto.
2ª parte:
3ª parte
Ricardo portela interpretando un pasarrúas de Xan de Campañó.
Lizgairo: Persoa con mente áxil e enxeñosa. Iso significa a palabra galega Lizgairo. Mais tamén é a composición do nome dos seus tres compoñentes: Xosé Liz, Anxo García Pintos e Rodrigo Romaní.
Este é o novo video-clip de Ruxe-Ruxe, a canción é Rock and Roll e o seu protagonista non é outro que o mesmísimo Leo i Arremecaghoná.
Ruxe-Ruxe é un dos grupos que mais se preocupa por este formato (o video-clip), e ten gran cantidade de videos con as suas cancións na rede, supoñemos que o feito de levar tantos anos, terá algo que ver.
Catro voces, catro instrumentos, un enxeño musical empapado de sentimento e cuberto de sensibilidade. Unha palabra, tres efes, catro corpos; e un; e outra vez catro. Moito corazón...e o resultado: nós, Faltriqueira.
O que nos une: as diferencias; o que nos alenta: quen escoita; o principio: a tradición; o seguinte a creación; o motivo: a música. Fala un, falan todos, e todos son un. Toca unha voz, canta un instrumento; o instrumento é a voz; a voz é o vento, a corda, a madeira, o metal, a pel.
"Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas", velaquí unha fermosa peza que pon na rede Ponte nas ondas!
Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. Unha composición de Vozes da Rádio coa colaboración de Guadi Galego para a XIV edición de Ponte...nas ondas!
"Na celebración das Letras Galegas, o cerne do noso patrimonio inmaterial, a lingua, érguese como a bandeira do achegamento e da convivencia. Unha lingua compartida na que galegos e portugueses vivimos o noso día día. Nela creamos os nosos mellores tesouros intanxíbeis. Nela soñamos o mundo e nela aprendemos a amar a falar. A lingua que nos xunta e nos achega a unha grande comunidade de falantes espallados por todo mundo. Este patrimonio, sustentado na lingua, debe ter o máximo recoñecemento internacional. Reclamamos que os poderes políticos inscriban o patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, tal como foi recomendado pola propia Unesco"
Aquí a letra completa:
PONTE DO MEU LADO
A ponte serve para atravessar
A ponte serve para ligar
a terra que a água desuniu
os dois lados do mesmo rio,
A ponte serve para nos juntar
A língua serve para falar
A língua serve para beijar
Quem nos fala ao coração
E nos segura a mão
A língua serve para nos juntar
Refrão:
Ponte deste lado,
A ponte que me leva aí
Põe-te ao meu lado
E fico pertinho de ti