boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aparellos electrónicos en galego
Os aparatos electrónicos preséntanse pensados para que goces do teu tempo libre, para que te comuniques ou para che facilitar as cousas no día a día.

Se queres estar no mundo en galego ou se che gusta dispor do noso idioma na máis avanzada tecnoloxía, debes saber que existen modelos que o incorporan nos seus menús... E os que non, tamén podes solicitarlles aos fabricantes que o inclúan!

Os primeiros móbiles

Os terminais móbiles xa non son só para falar; empregámolos para tirar fotografías, para gravar vídeos ou para escoitar música (algúns ao mesmo tempo!).

Un dos primeiros móbiles en galego que saíu ao mercado, froito dun acordo da Secretaría Xeral de Política Lingüística con Movistar, foi o Grundig G402i, que tiña a opción do idioma galego nos menús e incorporaba ademais un dicionario preditivo T9 para enviar mensaxes curtas (SMS) facilmente na nosa lingua. Este dicionario tamén o incorporou o Grundig G410i.

Alcatel

O fabricante que adoita sacar ao mercado case todos os modelos en galego é Alcatel. Iso significa que todo o menú e todas as opcións do terminal están traducidos ao noso idioma. Desde o seu Departamento de Márketing explican que entre os terminais que fabricaron nos tres últimos meses atopamos en galego o OT-C701, o OT-C707, o OT-E221 ou o Alcatel Mandarina Duck.

Estes terminais non son exclusivos polo de agora dun distribuidor, senón que se poderían atopar en calquera tenda de telefonía móbil ou a través de calquera operador. Non é o caso do Alcatel Glamphone Elle, que de momento só se comercializa con Mediamarkt.

Nokia, en galego con R

A chegada dos novos operadores móbiles está axudando a que o galego colla pulo na telefonía móbil. Un deles, Móbil R, indica que antes do verán de 2008 R ofrecerá terminais móbiles co menú en galego. "Os terminais serán de última xeración e con todas as funcionalidades. Os modelos están por determinar, xa que aínda se están pechando os acordos cos fabricantes dos terminais", explican desde R. Así e todo, adiantan que ?con case toda seguridade, seremos o primeiro operador móbil que ofrecerá un móbil Nokia en galego?.

Ademais, o operador galego R "achega para estes terminais o desenvolvemento de todos os seus servizos en galego, correo R, menú wap, menú SIM, etc.".

Eroski Móvil

Outro dos operadores móbiles virtuais (OMV) que contribúe á visibilización dos termanais en galego é Eroski Móvil. Ademais de realizar a súa campaña promocional na nosa lingua, explican que "estamos pensando en realizar algunha promoción de cara ao verán para os clientes que queiran cambiar para un teléfono co menú en galego". Consideran que posiblemente hai un "descoñecemento do consumidor desta opción", polo que van informar os seus clientes de que nestes dispoñen dun Alcatel 201 en galego.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xa tivo conversas cos principais operadores para promover accións conxuntas cos fabricantes de terminais e, deste xeito, incorporar unha maior presenxa do galego aos menús e servizos.

Terminais fixos

Terminais fixos con menú en galegoPara os que queiran un teléfono fixo na súa casa en galego, existe o LG-Nortel GT-7168 que non precisa de cables para falar, dispón de pantalla LCD de 65.000 cores, lector de tarxeta SIM e axenda de 200 nomes e números. No mercado tamén se pode atopar un modelo de SPC Telecom que ademais é ecolóxico, xa que rebaixa a radiación máis do 95%.

A empresa Telefónica tamén ofrece teléfonos fixos na nosa lingua. Por unha banda está o Domo2, e pola outra o Domo2 Adicional, un teléfono sen fíos que non precisa de conexión á rede telefónica, xa que funciona conectado á corrente eléctrica.

MP3 e MP4

Un dos fabricantes de reprodutores MP3 e MP4 con máis sona que fabrica aparellos que incorporan a opción do noso idioma é Blu:Sens. Desde a firma galega sinalan que os modelos de MP3 P15 e P16, xunto cos de MP4 1017, 1018, 1027 e 1028 teñen configurado o galego.

Ademais, explican que "actualmente existen algunhas actualizacións de firmware que permiten incorporar o menú galego a modelos que non o traen de serie e estase a traballar na ampliación da listaxe tanto a outros MP4 e DVD, como a todos os produtos en xeral".

No mercado tamén podemos atopar outras marcas con reprodutores de música, coma SPC Internet, que dispón dos MP4 0359 e 0357 de 1GB, ou do modelo 0365 de 2GB. Meizu, pola súa banda, ofrece o M6 Mini Player de 4GB.

DVD

Neste caso, Blu:Sens tamén dispón de diferentes modelos de reprodutores de DVD e DivX co menú en galego, como son o 3002 e o 3005. Tamén dispoñen desta opción o G60, xunto cos Ascomtec Blusens H25-3005 e DVD-3004 DivX.

A marca ofrece tamén gravadores de imaxe como o DVD-5111, cun disco duro interno de 80 ou de 160 GB, segundo o modelo.

Sintonizadores da TDT

Como o apagón analóxico vai ter lugar a comezos do 2010, se cadra é bo facermos un repaso por todos os decodificadores da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que hai no mercado coas opcións en galego. Unha das marcas que ofrece no noso idioma os seus sintonizadores é o fabricante JVC. Un dos seus modelos, o KV-DT2000, é un sintonizador para o automóbil, con guía electrónica de programación e teletexto.

Sen irmos tan lonxe, para a nosa casa temos o Probasic TDT1018, coa posibilidade de coller máis de 1.000 canles. Boas prestacións tamén ofrece o sintonizador TDT Sanyo TU-ED1 e o TDT 705 ES de Vivanco.

E para os máis avanzados está o gravador MPEG4 con TDT Blu:Sens G70 con disco duro de 250 GB, sintonizador TDT, WiFi e conexión HDMI.

Avisador de radares

Para o final deixamos o máis curioso dos produtos, o Angel Driver 100. Trátase dun dispositivo GPS que permite coñecer con exactitude os radares dos que informa a Dirección Xeral de Tráfico, tanto da cidade como das estradas, das autoestradas e das autovías. Ademais, avisa o condutor dos tramos de velocidade controlada, indicando a velocidade á que se circula e a máxima que
permite a vía na que se atopa.

Máis información:

O galego nas novas tecnoloxías

Infórmate en galego de todas as novidades tecnolóxicas en Código Cero e Trebellos.
Aparellos electrónicos en galego
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 24-02-2008 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Moncho Valcarce
Curtametraxe documental sobre Moncho Valcarce. Realizado por alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña en 1998.
Comentarios (1) - Categoría: relixión - Publicado o 24-02-2008 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrán Adriá califica os produtos do mar de Galiza como "os mellores do mundo"
Forum 2008

E. P. Augura cambios "brutais" na hostalería debido ao esforzo "inhumano" no que un cociñeiro desempeña o seu labor profesional
18.02.2008 | 18:18

O recoñecido cociñeiro catalán Ferran Adriá enxalzou hoxe a calidade dos alimentos galegos e cualificou os "produtos do mar" da comunidade autónoma como os "mellores do mundo".

O chef catalán, que participa no Fórum Gastronómico 2008 que se celebra en Santiago de Compostela ata o mércores, recoñeceu que Galicia dispón dunha "gran" materia prima en alimentos de mar. "Só me quedaba por comprobar os produtos de Xapón. Tras estar no país asiático, estou en disposición de asegurar que Galicia ten os mellores produtos de mar", concluíu.

Adriá non esqueceu referirse a Cataluña e chanceou con que as augas da comunidade autónoma "tamén" son "ricas" en produtos marítimos. Así, argumentou que os pratos que se cociñan no seu restaurante, O Bulli, están elaborados con materia prima de Cataluña e o "50 por cento" de produtos galegos.

Ata nos EEUU

O cociñeiro, que participou na configuración do menú da voda dos Príncipes de Asturias, admitiu que promocionar unha zona pola súa gastronomía constitúe unha tarefa "moi difícil" porque esixe competir con diferentes nacións repartidos todo o planeta. "O mundo é moi grande e iso complica a promoción das cidades pola súa comida", asegurou.

Por iso, destacou o labor feito por determinados sectores na difusión da cultura gastronómica e referiuse ao documental sobre os percebes e percebeiros galegos, que se está emitindo nos Estados Unidos. Adriá considerou que é un feito "importante" que outros países adquiran coñecementos sobre a gastronomía española, e en particular, a galega.

Educación gastronomica

Neste sentido, Adriá lamentou que parte da sociedade móstrese reticente a comer produtos de calidade por ter un sabor diferente ao común, unha calidade que precisamente certifica a calidade do produto. "Hai quen non come percebes porque saben demasiado a sal. A ver como se lle explica a alguén que non sabe que ese sabor é o que dota ao alimento de calidade", reflexionou.

Por iso, o chef defendeu a necesidade de "educar" á sociedade en aspectos culinarios e apostou por introducir "aos poucos" a vertente cultural da gastronomía entre a cidadanía. Segundo o cociñeiro, ata nos nosos días a cociña como cultura se ve rara". Chanceando, retou aos xornalistas a ver que pasaría se pedisen aos xefes dos medios de comunicación incluír eventos gastronómicos na sección de cultura.
Ferrán Adriá califica os produtos do mar de Galiza como "os mellores do mundo"
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 20-02-2008 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Separatistas
MANUEL RIVAS 16/02/2008

A idea da escola catalá en Madrid, proposta por Esperanza Aguirre, soou como un ledo axóuxere informativo. Días antes, con todo, a proposta de Manuel Chaves de incorporar galego, eúscaro e catalán ás escolas oficiais de idiomas de Andalucía foi seguida dun linchamento mediático. As linguas, tan eróticas elas, tan dadas á concupiscencia, bisexuais, desexando bocas, pertencen á órbita de Venus, pero adoitan caer ao servizo de Marte. O noso maior partido conservador lanzou a proposta de segregar aos nenos en Cataluña, no ensino, segundo opten por estudar en castelán ou en catalán. É unha curiosa alternativa radical. Extremista. E sobre todo, separatista. Ignoro se esta disposición de segregacionismo limitaríase a Cataluña ou se faría extensiva a toda España, xa que o programa conservador propugna un bilingüismo inglés-castelán. Unha cousa é ser políglotas e outra trogloditas. Así, segundo o separatista conselleiro de Educación valenciano, o catalán é un "idioma estranxeiro", que ameaza con garras imperiais ao vernáculo inglés, en franca regresión. Rajoy, que é dúas veces conservador, por política e por profesión, a de rexistrador da propiedade, debería tomarse máis en serio a conservación de todas as linguas españolas. E é o que faría se fose galego de Suíza. Non son os idiomas valiosas propiedades? E se imos plantar 500 millóns de árbores, como non mimar eses bosques centenarios das palabras? Ese cultivo non é contraditorio, senón ao contrario, coa aprendizaxe do inglés, a ferramenta do global e que tivo a súa orixe nunhas pobres tribos de sajones emigrantes. Linguas aparte, o problema é a obsesión para separar aos nenos desde que nacen. Como sexa, hai que separalos. Por clase social. Por relixión. Por sexo. Por procedencia. Polo iris dos ollos. Veñen os nenos ao mundo e aí están os adultos á espreita para marcalos amorosamente a lume.
Separatistas
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 17-02-2008 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
Discurso de agradecemento de Xabier P. Docampo

Discurso de agradecemento de Xabier P. Docampo from Martin Pawley on Vimeo.

A partir do minuto 3:18 "...Pero tamén sabedes que eu escribo para os rapaces máis novos, eu escribo para vos, para dicirvos que non permitades nunca que vos rouben o país, que de verdade, que vos están roubando este país. E quero dicirvos a vos, aos rapaces, que si, con dulzura, con educación, sen faltarlle o respecto ao teu pai ou a túa nai, dille: Non me roubes o país. Non me roube-la lingua. Suma!, non restes, eu non vou ser mellor se algo que podía ter non o teño, serei mellor se algo que podía ter o teño, mo dás.
E os pais e as nais, por favor, aproveitar este momento para dicirvos unha cousa: Aínda estamos todos a tempo de que os nosos fillos non nos boten en cara un día, eu tiña unha lingua e ti roubáchesma, ti impediches que chegase a min, porque de verdade eu estou totalmente convendido de que isto é así. O día que perdámo-la lingua, non somos ninguén, ou somos iso, ese fuco, un ninguén.
Aquí, a lingua nun só, é o noso escudo como dicía Cabanillas. É aquelo que nos representa, que de verdade, a lingua é a nosa casa, é a nosa patria. A lingua é a patria do ser humano, instalémonos na nosa casa, na nosa patria. Quero aproveitar este momento no que non vos queda máis remedio que escoitarme para dicir isto, de verdade, para facer un canto ao que non é nen nada máis nen nada menos que para min o meu instrumento de traballo, pero para min é o meu conforto espiritual, para min é onde habito, onde me sinto a gusto.
Teño dúas casas, a lingua e María Jesús e estou moi contento con elas dúas."

Homenaxe a Xabier P.Docampo na blogue "Dias Estranhos": 1,2,3.
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 13-02-2008 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Angola: José Eduardo Agualusa defende ortografia brasileira
O escritor angolano, José Eduardo Agualusa, defende, em crónica hoje divulgada pelo semanário A Capital, de Luanda, que Angola «deve optar pela ortografia brasileira», caso o Acordo Ortográfico não venha a ser aplicado por «resistência» de Portugal.

Para esta tomada de posição de um dos mais respeitados escritores angolanos e lusófonos, José Eduardo Agualusa avança como justificação o facto de Angola ser um pais independente, nada dever a Portugal e o Brasil ter 180 milhões de habitantes e produzir muito mais títulos e a preços mais baratos do que Portugal.

Agualusa diz ainda, na crónica que publica regularmente n´A Capital, que Angola «tem mais a ganhar com a existência de uma ortografia única do que Portugal ou o Brasil», porque o país não produz livros mas precisa «desesperadamente deles».

O Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa foi alcançado em 1991 e assinado por todos os países da CPLP, sendo imediatamente ratificado pelo Brasil, Cabo Verde e Portugal.

Em 2004, em S. Tomé e Príncipe, foi acordado um Protocolo Modificativo, segundo o qual bastava este ser ratificado por três Estados para entrar imediatamente em vigor.

Este Protocolo Modificativo foi assinado por todos os países lusófonos, mas apenas ratificado inicialmente pelo Brasil e Cabo Verde.

Em Agosto do ano passado foi ratificado também por S. Tomé, «passando juridicamente a entrar em vigor».

Sobre a situação em Angola, a análise do documento para ratificação está entregue aos ministérios das Relações Exteriores e da Educação e, segundo fonte próxima do processo contactada pela Lusa em finais de 2007, o governo angolano está a «desencadear mecanismos internos» para a sua conclusão.

O último passo será dado quando o processo passar pela aprovação do Conselho de Ministros e da Assembleia Nacional.

«Os Estados foram notificados para se pronunciarem sobre o assunto e nós estamos a desencadear mecanismos internos para saber como estão as coisas», acrescentou a fonte.

De acordo com a fonte contactada pela Lusa, existe uma «preocupação» de todos os estados lusófonos para resolver a questão, na medida em que há actualmente «uma fala e duas escritas».

Para o governo angolano, o Acordo Ortográfico ainda não foi assinado porque «caiu no esquecimento», considerando a fonte que «agora é importante voltar a analisá-lo para lhe dar seguimento».

Entretanto, em Portugal está em preparação a ratificação do Protocolo Modificativo ao acordo, embora sujeito a uma reserva de 10 anos, conforme anunciou recentemente a ex-ministra da Cultura, Isabel Pires de Lima.

A posição do governo português, anunciada pela então ministra, é que «juridicamente o Acordo Ortográfico, assinado e ratificado por Portugal em 1991, está em vigor».

Todavia, invocou razões de ordem científica e empresarial para pedir 10 anos de reserva para «avaliar com a sociedade civil» a sua implementação.

Ainda no referido texto do escritor José Eduardo Agualusa, este defende que a educação das populações angolanas e o desenvolvimento do país depende da importação, nos próximos anos, de milhões de livros.

E defende que as autoridades angolanas devem criar «rapidamente legislação» que permita e facilite a entrada de produtos culturais e, «em particular», de livros, no país.

Agualusa aponta ainda como razões para a demora na activação do acordo a «confusão» entre ortografia, as regras de escrita e linguagem, resumindo que o acordo tem por objectivo a existência de «uma única ortografia» no espaço de língua portuguesa, sendo «absurdo» pensar-se em unificar as diferentes variantes da «nossa» língua.

O autor aponta ainda o dedo a um «enraizado sentimento imperial» de Portugal em relação à língua para o protelamento de uma decisão.

E, contrariando esta possibilidade, diz que a História nega este sentimento porque «a língua portuguesa formou-se fora do espaço geográfico onde se situa Portugal - na Galiza».

«Por outro lado, a língua portuguesa tem sido sempre, ao longo dos séculos, uma criação colectiva de portugueses, africanos, brasileiros e povos asiáticos», aponta.

NME.

Diário Digital / Lusa

10-02-2008 17:00:00
Angola: José Eduardo Agualusa defende ortografia brasileira
Comentarios (1) - Categoría: reintegracionismo, o galego internacional - Publicado o 13-02-2008 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa
MUDANÇAS NA ORTOGRAFIA DA LÍNGUA PORTUGUESA - A PARTIR DE JANEIRO 2008: UM RESUMO E LOGO A SEGUIR A ÍNTEGRA DO ACORDO

A partir de janeiro de 2008, Brasil, Portugal e os países da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa - Angola, Brasil, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique, Portugal, São Tomé e Príncipe e Timor Leste - terão a ortografia unificada.

O português é a terceira língua ocidental mais falada, após o inglês e o espanhol. A ocorrência de ter duas ortografias atrapalha a divulgação do idioma e a sua prática em eventos internacionais. Sua unificação, no entanto, facilitará a definição de critérios para exames e certificados para estrangeiros. Com as modificações propostas no acordo, calcula-se que 1,6% do vocabulário de Portugal seja modificado.

No Brasil, a mudança será bem menor: 0,45% das palavras terão a escrita alterada. Mas apesar das mudanças ortográficas, serão conservadas as pronúncias típicas de cada país
Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa
Comentarios (1) - Categoría: reintegracionismo, o galego internacional - Publicado o 13-02-2008 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Perto de 50 municipios de Asturias e Castela-León permanecen no área lingüística galega, cuns 75.000 'galegofalantes' reais
Un estudo alerta da "desprotección lingüística" destes cidadáns


O denominado 'galego estremeiro' non está en vías de desaparición nin moito menos. Perto de 50 municipios das comunidades de Asturias e Castela-León permanecen no área lingüística galega, onde os expertos sitúan a uns 75.000 'galegofalantes' reais e sobre 150.000 persoas que poderían utilizar a lingua galega potencialmente.

Así confírmao o estudo 'Dereitos Lingüísticos na Faixa Oriental', elaborado polo avogado Carlos Bello Stout, gañador do certame 'Dereitos Civís en Galicia" convocado o pasado ano pola Xunta e o colectivo 'Movemento pola Defensa dous Dereitos Civís'.

Bello Stout realiza unha demarcación sociolingüística do que denomina "dialecto oriental do galego" e debuxa unha faixa que se estende de sur a norte "dentro e fóra" dos límites administrativos da comunidade galega, desde Calabor (Zamora) ata Ribadeo (Lugo). Nela, sitúa a 75.000 persoas que falan galego, aínda que a porcentaxe de uso do idioma difiere considerabelmente dunhas áreas a outras.

A modo de exemplo, o investigador apunta que as cidades de Ponferrada ou Vilafranca rexistran un índice de 'galegofalantes' "moi inferior" ao doutros núcleos rurais como Lubián ou Ponte de Domingos Flórez, aínda que probablemente "sexa porcentualmente equiparable" ao de lugares como A Coruña e O Barco de Valdeorras. Ademais, sinala que estas localidades contan tamén cun "reducido" número de "neofalantes".

Superando a análise sociolóxico e lingüístico, o informe alerta da situación de "desprotección" en materia de dereitos lingüísticos coa que conviven os cidadáns que conforman o colectivo que habita as áreas galegófonas e a preocupación diante do feito de que esta situación non provoque "unha resposta reivindicativa máis enérxica por parte dous sectores sociais máis comprometidos dá sociedade galega".

Bello Stout asegura que, no mellor dos casos, os 'galegofalantes' que viven máis alá das fronteiras galegas reciben das súas respectivas Administracións un "mero respecto pasivo e indolente" á súa opción lingüística, pero sen chegar a adoptar un "comportamento activo", con súas consecuentes "medidas" para protexer o galego e aos seus falantes. Na súa opinión, "ou réxime de protección non abonda" e a comunidade lingüística galega "non acadará un estatus minimamente aceptable ata que toda ela poda desenvolverse un réxime de oficialidade".
Perto de 50 municipios de Asturias e Castela-León permanecen no área lingüística galega, cuns 75.000
Comentarios (1) - Categoría: Galiza estremeira - Publicado o 13-02-2008 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
A gandaría de hoxe
A gandería Seixo vén de gañar o premio Aresa pola súa diversificación. Leite, queixos(a 1ª crema de queixo Arzúa Ulloa) e patos. Labranza, TVG

A Casa Grande de Xanceda, a unión do tradicional e do ecolóxico. Segunda produtora de leite ecolóxico do Estado, e unha das poucas que fabrica iogures cremosos 100% naturais. Reportaxe en Vieiros, tamén con vídeo.
Comentarios (1) - Categoría: rural no futuro - Publicado o 10-02-2008 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Ramiro Fonte, coruñés, director do Cervantes de Lisboa
?Vivía a só 20 quilómetros de Portugal e cría que coñecía ben este país, pero desde que cheguei a Lisboa deime conta do meu erro, vin que non era certo. As elites portuguesas senten próximas intelectualmente aos galegos, porque saben que a súa lingua é común e por iso danche un aval. O centro de Lisboa é dos máis importantes do Cervantes e esta familiaridad fíxome sentir cómodo desde o principio.
Tres siglos gallegos de Lisboa
Comentarios (1) - Categoría: reintegracionismo, o galego internacional - Publicado o 10-02-2008 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0