boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manifestos e contramanifestos
ANXOS G. FONTE
Profesora de lingua e literatura galega


Vimos asistindo nas últimas semanas a unha curiosa batalla ideolóxica e política sobre un tema tan sensíbel como a lingua. O debate, lanzado polo diario El Mundo de Madrid e contestado desde distintas institucións sociais e culturais da periferia, non fai outra cousa que poñer en evidencia a febleza da construción identitaria nacional do Estado español.

Os asinantes do Manifiesto en Defensa dela Lengua Común constatan coa súa iniciativa que, despois de 500 anos de imposición con toda a violencia real e simbólica utilizada desde o ámbito do poder, o castelán nin foi nin é aínda a lingua común dos españois: houbo sempre outras que incribelmente sobreviviron e semella que contan cuns falantes, e agora tamén cunhas institucións propias, con clara vontade de asegurarlles o futuro.

Houbo algún cambio substancial nos últimos anos/meses/semanas que actuase como detonante do conflito lingüístico e da necesidade de defensa dos intereses dos falantes das diferentes linguas? Non o creo; o que hai é o desenvolvemento normal das prerrogativas legais que a Constitución e os estatutos recoñecen aos gobernos autónomos para a normalización das linguas minorizadas.

Sin vontade firme de aplicar as leis de normalización lingüística

Froito do Estado das Autonomías é o decreto de galeguización do ensino que estabelece un 50% polo menos do curriculum en galego. Unha boa medida para a normalización do galego... se chegase a aplicarse. Digámolo claramente: nin antes nin agora houbo nunca en Galicia por parte dos poderes públicos unha vontade firme de aplicar as leis de normalización lingüística. Era o que noutra época se chamou bilingüísmo harmónico e hoxe non sei como se chama pero ten moito que ver co lema clásico liberal, laissez faire, laisser passer.

Non chamarlles ás cousas polo seu nome é unha estratexia como outra calquera: empezamos o ano pasado admirándonos con iniciativas civico-sociais tan interesantes como ?Tan gallego como el gallego? que utiliza un delirante xogo de palabras de imposíbel comprensión para quen non estea no allo.

Que pode ser tan galego coma o galego? Que alambique pode destilar algo que supere en esencia á propia esencia, unha especie de concentrado de galego? Dá para moito que pensar, abofé, dá para tanto que os impulsores decidiron que pensando tan desaforadamente non ían conseguir os seus obxectivos e cambiáronlle o nome de xeito que ?Tan gallego como el gallego" pasou a ser ?Galicia bilingüe?. A mesma estratexia, pero sen pensar tanto: unha Galicia onde os cidadáns estean interesados e poidan aprender moitas linguas é o desideratum de calquera patriota, que ninguén o dubide, en principio o argumento ideal para sumar vontades. De feito, mediante unha ósmose social ?máxica? a inmensa maioría dos cidadáns galegos son competentes en dúas linguas: o galego e o castelán, que usan desigualmente a diario.

O problema é a lingua dos outros, de nosoutros

Xa somos bilingües, polo menos os que vimos de familas galego falantes, congratulémonos! Entón cal é o problema de Galicia bilingüe, cal é o problema dos defensores da lingua común? O problema é a lingua dos outros, de nosoutros: non defenden en realidade unha Galicia realmente bilingüe porque non soportan que as outras linguas (en Galicia, o galego) se vaian desfacendo dos prexuízos vellos e enquistados neste proceso de dignificación que se iniciou co desenvolvemento dos Estatutos de Autonomía que consiste en ir ampliando os seus usos en ámbitos formais, propiciando a súa visibilidade pública e mesmo a súa proxección internacional.

Aborrecen o bilingüísmo, mesmo se ven incapaces de practicalo como facemos os outros con sorpendente habilidade e séntense vítimas, diminuídos nacendo como naceron e educándose como se educaron para a posición dominante. O galego non valía para nada? Pois agora vale! Eu estou feliz de cederlles a posición de vítimas que eles tan ardentemente reclaman. É a súa estratexia, teñen dereito a defendela. Pola miña parte penso que é un momento óptimo para recolocar as fichas no taboleiro. Non imos pelexarnos por seguir sendo as vítimas!
Manifestos e contramanifestos
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 29-07-2008 03:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Día
XOSÉ MANUEL PEREIRO

"Non confunda vostede a Galicia real coa nacionalista, que é moito máis reducida", aconsellou (é un dicir) ao alcalde coruñés, Javier Losada, ao portavoz do grupo popular, Carlos Negreira, no último pleno municipal. Debatíase a decisión do goberno local socialista e nacionalista de renunciar a case dúas décadas de preitos xudiciais, ningún gañado e nin sequera empatado, en demanda da utilización do topónimo castelán da cidade. Tendo en conta a dieta dixerida polo electorado socialista local o último cuarto de século nese e outros temas, o recentemente estreado presidente provincial do PP utilizaba con habilidade un argumento do manual do partido: advertir ao PSDEG de que é mellor estar só que mal acompañado (polo BNG). Un argumento do que tamén adoitan botar man ás veces algúns portavoces socialistas, coma se os gobernos de coalición (as malas compañías) fosen froito do altruísmo ou da caridade cristiá, da simple falta de carácter ou do vicio puro e duro, en lugar de ser o resultado da necesidade aritmética e/ou política.

A democracia baséase, efectivamente, e máis ou menos, na convención de que cada opción política representa a súa parte alícuota da sociedade. Pero a idea actual do que é Galicia e, desde logo, a realidade política da comunidade autónoma galega correspóndese moito máis á que concibiu o nacionalismo que a de calquera outra ideoloxía. A Galicia de hoxe, o seu concepto, é en gran medida unha creación da Xeración Nós, e o impulso do Estatuto do 36 que herdamos xurdiu do Partido Galeguista e do apoio que obtiveron dos elementos galeguistas doutros partidos republicanos e de esquerdas. Para o centro dereita de entón, aquí, como moito agora habería deputacións. Hoxe, con todo, Javier Areas pode proclamar todo o que queira a Alberto Núñez Feijóo como campión do galeguismo constitucional. E o propio partido de Negreira era o que gobernaba cando se decidiu por unanimidade no Parlamento que os únicos topónimos serían os orixinais galegos.

E o mesmo pasa co día de mañá. Refírome ao 25 de Xullo, non ao futuro. Foi unha creación galeguista un tanto paradoxal, dado que é á vez o día de Santiago, patrón de España. (Quizá seleccionaron a data porque era a festa grande do país e para poder combinar patriotismo e contemplar os lumes do Apóstolo). E foron os nacionalistas os que a mantiveron como puideron. Asistindo a unha misa en honra de Rosalía - "a misa dos ateos"- nos peores anos, ou sufrindo detencións e apañando porrazos nos non tan malos, incluídos nos bos da democracia consolidada. A firma que acabou aparecendo no DOG declarándoo Día Nacional de Galicia foi a de Antonio Rosón, un militante centrista cun pasado bastante de dereitas. Outro caso máis en que, a longo prazo vale máis ter calidade de ideas que cantidade de votos, aínda que a curto sexa frustrante.

E o Día, dá Patria ou Nacional, as súas actuais liturxias e a súa necesaria renovación simbolizan as ideas, ou a falta delas, que teñen do país as formacións políticas que o representan alícuotamente. (De que a ofrenda ao Apóstolo siga sendo un acto con contido político en lugar dun pintoresco cerimonial atávico como o Misteri de Elxe, xa nin falamos). Para o PP nin sequera era unha data propia cando estaba no poder e xestionaba o protocolo, e menos o é na actualidade, coa estratexia da ofrenda floral itinerante e intermitente. A mesma contrariedade afecta aos socialistas que agora, con todo, lograron crear unha celebración institucional nova, A Véspera. O maior reto teno o BNG. Manter a manifestación como acto central e leitmotiv do Día dá Patria, máis que unha referencia para os cidadáns que escolleron aos nacionalistas para que os gobernen, non xa agora na Xunta, senón antes en moitas outras institucións, é un encontro entre reivindicativo e nostálxico que nin lles vai nin lles vén.

Iniciativas previas como o Festigal para as xeracións máis novas, ou a posterior comida na carballeira, na que participan familias ou cuadrillas e pódese contemplar a un funcionario do Estado dando a probar a torta que fai a súa muller ou un agricultor repartindo cirolas claudias da súa leira, son espazos de relación social que deberían cobrar máis importancia, incluída importancia política. Porque os partidos son, cada vez máis, tanto dos votantes como dos militantes e porque non se pode vivir sempre da herdanza.
O Día
Comentarios (1) - Categoría: nacionalismo galego - Publicado o 24-07-2008 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
O fracaso da área metropolitana
Manuel Bragado

A incapacidade do actual Goberno galego para impulsar a área metropolitana de Vigo é unha das decepcións da presente lexislatura. Un fracaso que constitúe, ademais, un claro incumprimento dos acordos do pacto de goberno asinado polo PSdeG-PSOE e polo BNG, asinados hai agora tres anos, que establecía con rotundidade que "o Goberno galego impulsará unha nova organización administrativa do territorio galego baseada en comarcas, rexións e áreas metropolitanas" e que se produciría un "impulso das áreas metropolitanas e mais das rexións urbanas e semiurbanas como espazo de planificación" do territorio.
A este fracaso non foi allea a desconfianza polo proxecto expresada abertamente por José Luis Méndez Romeu, o conselleiro de Presidencia, nin tampouco o fracaso da reforma do Estatuto de Galicia (que debería establecer un novo modelo de organización territorial) nin a ausencia de políticas transversais sobre ordenación política e administrativa do territorio dos socios deste bipartito bipolar. O anuncio electoralista dunhas "Directrices de Ordenación do Territorio", realizado recentemente polo presidente Touriño e pola conselleira Caride, propoñendo a creación da "metrópole das Rías Baixas" (incluíndo as cidades de Vigo e Pontevedra, o que semella dificilmente xustificable), só ven engadir maior confusión ao proceso, ao tempo que liquida o modelo consensuado en 1999 na "Declaración de Soutomaior" (non o esquezamos, por populares, socialistas e nacionalistas) da "Área metropolitana de Vigo", conformada por catorce concellos e máis de medio millón de habitantes. Estragouse, outra volta, como recoñecen todos os alcaldes da actual mancomunidade, a posibilidade de recoñecemento no ámbito representativo e institucional do complexo entramado metropolitano vigués.
É imprescindible volver a insistir, como xa temos feito outras veces neste espazo, na necesidade de recoñecer que o continuo urbano artellado por Vigo e a súa ría, teña no século XXI unha entidade administrativa e política. É unha evidencia histórica e unha urxencia competitiva. Xa don Ramón Otero Pedrayo intuía hai máis de oitenta anos anos na súa "Guía de Galicia", a existencia do "Gran Vigo", esa cidade en bisbarra que "se perfecciona e medra con todos os núcleos da baía". Vigo, para quen o visionario arquitecto Antonio Palacios redactara en 1932 un primeiro Plan Comarcal, é hoxe capital dunha metrópole, a primeira de Galicia, que vertebra diariamente a actividade económica e a mobilidade de máis de medio millón de persoas. Vigo é o centro dun anel urbano que abrangue os doce concellos da súa mancomunidade e das comarcas limítrofes do Morrazo, do Baixo Miño, do Condado e do Paradanta. Vigo é o eixo que artella a actividade industrial e comercial, a rede de transportes e os servizos comunitarios básicos de trinta concellos e trescentas parroquias. Vigo, ademais, xoga tamén un papel central no artellamento da eurorrexión Galicia e Norte de Portugal de máis de seis millóns de habitantes, funcionando como polo equilibrador entre as rexións urbanas do "Gran Porto" e A Coruña e Santiago.
Mais tamén é innegable que para acometer ese recoñecemento é indispensable que o Parlamento Galego acade un grande acordo nacional arredor da nova organización territorial, o que constituiría unha das maiores revolucións modernizadoras da Galicia contemporánea. A inevitable redución do número de concellos (seguramente, para deixalos case na metade e asegurar así a viabilidade dos servizos que proporcionan), o recoñecemento do papel das parroquias no medio rural, a creación dunha organización comarcal e das áreas ou rexións metropolitanas como entidades de xestión administrativa e participación política, así como a reconsideración do papel das catro deputacións provinciais (entidades que moi pouco pintarían no novo modelo) son as verdadeiras cuestións a acordar (por consenso) nun debate que quedará (como o da reforma estatutaria) para a vindeira lexislatura.
As razóns do fracaso da posta en marcha da área metropolitana viguesa están, pois, nesa escasa coraxe das forzas políticas galegas para abordar con toda a súa complexidade e transcedencia tema tan espiñento para todas elas como é o da ordenación do territorio. Equivócase a Federación de Asociación de Veciños de Vigo "Eduardo Chao" propoñendo unilateral e demagoxicamente unha iniciativa lexislativa popular de espírito localista que recoñeza a "Área metropolitana de Vigo". Os límites, as competencias administrativas e políticas e os recursos financieiros das futuras áreas metropolitanas ou rexións urbanas (o nome non tanto ten) corresponde fixalos ao Parlamento de Galicia. Aí é onde residiu o fracaso e aí é onde debe ser enmendado.
bretemas@gmail.com
O fracaso da área metropolitana
Comentarios (1) - Categoría: urbanismo - Publicado o 23-07-2008 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Autores galegos que escriben en galego fóra do país falan na Coruña
"A-fóra(s)": o idioma na distancia

Raida Rodríguez teatraliza os seus versos con Eva Méndez do Roxo e Carles-Lluís Pallarés na Sargadelos

V. OLIVEIRA . SANTIAGO


O galego é o punto de partida da súa escrita. "Eu vivo Galicia a través da miña lingua", apunta a poeta Raida Rodríguez, ourensá asentada en Barcelona, que onte inaugurou o ciclo "A-fóra(s)" celebrado na galería Sargadelos da Coruña, e que, por primeira vez, reúne a representantes da literatura galega contemporánea que viven fóra de Galicia. Acompañárona a tamén galega Eva Méndez do Roxo e o catalán Carles- Lluís Pallarés que fixeron unha "teatralización dinámica e interactiva" dos poemas que Raida Rodríguez aínda non publicou e que onte recitou por primeira vez en Galicia.

Gañadora do primeiro premio no XIX Certame Rosalía de Castro en 2005 que organiza a Asociación Cultural Galega de Cornellá, que leva o nome da poeta galega, Raida Rodríguez leu os seus versos "dramatizados" baixo a premisa de "Poesías sen poemas. Ningún lugar nos é común, ningunha posibilidade nos é allea". "A poesía dáche liberdade á hora de escribir: podes romper cos esquemas, coa sintaxe, e con ela podes facer reflexión", opina.

Dende que vive en Barcelona, os temas sobre os que escribe "son os mesmos, pero dende outra perspectiva", asegura a autora que ten colgados algúns dos seus versos no blog puntodefuga.blogaliza.org. A elección do galego como lingua literaria é algo "normal, é o meu idioma. Eu vivo Galicia a través da miña lingua. Intento situarme no meu contexto pero cunha voz un pouco innovadora", explica.

Segundo conta, "non existe moita interacción" entre os escritores galegos e cataláns. Normalmente, hai unha especie de "guettos", unha "barreira" que impide "que saias do círculo dos galegos", sinala. "Se publicas en galego, o normal é que edites en Galicia, aínda que Eva Méndez do Roxo tivese que publicar o seu primeiro libro en Portugal", apunta.



Das polémicas coa lingua "chégame moi pouca cousa"

Mesmo as polémicas que nos últimos tempos bombardearon a lingua, dende colectivos como Galicia Bilingüe ou o máis recente "Manifesto por unha Lingua Común" se ven de forma diferente dende Cataluña. "Chega moi pouca cousa. O papel dos medios de comunicación fai que sexa moi parcial, ou que só se oia unha das versións. De Galicia Bilingüe chegoume que non ten demasiado soporte social xa que non presenta unha situación real. En Cataluña pasa o mesmo co mesmo tipo de xente, pero parece que ultimamente se están radicalizando as posturas", conta.

Raida Rodríguez ten xa un proxecto para editar os seus versos. "Gustaríame probar con Estaleiro Editora porque teñen un xeito de traballar co que me identifico", asegura. "Non é fácil editar poesía e menos se non tes un nome", apunta. A súa forma de entender a poesía, "dende a liberdade" conecta tamén co seu gusto pola "experimentación coa lingua en función das diferentes necesidades expresivas".

Pola súa parte, a poeta Eva Méndez do Roxo, que acompañou a Raida Rodríguez no seu recital, tamén conta cun blog, doroxo.blogspot.com no que ten colgados os seus versos. Filla de emigrantes galegos en Barcelona, a escritora medrou entre a urbe catalá e unha pequena aldea dos Ancares lugueses chamada Tabillón. Unha editorial portuguesa, Incomunidade, acáballe de publicar un poemario escrito en galego, As sete idades. Ademais, Do Roxo emprega tres idiomas: o castelán para os relatos, o catalán, para os ensaios, e o galego, para escribir poemas.

PROGRAMA

Martín Veiga, Samuel Solleiro e Xavier Queipo tamén participan


O ciclo "A-fóra(s)" celebrarase os martes de xullo e agosto ás oito da tarde na galería Sargadelos da Coruña, dirixida por Claudio Pato dende marzo deste ano, en substitución de Yolanda Castaño.

O vindeiro 29 de xullo, tocaralle a quenda ao escritor noiés Martín Veiga que abordará o tema de "Poesía e periferia".

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, o poeta, profesor, tradutor e crítico literario narrará a súa propia experiencia "partindo de certas consideracións sobre Galicia como país periférico e máis da adopción interior pola miña banda dun universo outro".

Pola súa parte, Samuel Solleiro (Tui, 1982) abordará o 6 de agosto, baixo o título de "No mundo hai moitos anos", a relación da globalización co fenómeno da emigración galega. Entre outras dúbidas formularase "cal podería ser o papel das outras periferias na nosa escrita futura".

Pechará o ciclo o 12 de agosto o escritor compostelán Xavier Queipo quen, baixo o lema "Na procura de coordenadas", falará da "condición de animais terrestres, o noso lugar no espazo ou a nosa percepción do mundo".
Autores galegos que escriben en galego fóra do país falan na Coruña
Comentarios (1) - Categoría: literatura galega - Publicado o 23-07-2008 03:11
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo de Vigo, o primeiro Robinsón
Naufragou no Pacífico no XVI

Eduardo Rolland . Dous séculos antes que o protagonista de Defoe, un galego foi o primeiro náufrago que sobreviviu no Pacífico. Gonzalo de Vigo foi descuberto por unha expedición de Elcano, que morrera dúas semanas antes.



5 de setembro de 1526: A nao Victoria achégase á illa de Guam, no arquipélago das Marianas, no corazón da Micronesia, na banda asiática do Océano Pacífico. A tripulación está desfeita pola sede e o escorbuto. Hai dúas semanas que morreu o seu capitán, Juan Sebastián Elcano. Están no punto máis afastado do globo que endexamais imaxinaran, nunha viaxe de exploración ordenada polo emperador Carlos V, só tres décadas despois de que Colón chegase a América.

A nao aproxímase á costa e, das augas de cor esmeralda, xorde un mar de canoas, cheas de aborixes espidos e ameazadores, dispostos á abordaxe. O escribán do buque, Andrés de Urdaneta, narra no seu diario a tensión do momento: Prefiren morrer a mans dos salvaxes que prolongar a súa agonía na nao Victoria.

De súpeto, nunha das canoas, xa arrimada ao barco, érguese un home melenudo, de aspecto terríbel. E fala: ?Bos días, señores, en boa hora vos vexo?. E segue a saudar: ?Bos días capitán, mestre e toda a súa boa compaña?. Os exploradores españois quedan abraiados: ?Eu son galego, vigués máis concretamente, e o meu nome é Gonzalo de Vigo?. A escena, vamos subliñalo, acontece no ano 1526, hai case cinco séculos.

Que facía un galego entre os aborixes da Micronesia nos albores da idade Moderna? Quen era este primeiro Robinson da historia europea? Para facer as presentacións, temos que volver dous anos atrás.

O 24 de xullo de 1525, no porto da Coruña vívese un grande balbordo. Sete naves, cunha tripulación de 450 homes, fanse á mar co obxectivo de alcanzar as illas Molucas, ricas en especias, e que tamén disputaba Portugal. A ruta farase polo de a pouco descuberto Estreito de Magallães, do que se teñen noticias desde 1521. Vai nesta nova escuadra Juan Sebastián Elcano, sobrevivente daquela primeira aventura.

A ruta depara nun desastre, aínda que se fixeron grandes descubertas xeográficas. A metade das embarcacións xa non chegaron nin ao Pacífico, e só a nao ?Victoria? alcanzaría as Molucas, despois da morte de Elcano e do almirante Loaísa.

É precisamente o buque insignia o que atopará na illa de Guam ao primeiro ?Robinson? da historia, un galego de Vigo.

O escribán Urdaneta narra as penalidades que obrigaron á Nao a baixar a terra nas illas Marianas: ?Era tanta a sede que tiñamos, que os máis de nós non nos podiamos menear, que afogabamos; e nisto recordei eu que quizais me remediaría cos meus propios ouriños e así o fixen; logo que bebín sete ou oito grolos deles, sentinme coma se tivese comido e bebido?.

Toda a nao ?Victoria? era morte, un día tras doutro. O 6 de agosto falecería Juan Sebastián Elcano. E a estampa que retrata Urdaneta é dramática: ?Toda a xente morreu de medrarlle as enxivas de tal xeito que non podían comer nada e tiñan unhas dores terríbeis; eu vin sacarlle a un home un dedo de carne das enxivas e, ao día seguinte, telas tan crecidas coma se non lle tivesen sacado nada?.

É así como se arriscan a baixar a terra en Guam, malia a tentativa de abordaxe dos aborixes, entre os que, de súpeto, ergueuse o galego. Así o narra Urdaneta: ?De entre aqueles indios, ergueuse un que comezou a saudar á moda de España; viña case espido, co cabelo chegándolle ás nádegas. Todos marabilláronse e dicíndolle que subise a bordo, non se atrevía el se non lle daban Seguro Real?.

A fórmula de ?Seguro Real? tiña que dala o capitán do barco e garantía a calquera que tería perdón para todo crime do pasado en caso de subir a unha embarcación militar. Aínda que pensaron que algo tiña que ocultar aquel home, déronlle o salvoconduto de inmediato, tal era a sorpresa xeral.
?En boa hora chegades, señor capitán, mestre e a compañía?, dixo o presunto aborixe ao chegar: ?Señores: Eu son un dos da Armada do capitán Magallaes; son galego, chámome Gonzalo de Vigo e coñezo moi ben a lingua destas illas?.

Urdaneta conta logo a historia do náufrago: ?Gonzalo de Vigo é natural de Vigo, que é en Galicia, foi de grumete con Magallaes, e é fillo de Rodrigo Álvarez e de Isabel Martínez?.

Un desertor

O vigués narrou que era fuxitivo da anterior expedición, na que decidiu desertar xunto con dous portugueses, ao ver canta xente estaba a morrer na nave ?Trinidad?, na que viaxaban. Así quedaron en Guam. ?Estando naquela illa ?prosegue o escribán? mataron os indios aos seus dous compañeiros, por certas tolerías que cometeron?. Gonzalo de Vigo quedou a vivir cos nativos e aprendeu a súa lingua e costumes.

O galego narroulle aos expedicionarios a vida nas illas: ?A illa é de regular altura, cumio raso e despoboado, porque os naturais viven canda o mar. Os indios son malos, e andan todos espidos, sen ter cousa algunha sobre si. Son ben dispostos, de cabelos longos e barba cumprida. Veneran aos seus mortos, de xeito que cando enterran a un home principal e ven que xa se consumiu, sacan os osos e os adoran. En cada vila hai un rei, e fan a guerra os uns aos outros. Non teñen instrumentos de ferro

As súas armas son tirafondas e paus. Comen froita, arroz, os moitos peixes que pescan e aceite de coco?.

As historias de Gonzalo de Vigo sonlle de grande utilidade aos expedicionarios. O náufrago media cos nativos para que intercambien froita e auga cos españois. En troques, reciben abelorios de cristal, que tamén cambian por algunhas pezas de ouro.

Pouco agradecidos coa hospitalidade de Guam, os españois marchan días despois. Antes, rouban os paxaros que os nativos tiñan en gaiolas, coma mascotas, e pápanos todos. ?Os da nao ?di Urdaneta? tomaron moitos pombos, que os tiñan os indios en gaiolas, e eles non os comían?. Para rematar a faena, colleron os últimos doce aborixes que estaban a comerciar a bordo antes de levar áncoras e secuestráronos ?para que lle desen á bomba [de achique], que no barco estaba a entrar moita auga?. Urdaneta aclara, finalmente, que ?o galego veu connosco, pola súa propia vontade?.

O galego fai de intérprete

Gonzalo de Vigo converteríase logo nun heroe cando chegaron ás Molucas. Alí comezou unha guerra cun pequeno destacamento portugués que defendía as illas. Cada bando aliouse con diferentes poboados e reis locais nunha guerra que durou case que un ano.

Urdaneta narra como o galego exerceu sempre como intérprete, e mesmo nunha ocasión chegou a ser tomado como refén por unha tribo. Cando estaban a piques de matalo cos seus machetes, ?Gonzalo pegoulles dous empurróns e saíu correndo, conseguindo chegar á chalupa, onde os seus compañeiros o esperaban. Os indios, temendo as nosas armas, deixaron a persecución?.

Tras unha longa guerra, que durou un ano, os portugueses rendéronse e as Molucas quedaron baixo dominio español, cunha pequena dotación. Non sabemos se Gonzalo de Vigo quedou alí ou volveu a Europa coa nao Victoria. Urdaneta non volve nomealo e a súa vida non deixou máis pegadas.

Pero se fixo a viaxe de volta tivo poucas oportunidades de sobrevivir. Só 24 homes chegaron vivos á metrópole. Ao desembarcar, o rei Carlos V agradécelles o esforzo pero comunícalles que as Molucas teñen sido cedidas a Portugal, tras un arranxo económico. A loita foi para nada.

Os británicos, moi afeccionados ás historias de robinsóns, teñen a Gonzalo de Vigo como un personaxe moi aprezado. De feito, entra nunha categoría para a que o inglés ten unha palabra propia, intraducíbel: Castaway, que aquí se emprega polo xenérico ?náufrago?. Este galego está considerado por eles como o primeiro ?robinson? europeo no océano Pacífico.
Gonzalo de Vigo, o primeiro Robinsón
Comentarios (1) - Categoría: historia - Publicado o 22-07-2008 03:10
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFIESTO A FAVOR DEL PLURILINGÜISMO
Nuestras lenguas comunes

Catalán, euskara y gallego conviven de forma desigual con los consolidados privilegios del castellano

Un grupo de catedráticos y profesores de varias universidades constata que el castellano, lejos de estar en peligro, mantiene tales ventajas sobre el catalán, el gallego y el euskara que su exacerbada defensa sólo puede tener un móvil ideológico.



Asistimos en estos días a una nueva oleada de nacionalismo lingüístico español de la que el principal botón de muestra es el Manifiesto por la lengua común que ha promovido una veintena de intelectuales de prestigio. El texto en cuestión se asienta en certezas que nacen de aquello que, al parecer, no puede someterse a discusión, como ocurre, por lo demás, en muchos ámbitos de la vida de un Estado que presume de su condición democrática. En las disputas correspondientes adquiere singular relieve la Constitución de 1978, producto de un pacto en el que, en ámbitos sensibles como éste, se impusieron normas sin recabar la opinión de los afectados. Aun en el caso de que aceptásemos la condición inequívocamente democrática del referendo constitucional de aquel año, habría que preguntarse si tres decenios después no es legítimo reclamar, en sentido bien diferente del que invocan los promotores del manifiesto mencionado, una revisión de las normas entonces instituidas. Las cosas como fueren, es significativo que la nueva oleada de nacionalismo lingüístico español prefiera esconder que las reglas que hace suyas no son precisamente neutras.

Llama poderosamente la atención que las mismas personas que afirman con particular insistencia y frente a toda evidencia, tal y como lo revelan las leyes que afectan entre nosotros a las lenguas que los derechos no acompañan ni a éstas ni a los territorios, sino a las personas, no aprecien problema alguno en el enunciado que se ha convertido en guía principal del Manifiesto por la lengua común: el de que, mientras todos los ciudadanos españoles están obligados a conocer el castellano esto no es, al parecer, una imposición, sino un hecho cuya consistencia, sin más, se supone, los hablantes de otras lenguas disfrutan, sin más, del derecho a emplear estas últimas. Si sobran las razones para concluir que semejante enunciación contradice palmariamente lo que afirma el artículo 139.1 de la Constitución en vigor Todos los españoles tienen los mismos derechos y obligaciones en cualquier parte del territorio del Estado,más inquietante es que en la España de hoy se dé por demostrada, al parecer hasta el final de los tiempos, la adhesión popular a reglas como la invocada, en un escenario en el que se hace valer una oposición cerril al despliegue de mecanismos que permitan conocer si la ciudadanía acata esas reglas o, por el contrario, las repudia.

Para el nacionalismo lingüístico español la lengua castellana es superior, cómoda, fácil y útil, virtudes todas ellas que son siempre el producto de circunstancias naturales, nunca de la imposición y la represión. Las lenguas de los demás son, por el contrario, molestas, arcaicas, antieconómicas y francamente prescindibles. Al tiempo que la defensa del castellano se ajusta por definición a un impulso democrático, la de las restantes lenguas responde cabe entender a espurios y cavernarios intereses marcados por esa felonía que identifica el Manifiesto por la lengua común; si en las segundas se revelan por doquier los espasmos negativos de los nacionalismos, por detrás de la primera no habría, en cambio, nacionalismo alguno.

La estrategia principal no nos engañemos apunta a ratificar la situación de incómoda marginación y minoría de las lenguas no castellanas, y a hacerlo de la mano de medidas que tienen un cariz visiblemente asimétrico. Baste como botón de muestra el recordatorio de que los firmantes del manifiesto que nos ocupa entienden que, aun siendo recomendable que en las comunidades calificadas de bilingües la rotulación de edificios y vías públicas se registre en las dos lenguas, en modo alguno podrá realizarse en exclusiva en la lengua propia del país en cuestión, sin que,por omisión, y cabe entender, se rechace la posibilidad de que la rotulación se produzca únicamente en castellano.

El idioma y la fuerza

A los ojos de los nacionalistas lingüísticos españoles, la lengua común no se impone por la fuerza tal horizonte es ontológicamente inimaginable,frente a lo que ocurre, al parecer, con las lenguas no castellanas. Mientras se rechazan determinadas políticas alentadas por los gobiernos autonómicos que se limitan a reclamar para las lenguas respectivas las mismas prerrogativas de las que disfruta el castellano en Madrid, en Sevilla o en Valladolid, se prefiere olvidar cómo, en el pasado y en el presente, medidas aplicadas a menudo con saña y violencia han beneficiado de siempre al castellano y explican, siquiera parcialmente, su condición de visible preeminencia contemporánea. Mientras se manipulan y magnifican, en suma, los problemas que los castellanohablantes puedan encontrar en algunos lugares, se esquiva toda consideración en lo relativo a la delicada situación en la que se encuentran el catalán, el gallego y el vasco, y ello sobre la base de la increíble afirmación de que los objetivos de dignificación de esas lenguas ya han sido, al parecer, satisfechos.

No consta que los nacionalistas lingüísticos españoles, de siempre interesados en defender en exclusiva su lengua, se hayan pronunciado en momento alguno en favor de los legítimos derechos de los hablantes de las lenguas no castellanas. Que en los hechos el principio de libre elección lingüística en el sistema educativo sólo se postula para los castellanohablantes lo certifica la ausencia, dramática, de toda consideración en lo que atañe a ese principio aplicado, por ejemplo, en las personas de los hablantes de catalán, gallego y vasco que residen fuera de los territorios en los que las lenguas correspondientes son oficiales. Al cabo parece obligado concluir que esas lenguas no son percibidas como propias, circunstancia que da al traste, de paso, con cualquier proyecto creíble de bilingüismo: llamativo es que, mientras los nacionalistas lingüísticos españoles se desenvuelven orgullosamente como monolingües en castellano, se rechaza que los hablantes de catalán, gallego y vasco puedan comportarse como monolingües en las lenguas respectivas. Lo que en los hechos se reivindica un monolingüismo de facto es percibido en cambio como una afrenta cuando se sobreentiende que es la apuesta de los gobernantes de las comunidades autónomas que disponen de lenguas propias.

Una curiosa defensa

El Manifiesto por la lengua común configura, en fin, una curiosa defensa de una lengua que pareciera no tener a su disposición ningún tipo de apoyo. Para certificar lo contrario ahí están la maquinaria del Estado, el sistema educativo, un sinfín de rancias instituciones, el grueso de los medios de comunicación, buena parte de la jerarquía de la Iglesia católica, el respaldo de intelectuales de prestigio y, en fin, las propias fuerzas armadas. Por si poco fuere, y a tono con los tiempos, el manifiesto que nos interesa recaba para sus promotores la doble condición de luchadores por los derechos humanos y de defensores de los desheredados. Pena es que, por muchos esfuerzos que se hagan, el texto no acierte a ocultar la defensa obscena de privilegios tan impuestos como asentados, y la ritual demonización, también a tono con los tiempos, de quienes disienten, paradójicamente tildados, a menudo, de fascistas y totalitarios. Que semejante campaña sea atizada, en suma, desde medios de comunicación y cenáculos de la derecha más montaraz dice mucho de su sentido más profundo.

Firmantes:

Carlos Fernández Liria
profesor de Filosofía UCM

Montserrat Galcerán
catedrática de Filosofía, UCM

Pedro Ibarra
catedrático de Ciencias Políticas, UPV

Juan Carlos Moreno Cabrera
catedrático de Lingüística, UAM

Arcadi Oliveres
profesor de Ciencias Políticas, UAB

Jaime Pastor
profesor de Ciencias Políticas, UNED

Carlos Taibo
profesor de Ciencias Políticas, UAM
MANIFIESTO A FAVOR DEL PLURILINGÜISMO
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 21-07-2008 02:40
# Ligazón permanente a este artigo
"A lingua común"
Artigo de Carlos Aymerich

Sempre han procurar palabras e conceitos aparentemente incontestábeis. A invasión do Iraque tivo por nome oficial ?liberdade duradoira? (e non ?agresión e ocupación militar para a explotación dos recursos petrolíferos?) e xustificouse na liberación do pobo iraquiano, obxectivo, obviamente, non logrado. Quizais porque nunca tal se pretendera.

Do mesmo xeito asociacións que alentan o odio lingüístico fanno en nome da ?liberdade? entanto que persoas que colectivos que perseguen abertamente a imposición do español como ?lingua común? asinan manifestos nos que este seu afán lexitímase en nome da defensa dos dereitos individuais porque ?son os cidadáns quen teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin muito menos as linguas mesmas?. Afirmación, por certo, axiña contradita ao defenderen os asinantes do tal manifesto a asimetría de que só o español ?goce do deber constitucional de ser coñecido e da presunción consecuente de que todos o coñecen?. Daquela, o español si goza de dereitos (co seu correlato de deberes para os cidadáns) que se lle negan ao galego, ao euskera ou ao catalán. U-la igualdade?

Nada novo. O imperialismo sempre tentou disfarzarse coas roupaxes do universalismo. A explotación doutros pobos véstese de civilización e luita contra o escurantismo, consonte unha visión xerárquica dos pobos, das culturas, das linguas e, ao cabo, das persoas que nos condea á guerra perpetua. Os nacionalistas non negamos os dereitos de ninguén nin nos afirmamos como superiores aos demais. Traballamos para que o noso pobo teña, en igualdade cos demais, o dereito determinarse libremente e para que a nosa lingua conte cos espazos de normalidade dos que xa goza, mesmo na Galiza, o español. E tanto pedir?
"A lingua común", artigo de Carlos Aymerich
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 17-07-2008 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Presentan un catamarán semilleiro para o preengorde de moluscos
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Presentan un catamarán semilleiro para o preengorde de moluscos
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 17-07-2008 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
O patrimonio marítimo do país está vivo máis aló do folclore
Brest '08

Moitas das embarcacións tradicionais que foron a Brest aínda se empregan para a pesca.


Clara Figueroa - 09:00 15/07/2008


"O noso obxectivo, como o das outras asociacións, non é conservar un patrimonio morto ou inerte; todo o contrario, trátase dun ben vivo". Fernando Piñeiro, presidente da Federación galega pola cultura marítima e fluvial (FGCMF) explica no vídeo promocional de Galiza realizado polos bretóns que non se trata de preservar unha tradición morta hai séculos, senón que a cultura da pesca tradicional en Galiza está viva posto que nunca desapareceu. "Organizamos competicións deportivas, regatas e distintas manifestacións culturais, pero sempre cunha orientación viva e non folclórica".

A FGCMF está composta actualmente por 38 asociacións que, como explican eles mesmos, nunca tivo unha visión nin saudosista nin folclórica do mundo dos mares e dos ríos, senón que sempre os quixo vivos e produtivos. Nunca se pretendeu cantar uns mares e ríos fecundos que xa son historia, senón que nos seus encontros bianuais e nos encontros particulares de cada asociación, nas diversas campañas (é o caso da desenvolvida en 1996 a prol da carpintaría de ribeira), nas publicacións e nas exposicións, a FGCMF trata de valorizar a herdanza recibida para lle engadir novas e frutíferas achegas, sempre en contacto coas xentes do mar.

Gamela no Museo do Mar

O Museo do mar de Galiza, en Vigo, ofrece un paseo pola historia da pesca en Galiza dende o século XVI até os nosos días, a evolución do sector en medios e métodos, das especies máis representativas, dos sistemas de extracción, artes de pesca, embarcacións e técnicas de conservación e comercialización do noso país. O museo escolleu amosar aos visitantes o mar como fonte de recursos. Un mar concibido e presentado como patrimonio de vida e de riqueza, que ha ser mellor coñecido, preservado e entendido.

O seu director nos amosa unha das pezas que conforman a exposición sobre embarcacións tradicionais pesqueiras, a gamela de Jorge o pescador. Este mariñeiro pertence á asociación cultural viguesa Gameleiros, cuxo obxectivo é tratar de frear na medida do posíbel a redución da actual flota de gamelas coruxeiras, tentando consolida-la súa presencia nas praias da localidade á cal xustamente lle deben a súa denominación, por ser os mariñeiros de Coruxo, conxuntamente cos seus carpinteiros de ribeira, os que desenvolveron o actual deseño, e que se extendeu despois por toda a Ría. Jorge emprega a súa gamela para pescar na ría de Vigo entre primavera e outono. En inverno, cando non pode saír con ela, cédea ao patrimonio do Museo do mar. O seu director explica que se trata "dun patrimonio vivente por completo, posto que aínda que tamén emprega a súa gamela para o tempo de lecer, principalmente sae con ela a pescar".

Ver vídeo na páxina de Vieiros, abaixo.
O patrimonio marítimo do país está vivo máis aló do folclore
Comentarios (1) - Categoría: Cultura - Publicado o 15-07-2008 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
"Só quería deixar un recordo do meu paso polo mundo"
ASUNCIÓN ANTELO, ARTISTA

Aos seus 89 anos e coñecida como a Rexubeira de Bergantiños, Asunción Antelo, creou o seu propio museo e escribiu dous libros.


Isabel G. Couso - 09:00 14/07/2008


Allea aos circuítos culturais máis clásicos e alonxada do epicentro da creación literaria e artística, nunha aldea de Coristanco, vive Asunción Antelo, unha artista, unha creadora, que conquista tan só coa mirada. Ten un ollar limpo, mediado polos amplos e densos cristais duns lentes que acomoda no seu xesto para lernos unha das súas composicións: 'Bergantiños, boa terra,fermosa como un rosal, nela naceu Alfredo Brañas e Eduardo Pondal (...)'

De Pondal, de Alexandre Bóveda, Castelao ou Rosalía falan algunhas das súas composicións, uns personaxes -di- que coñeceu 'máis que nada, polos xornais'. Iso si, aos seus 89 anos demostra unha afección envexable á lectura, gústalle ler á autora de 'Cantares Gallegos', a quen leva no seu chaveiro, tamén a Neira Vilas e a un bo número de autores que engrosan o seu armario no que "xa non collen máis". O tempo respectou a afección de Asunción, quen agradece estar tan ben da vista, malia que fose perdendo o oído.

O interese pola lectura, sen embargo, chegoulle tarde. Ou máis ben veuse interrompido polas obrigas, que foron moitas, nunha vida chea de traballos, os da labranza, os da casa, os dunha muller única entre irmáns. E precisamente a marcha dos homes para a guerra fixo que se afeccionase á escritura, polas misivas que lle enviaba a seus irmáns ao fronte, o que fixo que se practicase nunha disciplina que aprendera naqueles tres meses de inverno que podía ir a escola. Agora ten mellores cousas das que escribir, de Bergantiños, das cousas que pasaban antes na parroquia, dos costumes que se foron perdendo... E xa leva dous libros, un de poesía e unha novela.

'A terriña nin a deixei nin a deixaría nunca'
Asunción Antelo é, ante todo, unha artista, pero unha artista apegada á terra. Na aldea de Segufe, parroquia de Seavia (Coristanco), é coñecida por todos e calquera veciño está disposto a amosar ao visitante onde queda o seu museo. Querida por todos e alcumada como "a rexubeira de Bergantiños", Asunción devolve o cariño coa súa obra e coas súas palabras: 'á terra eu sempre lle quixen, á terra e a súa xente, que foi onde eu me criei.

En 1971 decidiu abrir o seu museo, ante todo porque 'fillos non tiven, e acordoume facer algo para que se saiba que pasei por este mundo'. Non cabe dúbida que o conseguiu, xa que a súa casa recibe as visitas de moitos curiosos que a felicitan polo seu traballo, cousa que non entende porque, segundo di, 'estas cousas fainas calquera, non ten dificultade ningunha'. Alí podemos atopar tallas de madeira, figuras feitas con raíces de árbores, bancos, reloxos, retratos escultóricos, maquetas de pedra de muíños de auga... unha ecléctica mostra dun quefacer ao que -di- non a ensinou ninguén. Mesmo chegou a vender algunhas das súas obras, mais agora di que 'non quere ser egoísta dos cartos e non quere quedar sen as cousas', polo que decidiu non vender máis.

Asunción lamenta non ter tido máis posibilidades de estudar, xa que agora 'o que non aprende é porque non quere' e decidiu deixar xa de esculpir tallas e de escribir. Primeiro porque xa non ten sitio onde meter máis obras e, segundo, porque xa cumpriu o seu soño: 'eu xa non quero facer máis nada, unicamente o meu testamento', di con retranca, 'eu xa deixo o meu recordo'.

(A entrevista na páxina de Vieiros inclúe un vídeo)
Comentarios (1) - Categoría: persoeiros - Publicado o 15-07-2008 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0