Opa bailadores e bailadoras, cantereiras e cantadores, músicas/os e demais festeiros/as!!!
lembrade que este venres 24 de Febreiro comenza en Ourense unha nova edición da Festa itinerante "VENRESPIRAR", será no LICEO (rúa Lamas Carvajal nº 5), contaremos coa participación musical de Zurrumalla e AOFT-Maceda, guiando o baile: Bea Díaz.
Agardámosvos para botarlle uns bailes e unhas cántigas
Lugar: Recinto da festa. Toutón. Mondariz
O serán mais grande de Galicia, o sábado 11 en Toutón, Mondariz
A partir da 1 da tarde xantar popular. inscripción 10?. Higinio: 686 965 983
Despois da comida o tradicional "corrido do galo" (procesión e lectura do testamento) e a continuación gran serán.
Xuntanza, saída e serán no recinto da festa, que estará cuberto e pechado. Novo e amplo aparcamento. Bos sitios para o descanso e acampada.
SERÁNS DO SARELA
Xoves 2 de febreiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
?Seráns en Compostela agora no Sarela!?
ENTROIDO!
Non teñades vergoña en vir disfrazad@s!
Ademais este mes sortearemos un ?kit? para facer cocido!
Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . A. F. Colexiata de Sar
23h15 . Orquestra Os Modernos
24h00 . Os Viqueiras de Ordes
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
O día 28 de xaneiro de 2012 farase un Serán en Mondariz, no pavillón de deportes (próximo á igrexa), co fin de recadar diñeiro para a excursión que farán rapaces do CPI de Mondariz a París.
Ese é o fin, pero o propósito é pasalo ben todos xuntos disfrutando da nosa música. Contamos coa vosa presenza e colaboración. Un saudo!!
28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
- Serán en Arbo - II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena ADIADO
- Serán en Mondariz, no pavillón de deportes(próximo á igrexa)
4 febreiro
- Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes
11 febreiro
- Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)
3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)
17 marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.
24 marzo
- Serán da A. C. Froles Mareliñas no novo local na antiga nave de Renfe na estación de Chapela (Redondela)
14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)
21 abril
- Serán en Laxoso (Pontecaldelas) no torreiro da festa.
5 maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
6 xaneiro
- Serán das Cortellas (Padróns-Ponteareas)
7 xaneiro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
- II Serán da Debullada, en Estás (Tomiño) no baixo do Centro Social
- Serán de reis en Riofrio (Mondariz)
14 xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)
20 xaneiro
- Serán en Cabeiras (Arbo)
21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)
28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
- Serán en Arbo
- II Serán de Ribadavia na Igrexa da Magdalena
4 febreiro
- Serán en Meirol (Mondariz) na Casa da Comunidade de Montes
11 febreiro
- Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)
3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
10 marzo
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)
17 marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz) no torreiro de festa da parroquia.
24 marzo
- Serán da A. C. Froles Mareliñas no novo local na antiga nave de Renfe na estación de Chapela (Redondela)
14 abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)
28 abril
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
GAITEIR@S DE CECEBRE celebramos este VENRES DÍA 23 DE DECEMBRO unha NOVA FOLIADA co gaio deste Nadal 2011 á fin de disfrutarmos xuntos dunha nova noite de festa, música e baile xunto con todos os nosos amigos e compañeiros.
Contamos que non perdíchedes mañas e acudades acompañados das "ferramentas" para que trema o ceo e vibren unha vez máis os sons da nosa música tradicional na máxica terra do Bosque Animado.
Disponse aparcadoiro.
¡¡¡FELIZ NADAL 2011 E MOITA MÚSICA DE NUESTRO SEÑOR!!!
*UBICACIÓN:
-Estrada: AC-214
-Cervexería "Coliseum", no Baixo da Casa da Xuventude de Cecebre (Cecebre-Cambre-A Coruña).
Sábado, 17 de Decembro de 2011.
Dende as 18:30 no Torreiro de festas de San Cristovo de Couso (Gondomar)
A banda de gaitas Novos Aires de Couso organiza, como vai sendo habitual todos os anos, un Seran no torreiro de festas de San Cristovo, a partir das 18:30, ata que o corpo aguante!!
Ven e trae os teus amig@s a tocar e disfruta da musica tradicional galega en boa compaña.
ESPERAMOSTE!!!
Sábado 10 de decembro
O Serán de Sobradelo é unha cita ineludible para os amantes da música e da festa rachada.
É un dos seráns máis antigos de Galicia e un dos poucos que aínda conserva ese gusto polo tradicional e pola música da terra.
Sobradelo mudará este ano de escenario e achegarase ata a Praza da Peixería para participar nun espectáculo aberto só a aqueles que gustan da festa rachada. A partir das nove e media da noite de mañá a Praza da Peixería convertirase nun espazo só habilitado para a troula e no que non faltará absolutamente nada. Ata o momento xa teñen confirmada a súa asistencia 17 grupos tradicionais do entorno de Vilagarcía e chegados de diferentes puntos da comarca do Salnés que poñerán o toque musical a un evento no que tamén cobrará unha importancia especial a gastronomía.
E é que a crise económica tamén se deixou notar neste evento cunha menor incidencia das axudas de carácter institucional, o que obrigou aos organizadores a optar pola Peixería no canto da carpa con calefacción na que sempre se celebraba este emblemático serán. Non obstante, dende Sobradelo manifestan que ?o tapeo é unha clave que non faltará?. Para combater o frío os organizadores optaron por configurar un menú moi ?made in Galicia? con callos, pan preñado, rosca e chocolate quentiño.
Dende Sobradelo queren que este tipo de manifestacións tradicionais non se perdan co paso dos anos e, pese a ser conscientes de que a cita co serán coincide cun dos partidos de fútbol máis esperados do ano, confían en que ?vai vir moita xente?. E é que, pese á crise e ás malas noticias referentes a peches de empresas e demais ao fío das festas navideñas, poucos se poden resistir a desconectar con unha boa dose de música de verdade, desa que fai sentir.
O certo é que ano tras ano o Serán de Sobradelo acolle a ducias de persoas que se achegan ata o escenario para compartir a tarde cos veciños, cos compañeiros ou incluso para coñecer a xente nova. Este evento é coñecido máis aló das fronteiras da capital arousá e, de feito, son moitas as asociacións e agrupacións de música tradicional que reparten a fama desta actividade por toda a provincia pontevedresa.
En Sobradelo, dende logo, hai sitio para todos aqueles que queiran gozar dun sábado pola noite como ben marca a tradición. Para os que queiran celebrar o final do fútbol, tamén hai sitio.
Foliada que se vai a celebrar en Arabexo, Val do Dubra (A Coruña), co gallo dunha pequena homenaxe ao que fora un dos máis coñecidos gaiteiros do lugar, chamado "O Churrero", tíñan un grupo chamado "A Sagrada Familia", o señor fai un par de anos que morreu, pero todavía está na memoria de moitos que o coñecemos.
EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS E NOITE DE SERÁN EN PINZÁS O día 3 de decembro na Casa do Pobo
A exposición poderá verse o longo do día.
As 14 horas un xantar, no que se degustará cordeiro criado no pobo, ou xamón asado, postre, viño, pan e café. O prezo é de 12 ?. Se queres anotarte chama a un dos seguintes teléfonos:
690 832 240 ou 636 222 701
Hai degustación de filloas a pedra.
A partir das 21 horas comenza o Serán
Participan grupos de gaitas, pandereteiras, charangas, acordeóns, treboadas......invitámoste a que veñas a tocar calquér instrumento que tí queiras.
SERÁNS DO SARELA
Xoves 1 de decembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
?Seráns en Compostela agora no Sarela!?
Chega o último serán do ano!
Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro a cargo de Alexandre Sotelino (Castro Floxo e Rebulir)
22h30 . Retrouso de Ouzande
23h15 . Devotos do Folclore
24h00 . Maghúa
01h00 . Foliada ata que o corpo aguante!
Máis información www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
26 novembro
- II Ruada en Loimil (A Estrada) no campo da Saleta
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Serán na casa do Pobo de Gaxate (A Lama)
- I Serán de Tui na antiga fábrica de boinas, frente o CEIP Nº1.
- III Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
- Serán-Repichoca en Ferrol (no local do Canido)
- Ruada en Cuspedriños (Cotobade)
3 decembro
- Serán en Pinzás (Tomiño)
10 decembro
- Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
7 xaneiro
- Serán de Regodobargo
21 xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)
28 xaneiro
- Serán en Pazos de Borben, na praza do Concello
3 marzo
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
14 abril
- Serán no torreiro de Pazos (Ponte Caldelas)