boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O galego fóra das nosas fronteiras
CONCERTO

Os cativos de Lubián (Zamora) poderán gozar con música en directo na súa lingua propia
JUAN FLORIANI . COMPOSTELA

O grupo de música infantil en galego Mamá Cabra ofrecerá hoxe ás doce e media da mañá un concerto na Casa do Pobo do Concello de Lubián (Zamora), organizado pola Fundación Via Galego e o Concello de Lubián coa colaboración da Vicepresidencia da Xunta de Galiza. O obxectivo da actuación, aberta a todo o público, é achegarlle aos cativos da bisbarra das Portelas, onde se calcula que o 90 por cento da poboación fala en galego, a oportunidade de escoitar música en directo na súa lingua.

Ademais de en Lubián, na provincia de Zamora fálase en galego nos concellos de Hermisende, As Pías e na pedanía de Calabor. A pesar de que a lingua tiña xa recoñecemento no Estatuto de Autonomía de Castela e León do 1999 e continúa a telo no novo Estatuto do 2007, o único beneficio de que goza o galego nesta comunidade é a súa simbólica introdución escolar e certa vitalidade cultural e reivindicativa. Está totalmente excluído ­doutros eidos de uso, como o da Administración (a pesar dos esforzos realizados polo Concello de Lubián) ou o dos medios de comunicación. Unha mostra de que a situación non é fácil para a cultura da zona é que na escola de Lubián, até hai un ano, os nenos e as nenas tiñan prohibido falar en galego.

Un dos obxectivos da Fundación Via Galego, creada no ano 2006 e auspiciada pola Mesa pola Normalización Lingüística, é apoiar as organizacións e colectivos que traballan pola normalización do galego alí onde se fala historicamente fóra das fronteiras de Galiza.
DATOS

Sons para os máis pequenos

O grupo Mamá Cabra é recoñecido pola súa música viva e chea de ledicia, ademais de polo espectáculo activo e atractivo para os máis pequenos. Basean o seu espectaculo no xogo e no baile tentando que sexa o máis participativo posibel para os cativos.
O galego fóra das nosas fronteiras
Comentarios (1) - Categoría: Galiza estremeira - Publicado o 29-12-2007 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
"Deixa que o viño fale"


A campaña "Deixa que o viño fale" promoverá a galeguización das etiquetas dos viños con denominación de orixe

* A Consellaría do Medio Rural, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística emprenderán a campaña ?Deixa que o viño fale? destinada á promoción do idioma galego no sector empresarial vitivinícola.
* Unha guía recollerá información promocional daquelas adegas que etiquetan en galego e será distribuída en institucións, públicas e privadas, e restaurantes. Ademais, desenvolveranse actuacións divulgativas, a través dos medios de comunicación, para incidir no consumo dos viños etiquetados en galego.


Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2007.- O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, a secretaria xeral de Política Lingüística, María Sol López, e o presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, Xoaquín Monteagudo Romero, asinaron un convenio de colaboración para a realización da campaña ?Deixa que o viño fale? destinada a promocionar a etiquetaxe do viño en lingua galega.

Suárez Canal sinalou que ?dende a Consellaría do Medio Rural dámoslle alento a iniciativas en defensa do idioma, como as que desenvolve a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, dinamizadoras do proceso normalizador que, de seguro, han servir para fomentar o uso do galego en todos os ámbitos sociais e para dar a coñecer os nosos produtos na nosa lingua?. ?Designar os produtos elaborados na terra cos nomes propios do noso idioma contribúe tamén a xerar riqueza, xa que cando a iniciativa empresarial vai da man da cultura propia e incardinada na posta en valor dos nosos produtos ten asegurado o seu recoñecemento polo seu compromiso adquirido co País?, destacou o conselleiro.

Pola súa banda, Marisol López salientou que ?para a Secretaría Xeral de Política Lingüística este convenio constitúe un paso máis na concepción transversal da súa actividade. É bo que sexan os empresarios os que mostren que a lingua galega é rendible; e é unha obriga da Administración pública fomentar esta progresiva galeguización do ámbito comercial?. ?Supón un orgullo para min presentar estas iniciativas nun marco de colaboración e de unión de esforzos. É unha garantía de éxito e de avances sólidos para a lingua galega?, dixo a secretaria xeral.

Campaña ?Deixa que o viño fale?
Froito deste convenio, a Asociación de Funcionarios comprométese a desenvolver o deseño e posta en marcha da campaña baixo o lema ?Deixa que o viño fale? coa finalidade de crear un clima favorable ao uso da lingua galega na etiquetaxe dos viños galegos, ademais de diversas actividades dirixidas a sensibilizar os adegueiros que aínda non etiquetan en galego. Editarán tamén unha guía que recolla todas as adegas que etiquetan en galego para a súa distribución gratuíta a institucións, públicas e privadas, e restaurantes do país e desenvolverán actuacións para difusión e promoción da campaña, a través dos medios de comunicación, co obxectivo de incentivar o consumo dos viños galegos etiquetados en galego.

O orzamento das actividades previstas no convenio asinado é de 75.000 euros, importe que será sufragado coas achegas de 35.000 euros do Medio Rural, 35.000 euros de Política Lingüística e 5.000 euros da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.

A campaña incidirá sobre as 440 adegas existentes nas cinco denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Monterrei e Valdeorras) coa finalidade de provocar a galeguización total deste sector empresarial que xa demostrou a súa sensibilidade na campaña dos anos 2004/2005 e que deu lugar ao libro ?Palabras da Terra. Galeguizar Galicia?. Naquel momento, a porcentaxe de empresas galeguizadas era do 13,18 % (58 adegas), actualmente pódese comprobar que chegan ao 26,5%, é dicir, 115 adegas etiquetan en galego o que dá unha visión real do compromiso e aceptación da mensaxe galeguizadora dentro deste importante sector empresarial, e chegouse incluso a ter a promesa de moitos dos adegueiros de sumárense a esta iniciativa o próximo ano dado que agora mesmo teñen as etiquetas feitas e xa están a envasar a colleita do ano 2006.
"Deixa que o viño fale" promoverá a galeguización das etiquetas dos viños con denominación de orixe
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 26-12-2007 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Sarille: "Vexo unha Galiza cun 10% de galego-falantes"
Afirma non ser pesimista e indica que só pretende elaborar unha radiografia da situación actual da lingua galega. Salienta que nos últimos 30 anos percíbese unha caida continuada no número de falantes do noso idioma, "e non houbo un cambio cualitativo na maneira de tratar a lingua dende a Xunta de Galicia, tampouco percibo na sociedade enerxias para impulsar mutacións sustantivas" apunta Xosé Manuel Sarille, ex presidente da Mesa pola Normalización Lingüistica que ven de publicar o libro "A impostura e a desorientación na normalización lingüistica".

Sarille recoñece que nas pasadas tres décadas "aumentaron as destrezas lingüisticas e medra tamén o prestixio do galego, que cae incluso nunha certa sacralización, pero non se deu recuperado a transmisión espontánea da lingua de pais a fillos".

O profesor de Galego nun Instituto de Santiago de Compostela indica que se parece o momento actual ao da desaparición do latín: "Estúdase cada vez máis nas universidades, pero fálase cada vez menos".

Xosé Manuel Sarille amósase tamén escéptico sobre a posibilidade dunha norma única para todas as variantes do portugués no mundo, como forma de afrontar a globalización: "Penso que o galego precisa unha norma propia e estable, pero no que habería que afondar sería nas relacións culturais, sociais e económicas con Portugal, pero sobor de todo con Brasil, cunha maior potencia demográfica e cunha economia emerxente".

Escoita aquí a entrevista completa realizada en Radiofusión a Xosé Manuel Sarille.

Autor : Henrique Sanfiz Raposo
Sarille: "Vexo unha Galiza cun 10% de galego-falantes"
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 25-12-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
O nadal nas letras galegas (1940-79)
Xesús Alonso Montero

No presente artigo reflexiónase sobre o papel e o desenvolvemento da creación (para)literaria de ámbito privado, presente nas tarxetas de felicitación do nadal de galeguistas e/ou escritores e intelectuais galegos durante a ditadura franquista e os anos inmediatamente posteriores.

Descarga aquí o .pdf
Comentarios (1) - Categoría: literatura galega - Publicado o 25-12-2007 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Os Símbolos de Galicia
O Consello da Cultura Galega pon a disposición dos lectores a descarga dun fragmento desta obra (formato PDF). Editado polo Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega, o libro recolle os traballos de Ramón Villares (Presidente do Consello), Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da Academia Galega), Manuel Ferreiro, Fernando López-Acuña e Eduardo Pardo de Guevara.

Descarga aquí o arquivo
Os Símbolos de Galicia
Comentarios (1) - Categoría: historia - Publicado o 25-12-2007 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
"En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus"
XOSÉ NEIRA VILAS, ESCRITOR
O escritor repasa algúns dos feitos que marcaron a súa vida, na capital arxentina e A Habana e a relación entre Galiza e Cuba, onde o 20 de decembro se celebra o centenario do himno

A vida de Neira Vilas desénvolvese entre tres esquinas do Océano Atlántico: Galiza (Gres), Arxentina (Bos Aires) e Cuba (A Habana). Milleiros de quilómetros entre elas e algunhas décadas de distancia, igualmente, pero un mesmo obxectivo: a difusión da cultura galega. Neira Vilas emigrou a Arxentina en 1949, con 21 anos. Bos Aires nos anos 50 era a primeira cidade de Galicia. Érao en poboación, pois en ningunha outra cidade do mundo vivían máis galegos, e érao a súa alma e vontade de ser galega. A nosa cultura brillaba na outra beira do Atlántico grazas a Seoane, Dieste, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado ou Blanco Amor.

As Mocidades Galeguistas
E grazas ás Mocidades Galeguistas, formadas en 1953, nas que "non só habían galegos e galegas, senón tamén arxentinos, fillos de galegos", comenta Neira, e nas que a defensa da lingua galega era fundamental: "os que ingresasen nas mocidades galeguistas tiñan que saber galego e aprender o himno". Os mozos galeguistas que vivían en Bos Aires nos anos 50 non eran unha multitude, mais eran moi activos. Un exemplo desa actividade foi o reparto polas rúas de milleiros de copias da denuncia que as sociedades galegas realizaran da persecución da que era vítima a nosa lingua na ditadura franquista perante a Asemblea Internacional da Unesco, reunida en Montevideo en 1954.

Con todo, Neira Vilas salienta que estas Mocidades, ao contrario das dos anos trinta, reservaban un espazo para a festa: "os rapaces das Mocidades Galeguistas dos anos trinta eran moi serios todos e Castelao dicíalles: 'que clase de mozos sodes? Non ides ás mozas, ás romarías, sodes vellos realmente, ideoloxicamente moi ben, pero despois non sodes mozos' (...) nós non, nós tiñamos os nosos bailes, as nosas romarías, os nosos mozos e mozas (...) Até unha vez acabamos na comisaría por cantar en galego nun autobús".

Follas Novas, unha iniciativa pioneira
Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda casaron en febreiro de 1957, el con 28 anos e ela con 24. O seu gran proxecto era poñer en marcha unha libraría-editorial para difundir os libros galegos en toda América. Follas Novas inaugurouse o 15 de xullo de 1957, exercendo de "pregoeiro" o xornalista e ex deputado Ramón Suárez Picallo.

Durante catro anos Neira Vilas e Anisia Miranda percorreron as sociedade galegas e as "actividades culturais patrióticas" que se organizaban en B. Aires: "iamos cunha especie de maleta-estante e abríamolo alí e vendiamos libros". Como destacou Luis Seoane "perdendo cartos e recobrando vontades para Galicia". Como lembra Neira Vilas: "faciamos unha relación do que gañaramos ese mes con Follas Novas e exactamente por ese importe enviabamos libros ás bibliotecas públicas arxentinas, para que Galicia estivese representada".

Neira Vilas fala da súa chegada á Habana en 1961 e da relación entre Cuba e Galiza

A revolución cubana
En 1961 a parella marcha para Cuba: "decidimos romper con todo e marchar para A Habana (...) Aos cincuenta ou sesenta anos ao mellor non tomas esa decisión, pero era unha aventura, era armar unha nova sociedade sobre os cascallos da vella". A colectividade galega que atopan en Cuba é moi maior, pois de feito a derradeira vaga de emigración chegara antes de 1932: "Anisia dicíame, cando me coñeceu, que era o primeiro galego novo que coñecía".

Dada a pobre actividade que levaban a cabo naquel momento as sociedades galegas, Neira Vilas dirixiuse ao director do Instituto de Literatura e Lingüística, para propoñerlle a creación dunha sección de Lingua Galega: "díxome que si, pero que me tiña que ocupar eu". A sección, creada en 1969, tivo un labor moi importante: "antes de que existisen estas cátedras de lingua galega que foi creando Política Lingüística, xa nós crearamos cátedras de lingua e literatura galegas en Leipzig e Leningrado (...) En Leipzig había uns cen estudantes de portugués que tiñan o galego como lingua obrigatoria, e uns 470 de español para os que o galego era optativo. E tanto os cen de portugués como todos os de español matriculáronse en lingua galega".

Bandeira, himno e Academia
A relación histórica en Cuba e Galiza é importantísima, e de feito tres dos grandes símbolos da identidade galega: a bandeira, a Academia e o himno, naceron na Habana. A bandeira, en 1904, produto dun erro dalgúns emigrantes galegos, que desexando ter unha enseña que os representase pensaron que a bandeira da Comandancia Marítima da Coruña (a última que viran en Galiza) tiña que ser a galega; Neira Vilas comenta que Murguía deulles o seu visto bo: "mirade, esta é a bandeira da comandancia marítima da Coruña, pero non está mal: adoptádea". A Academia da Lingua, creada en 1906 en Cuba, e sostida economicamente durante anos polas sociedade galegas.

E o himno, do que o vindeiro 20 de decembro cúmprense cen anos dende a súa primeira representación, que tivo lugar nun teatro da Habana. Neira Vilas salienta que o himno de Pondal e Pascual Veiga ben puido ter como autores a Curros e Chané: "había un gran poeta emigrado na Habana e había un gran músico, tamén. Pero pasou o tempo, e un día nunha sobremesa dixo algo Chané e Curros enfadouse porque tiña un xenio así moi irto, e xa non se falaban". Como Neira Vilas, o himno galego tamén foi a saltos polo Océano Atlántico.


Un video da entrevista na ligazón a Vieiros, abaixo.
"En Bos Aires acabamos na comisaría por cantar en galego nun bus"
Comentarios (1) - Categoría: persoeiros - Publicado o 05-12-2007 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
O día que se berrou 'A nosa terra é nosa'
30 ANOS DAS MANIFESTACIÓNS AUTONOMISTAS

O proceso que levou na Transición á construción da nosa autonomía estivo cheo de frustracións. Pero houbo dous días, os 4 de nadal de 1977 e de 1979, nos que centos de milleiros de galegos saíron á rúa
Marcos S. Pérez - 13:15 05/12/2007

O 4 de nadal de 1977 as rúas galegas espertaron contendo o alento. Convócaranse para ese día manifestacións en todo o país, reivindicando a concesión a Galiza dun réxime de autonomía, de preautonomía, semellante ao que xa conqueriran Cataluña ou Euskadi. Aí estaba o exemplo dos cataláns, que o 11 de setembro reuniran a millón e medio de persoas nas rúas de Barcelona; o goberno de UCD non tivera máis remedio que acelerar o seu proceso autonómico. En Galiza as cousas eran distintas: UCD recibira ao redor do sesenta por cento dos votos nas eleccións xerais de xuño e as forzas nacionalistas obtiveran uns resultados mínimos. Algúns dos deputados centristas, como Meilán Gil ou Rivas Fontán, tamén pugnaban por un réxime preautonómico (que dirixirían eles, claro), pero esa presión chocaba coa falta de atención que o goberno español emprestaba a Galiza.

As manifestacións comezaron a convocarse en outubro, con lemas como Pra que non sigan decidindo por nós. Pra que a nosa terra escomence a ser nosa. Por unha autonomía que poda solucionar realmente os nosos problemas e o apoio de catorce forzas políticas, dende UCD até a extrema esquerda, e a de varias forzas nacionalistas, coma o POG de Camilo Nogueira ou o PSG que fora liderado por Xosé Manuel Beiras nas eleccións. Pero non foi a única mobilización daquela fin de semana. As Comisións Labregas, situadas no entorno da UPG, reuniron a milleiros de tractores e máis de cen mil labregos os días 3 e 4 nunha das meirandes tractoradas da historia, paralizando as vilas e estradas da zona rural do país.

Medio millón de persoas nas rúas
A participación prevista (calculábanse ao redor de cen mil persoas en todo o país) foron superadas con claridade: máis de 300 mil persoas en Vigo, unhas cen mil na Coruña, milleiros nas demais cidades. En total preto de medio millón de galegos saíron ás rúas. A reacción da prensa galega foi unánime. Por exemplo, La Voz titulaba a cinco columnas "O domingo, Galiza pediu na rúa a súa autonomía" e o Faro de Vigo dedicáballe unha ducia de páxinas encabezadas polo titular "Testemuño unánime de Galiza pola autonomía".

Tamén entre os intelectuais e líderes políticos, como Paz Andrade, quen sinalaba que "Isto ten que influír nas negociacións co goberno", así coma as de Víctor Moro: "Clara vontade autonomista do pobo", Carlos Barros: "Salto histórico na conciencia nacional de Galicia" ou Blanco Amor: "Os líderes están de máis cando a moitedume se convirte en protagonista". Para Ceferino Díaz, o masivo éxito das manifestacións "respondía a algo que estaba no ambiente, pero non había tanta ansia de autonomía; o que pasou foi que UCD era a forza maioritaria e estaba entre as forzas convocantes. A sorte foi que iso transmitiu que unha maioría dos galegos demandaba a autonomía". Mentres, Camilo Nogueira salienta que "naquel momento estábase enxergando a Constitución de 1978 e as manifestacións do 4 de nadal foron determinantes para que se recoñecese a Galiza como nacionalidade histórica, á par de Catalunya e Euskadi".

Outro 4 de nadal, en 1979
Dous anos despois, o 4 de Nadal de 1979, os galegos volveron saír á rúa reclamando o autogoberno. Foi en protesta polo chamado Estatuto da aldraxe. As direccións madrileñas de UCD e PSOE, encabezadas por Abril Martorell e Alfonso Guerra, decidiron recurtar as competencias previstas no Estatuto aprobado en Compostela en xuño coa unanimidade dos deputados galegos (en realidade, o Estatuto que chegou a Madrid era xa unha versión recurtada do chamado Estatuto dos 16, apoiado mesmo por algúns partidos nacionalistas, como POG ou PG, e de extrema esquerda, coma o PTG).

O obxectivo de UCD e PSOE era construír un Estado das Autonomías de dúas velocidades, no que Galiza (onde UCD era maioritaria) e Andalucía (onde mandaba o PSOE) exercerían de tope, de límite máximo para as restantes autonomías. O caso galego era paradigmático: ao igual que Cataluña e Euskadi aprobara o seu Estatuto antes da guerra, e ao igual que as dúas nacións estaba recoñecida pola Disposición Transitoria Segunda da Constitución como nacionalidade histórica. Así e todo sería a primeira das rexións.

A presión xornalística e cidadá permitiulles aos deputados galegos do PSOE a defender a súa posición contraria aos recurtes, e finalmente o Estatuto proposto foi aprobado unicamente cos votos favorables de UCD e o rexeitamento de PSOE e PCE. O texto foi considerado unha aldraxe, unha palabra que se fixo moi popular naquela semana. Ao día seguinte da súa aprobación (que tivo lugar ás oito da mañá) ao redor de 50 mil persoas saíron ás rúas galegas de xeito case espontáneo, no que se denominou (así o titulou La Voz de Galicia a cinco columnas) "xornada en defensa da dignidade nacional de Galicia", unha xornada de loita na que tamén a prensa galega (nomeadamente El Ideal Gallego) fixo unha defensa da autonomía galega, respondendo sobre todo a certos artigos publicados na prensa madrileña, encabezada por El País. Conta Ceferino Díaz que "viñamos de Madrid, desfeitos fisica e animicamente, e ao chegar aquí atopámonos cunha manifestación espontánea que nos alegrou moito".

Dez días despois, o 4 de Nadal, xusto dous anos despois das grandes mobilizacións de 1977, de novo a sociedade galega mobilizouse en defensa do seu autogoberno, xuntándose entre cen e dúascentas mil persoas en contra da aldraxe. Foi outro 4 de nadal. Alí estaban PSOE, PCE, POG, PSG, MCG e PG, mais non UCD nin as forzas nacional-populares. A este respecto, Camilo Nogueira (dirixente do POG en 1979) salienta que "os que defendiamos este camiño non defendiamos unha autonomía máis débil, senón que tiñamos outra visión estratéxica" e conclúe "outra xente tivo que ir recompoñendo a súa visión nos anos seguintes". Pola súa banda, Ceferino Díaz di que o que botou de menos foi que as manifestacións non continuasen ao longo de 1980, pois "só cando a UCD tivo unha organización galega e uns interlocutores válidos, non dependentes de Madrid, puidose desbloquear o Estatuto". Con todo, Díaz sentencia: "Conseguiu chegarse aos Pactos do Hostal por algo, por mobilizacións coma as do 4 de nadal".
O día que se berrou 'A nosa terra é nosa'
Comentarios (1) - Categoría: historia - Publicado o 05-12-2007 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Mana Galiza
A Galiza não são só os caminhos de Santiago. Ela é mais «nossa» do que julgaríamos, mas é também, radicalmente, mais «deles» do que costumamos supor. Parece justo pô-la na montra, a essa Galiza irreverente, grávida de futuro, senhora de si

Na península que habitamos, na Europa, mesmo no mundo inteiro, nada nos é mais próximo do que a Galiza, nada deveria ser-nos, também, mais caro. Temos ali uma irmã: na cultura, no idioma, no modo de ser. Por ali se prolongam tranquilamente as nossas paisagens. Foi dali que, num dia longínquo, nascemos como país, depois de séculos em que o nosso Norte era somente o Sul da Galiza. E, todavia, muito disso é quase um segredo. Atravessamos o Minho, e informamos garridamente para casa: «Já cheguei à Espanha.» Os galegos estimariam (e muitos espanhóis esperariam) que comunicássemos: «Já estou na Galiza.»

É isso, projectamos sobre a Espanha o que nós próprios julgamos ser, desde tempos imemoriais: um estado, um país, um povo, uma língua, uma nação. Custa-nos perceber que aqui ao lado se foi formando um conglomerado de nações, de idiomas. Somos sensíveis ao «glamour» da monarquia vizinha (cujos namoros e partos as nossas revistas do coração seguem fascinadas) e o «Reino de España» acabou por ser-nos natural e óbvio, mais que a alguns dos seus súbditos. Não bastando isso, um ministro português chegou a declarar-se, com inaudito à-vontade, e em plena capital da Galiza, «um iberista convicto». Escusado dizer que muitos espanhóis não nos entendem.

É-nos difícil, está visto, apreender a exacta peculiaridade galega. Sem dúvida: uma independência política da Galiza poderia contar, entre nós, com um entusiasmo talvez esfuziante. Essa Galiza ser-nos-ia entendível. Mas já nos pede outra ginástica mental vê-la como território que, chamando-se altivamente «país» e «pátria», e sonhando ver-se reconhecida «nação», deseja também viver integrada no Estado espanhol. A Galiza abre-se-nos, assim, como uma realidade complexa. E as coisas são, é preciso dizê-lo, um pouco mais complicadas ainda.

Um crescente conhecimento do passado e do presente galegos virá minar-nos algumas certezas. Virá confrontar o nosso secular autocomprazimento com interrogações inesperadas, talvez incómodas. Alguns exemplos triviais. Proclamamos, com íntimo alvoroço, que, sem os portugueses, o Mundo teria ficado privado de três maravilhas: a da saudade, a do infinito pessoal e a das cantigas de amigo. Em doridos fados, em engenhosos ensaios, miramos e remiramos essas dádivas dos deuses. É um espectáculo deprimente. Porque tudo isso, e bastante mais, trouxemo-lo do fornecido celeiro de origem, onde já se tinha inventado a saudade (a palavra e a coisa), onde já o infinito pessoal se fizera corrente (e, à cautela, se assegurara o futuro do conjuntivo) e onde se começava a internacionalizar a cantiga de amigo, o género mais «in» a toda a largura norte da Península. Houve bons trovadores portugueses, como o excelente Dinis, rei nosso. Mas a maior e melhor produção era a galega, já então literatura estrangeira.

Escondemos isso e mais. A história da língua, costumamos expô-la como saga nossa, produto de heróica e portuguesíssima inventividade. Ora, a custosa feitura do idioma foi empreendimento galaico, com cívica colaboração de minhotos e trasmontanos, e o fruto disso continuaria depois, séculos a fio, a ser língua do nosso Reino. (Não às boas, ainda assim. O galaico foi língua imposta a beirões, a estremenhos, a alentejanos, a algarvios, portanto a três quartos do território, pelas tropas da ocupação portucalense, na sua gloriosa descida). É isso: pavoneamo-nos com o mais fino de posses comuns. Nunca os galegos, delicados, no-lo lançaram em rosto. Um dia destes temos de dizer-lhes que não foi por mal.

Sendo as coisas assim, poucos se espantarão de que, na «História de Portugal Contada a Uma Criança», de Rómulo de Carvalho, numa magnífica edição da Gulbenkian, a palavra «Galiza» só surja tardiamente, quando se narram as patrióticas tropelias de um rei português por aquelas bandas. Poucos sobrolhos se terão franzido, também, ao ler as recentes entrevistas que João de Melo, conselheiro cultural em Madrid, deu à «Visão» e ao «JL», onde da nossa proximidade galega nem sombra passa.

Tudo bate, pois, certo. Nunca mais, desde a grande ruptura com o resto da Península, em finais do século XIV, os nossos regimes desenvolveram qualquer política galega. Ainda hoje a «questão galega» não entra em nenhum pacote de preocupações. E, contudo, sempre que surge entre nós, ela desperta interesse e mesmo alguma paixão. Verificou-se isso durante a longa conversa internética que, de 1997 a 2001, portugueses e galegos mantiveram no Terràvista (leia-se a «Única» de 7/10/2005) ou durante um aceso debate que, em Abril de 2006, teve lugar no blogue «Renas e Veados». É que o assunto «Galiza» vem mexer com temas que, esses sim, nos fazem correr às barricadas: o centralismo lisboeta, a regionalização, a pronúncia do Norte, os touros de Barrancos, os nascituros de Badajoz. Mas não acorda menos um lado obscuro: o receio dum concorrente além-Minho, os fantasmas da anexação, os sonhos duma ressuscitada Galécia, o grande medo espanhol, o iberismo e seus desenhos peninsulares. É nestas águas, sobretudo nas turvas, que pesca a nossa fantasiosa extrema-direita. Isto para desorientação de alguns galegos que lhe desconhecem o exacto peso.

Entretanto, toda uma teia empresarial, universitária, autárquica e cidadã se tem vindo a tecer entre o nosso Norte e a Galiza, tornando natural o que era singular, correntio o que era impensável. Sem alarde, e sem fantasmas, só contacto humano, mútuo conhecimento e interesses, descontracção, por sobre as pontes do Minho ou na raia seca. Com festa e música, que disso sabem eles. Os «media» portugueses, sobretudo no Norte, prestam, com algum sistema, atenção à Galiza. E vez por outra um periódico traz colaborações galegas, mesmo em ortografia normativa.

Parece, pois, proveitoso deixar descansar a História e seus sobressaltos, ou lembrá-la só para melhor entender aonde chegámos hoje. Um bom começo seria proibir-nos lirismos do tipo «a separação que nunca devia ter-se dado», «unir o que a História dividiu», «reconstruir a Galécia». Tudo lastro, tudo tralha. Baste-nos saber que, se de algum povo somos manos, é desse. Demasiado parecido connosco, ele canta melancólico, chamando-se a si mesmo «uma folha no vento/ alento e desalento», como no soberbo número «O Meu País», do grupo Luar na Lubre, com a voz da portuguesa Sara Vidal. Ou, já bem diferente, seguro, inventivo, achamo-lo ao estirador ou frente ao ecrã, criando uma banda desenhada e uma animação digital que dão cartas a nível peninsular e europeu. É assim que muitos galegos preferem olhar o seu país, como um projecto de futuro, numa periferia que já não é condenação mas oportunidade.

Fazem-no na sua língua, não na do Estado. E aqui há um gesto concreto, amigo, ao nosso alcance: o de falarmos sempre português do outro lado da fronteira norte, o nosso português de sempre, só mais calmo, mais bem articulado, como deveria já ser. Tenha-se, sim, em conta uma secular e interiorizada inferiorização, que pode levar um galego a dirigir-se-nos em espanhol, por... simpatia. Ora, podemos ser nós os simpáticos, poupados que fomos a ter um idioma secundarizado. Falando com ele português, mostramos a um galego que, com a exacta língua da Galiza, se ganha um novo e largo mundo.

«Um português vive num país já feito. Um galego ainda está a fazê-lo.» Isto diz Elias Torres Feijó, da Universidade de Compostela, entrevistado nestas páginas. Sintético, chama a Portugal um «resultado», à Galiza um «processo». «É um trabalho para gerações, eu sei. Mas hoje farei o que só hoje pode ser feito.» Ele não diz, mas muitos galegos pensam-no: Portugal demonstra, a cada dia que passa, que um processo de construção nacional pode acabar bem.

Textos de Fernando Venâncio


DESCUBRA AS DIFERENÇAS

As semelhanças entre galego e português são patentes, sobretudo quando comparados com o espanhol. Só que a ortografia «normativa» galega, inspirada na castelhana, dá ao idioma da Galiza um aspecto de língua intermédia. A norma proposta pela Agal (Associaçom Galega da Língua) baseia-se na grafia portuguesa e conserva as características lexicais e gramaticais galegas. O texto em galego normativo foi extraído duma crónica no semanário «A Nosa Terra», de 29 de Junho de 2006.

Espanhol
Hay peñascos como catedrales. Rocas trabajadas por el viento, por el agua, por el tiempo. Piedras alabadas por poetas, cargadas de historias fantasmales contadas por abuelos de abuelos que nos hablan de épocas mágicas. Hay peñascos que por si mismos son monumentos naturales, parte de nuestra historia y de nuestro paisaje que merecen la misma protección que las piedras históricas trabajadas por el hombre.

Galego normativo
Hai penedos coma catedrais. Rochas traballadas polo vento, pola auga, polo tempo. Pedras louvadas por poetas, cargadas de historias fantasmais contadas por avós de avós que nos falan de épocas máxicas. Hai penedos que por si mesmos son monumentos naturais, parte da nosa historia e da nosa paisaxe que merecen a mesma protección que as pedras históricas traballadas polo home.

Galego norma Agal
Hai penedos como catedrais. Rochas trabalhadas polo vento, pola auga, polo tempo. Pedras louvadas por poetas, cargadas de histórias fantasmais contadas por avós de avós que nos falam de épocas mágicas. Hai penedos que por si mesmos som monumentos naturais, parte da nossa história e da nossa paisage que merecem a mesma protecçom que as pedras históricas trabalhadas polo home.
Mana Galiza
Comentarios (1) - Categoría: reintegracionismo, o galego internacional - Publicado o 05-12-2007 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Fomos ficando sós
Xabier Cordal
04/12/2007

Hai certo tempo que varios autores da literatura galega escriben castelán. Practican o bilingüismo en xornais galegos -de edición galega, para o caso- dependendo do día da semana que sexa ou da sección da que se trate.

Descoñecemos o argumento ao que cada un deles (e delas) queira acollerse para xustificar o que, na nosa opinión, constitúe un retroceso para a lingua e un síntoma de fracaso. As linguas son un precedente continuo, artefactos de ida e volta, non só opcións individuais.
Despois moitos autores, e será moda, asinan de sempre con nome galego (Lois, Xosé, Xavier...), tipo paraugas identitario, as súas colaboracións en español. De cando en vez, algún deles fai apoloxía dun idioma que segue marxinado alí onde se concentra o poder político e económico: as grandes cidades, as grandes empresas, os grandes medios de comunicación.

Se nos dan a escoller, preferiríamos centos de páxinas ben escritas en galego aínda que se dedicasen a convencernos de que convén falar outra cousa.

Os grandes medios reciben subvención por conceder espazo a unha lingua que na realidade utilizan en porcentaxes inferiores ao dez por cento. O dato, tan vello coma os máis vellos estudos (poñamos dúas ou tres décadas), debería ser abondo para non lles destinar nin un euro dos cartos que xestiona o poder autonómico. Galicia colabora na promoción do español por partida dobre. Nós, quen falamos unha das linguas que a Constitución recomenda protexer, tamén pagamos o Instituto Cervantes.

Entre os diagnósticos que se poden aventurar no ámbito das boas intencións (porque nin se dubida delas, referíndonos a compañeiros que se significaron polo compromiso co idioma) non se sabe cal é máis deprimente. No mellor suposto, pensarmos que se cadra poidan usar o castelán para chegar a un maior número de lectores equivale a asumir que o barco se afunde.

Coñezo rapaces que tiveron que renunciar ao galego para sobrevivir: dependentas de comercio, repartidores de pizza. Que remedio lles quedaba. Incluso así, algún deles buscou alternativas. Choios onde non fose necesario falar. A eses nunca os entrevistará La Voz de Galicia nin El País; están fóra de cobertura da Constitución e carecen de interese cultural.
Fomos ficando sós
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 05-12-2007 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Igrexa galega tamén empregaba o galego antes dos Reis Católicos
Cal Pardo desvela unha parte fundamental da historia galega

A Diocese de Mondoñedo-Ferrol saca á luz o Tumbo Pechado da Catedral

Enrique Cal Pardo, un dos grandes medievalistas de Galicia e deán da catedral mindoniense, acaba de sacar á luz unha parte fundamental da historia do país. O coengo e historiador, autor de obras monumentais como o seu Episcopoloxía Mindoniense, vén de publicar, nun volume impreso pola Deputación de Lugo, a documentación -na súa maior parte correspondente aos séculos XIV e XV- conservada no Tumbo Pechado da Catedral de Mondoñedo. Unha colección de documentos excepcional a todos os efectos, xa que permite comprender, a través de fontes ata agora inéditas, a realidade da Igrexa galega no solpor do Medievo.

Non é este que agora se edita, tras un labor de transcrición que durou longos anos, aquel Tumbo de la Dignidad Episcopal de Mondoñedo que frecuentemente mencionaron tanto Villaamil y Savedra como o Padre Flórez; o primeiro, nas súas Memorias Históricas de la Santa Iglesia de Mondoñedo , publicadas en 1763, e o segundo na súa España Sagrada , que viu a luz en 1789. Non, non o é... E o propio Cal Pardo así o advirte no texto introdutorio do volume recén saído, ao tempo que recorda que, por desgraza, aqueloutro tumbo segue nun paradoiro totalmente descoñecido. Este é un tumbo -termo co que tradicionalente se denominan os vellos libros de pergamiño nos que as grandes institucións, maiormente eclesiásticas, copiaban e custodiaban os seus privilexios- ben distinto: o da propia basílica. A denominación de Tumbo Pechado obedece ao feito de que o volume, que o cabido catedralicio gardou século tras século como o tesouro que era e que é, estaba dotado dun cerre do que aínda se conservan vestixios sobre as súas cubertas. A maior parte dos documentos que contén o libro están escritos en lingua galega, se ben hai nel tamén transcricións de textos latinos, e no caso dos documentos máis recentes se observa a crecente presenza do castelán na linguaxe administrativa.

Características técnicas

O Tumbo Pechado da Catedral consta de 250 folios de pergamiño, de 34,5 centímetros de alto por 24,5 de ancho. Nalgunhas épocas foi coñecido tamén como o Libro de las Tablas Rojas , ben fose pola cor das súas capas ou pola rechamante luminosidade das súas letras capitulares, da mesma tonalidade vermella. Entre os documentos que contén hai desde desde textos relativos á Coroa ata escritos da mitra e constitucións sinodais. Pero a parte fundamental fai alusión a testamentos, doazóns e privilexios, que en último termo son os que, como impagables fontes para o coñecemento da intrahistoria, permiten achegarse máis en profundidade ao funcionamento da igrexa mindoniense cando a Idade Media tocaba ao seu fin.

E permite o Tumbo Pechado, ademais, documentar con exactitude os nomes e dignidades dos compoñentes dos que integraron o cabido catedralicio en moi diferentes momentos, e saber, ademais, cómo trascorrían os días daqueles fidalgos da Igrexa arredor da catedral dunha das máis antigas dioceses europeas.
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 03-12-2007 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0