boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O paraíso dos ingleses
outes
O paraíso dos ingleses
27.07.2006 Unha parella deixouno todo en Londres para abrir unha casa rural en Róo de Abaixo, frecuentada por familias do Reino Unido de alto "standing" ·· Queren demostrar que se pode atraer turismo de calidade sen destruír o litoral


"María Moreno explica que uno de los principales objetivos que se han planteado es demostrar que se puede atraer turismo de calidad rehabilitando las antiguas casas y sin necesidad de recurrir a la piqueta. La joven no entiende cómo los ayuntamientos no promueven el acondicionamiento de los inmuebles del rural para evitar el feísmo, al estar muchos de ellos sin pintar y sin recebar. A la pareja también le enfada que la costa se esté cubriendo de ladrillo, lo que, a su entender, puede acabar con el encanto de Galicia. "Las casas arregladas de las aldeas son encantadoras y no hay necesidad de acabar con el patrimonio".


Abrieron su establecimiento en Semana Santa colocando un anuncio en Internet. La casa se puede alquilar en www.gogalicia.com. Rupert y María trabajaban en una empresa de publicidad en Londres cuando decidieron dejarlo todo y venirse para Outes. Compraron la casa en ruinas y realizaron el proyecto. Cuenta con todas las comodidades ( piscina, terraza, campo, zona de juegos para niños y barbacoa). "Es lo que más le gustan a los ingleses", dicen."

Seguir lendo na ligazón de abaixo
O paraíso dos ingleses
Comentarios (2) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 07-11-2007 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Historia Basket Galicia
Reportaxe da TVG sobre a historia do baloncesto ACB en Galicia

Comentarios (1) - Categoría: deporte galego - Publicado o 07-11-2007 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
PGL lança o ''Dicionário de Fraseologia''
"Válido para quaisquer profissionais que trabalhem com as indústrias da língua

PGL.- Uma das áreas onde o processo de substituição linguística decorrente na Galiza se torna mais evidente é o das frases feitas. Num contexto adequado, a transmissão das mesmas produz-se quer através das relações pessoais (família, amigos...) quer através de instituições, nomeadamente os média e a literatura."

Seguir lendo na ligazón de abaixo
PGL lança o ''Dicionário de Fraseologia''
Comentarios (1) - Categoría: reintegracionismo, o galego internacional - Publicado o 07-11-2007 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
O galego no espello
"Vieiros rétache a definir a lingua galega a través de propostas gráficas. Queremos que nos digas o que significa para ti a lingua, como ves o seu futuro, ou como cres que se podería mellorar, pero aforrando palabras. Envíanos unha fotografía, que pode ser obtida directamente ou tratada posteriormente, pero sempre tendo como base unha imaxe fotográfica. Quedan excluídos os deseños e ilustracións."
O galego no espello
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 07-11-2007 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Panadarías de toda Galicia repartirán bolsas de pan con poemas galegos
Martes, 13 de xuño do 2006

# A Consellería de Cultura e Deporte promove unha campaña para fomentar o interese pola poesía galega en colaboración cos panadeiros.

# ?Pan con poesía? repartirá bolsas e cartaces en 627 despachos de pan de toda Galicia.

# A maioría dos fogares galegos terán a diario unha mostra de poesía galega.

Seguir lendo
Panadarías de toda Galicia repartirán bolsas de pan con poemas galegos
Comentarios (1) - Categoría: literatura galega - Publicado o 07-11-2007 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
O fillo de Bóveda defende que Galicia sexa unha nación con dereito a soberanía e autodeterminación
"O vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda e fillo do galeguista que lle dá nome á fundación, Xosé Luís Bóveda, defendeu onte a denominación de nación para Galicia e esixiu que se "recoñezan os dereitos que implica, como o dereito á autodeterminación e soberanía".

Na súa comparecencia na Comisión de reforma do Estatuto, Bóveda defendeu a presenza directa de Galicia en todas as institucións europeas e un servizo propio de acción exterior con "status paradiplomático" e consecuencias políticas e xurídicas.

Así mesmo, avogou polo uso do galego como idioma vehicular de todas as administracións en Galicia e do ensino. Defendeu a obrigatoriedade de coñecelo e apostou por facelo oficial na UE, no Senado e tamén nalgunhas sesións do Congreso.

Bóveda -fillo do que foi un dos redactores do Estatuto galego do 36, represaliado na Guerra Civil-, esixiu tamén a creación do Consello Xudicial de Galicia, competencias para a comunidade en materia penitenciaria e "plena autonomía financeira e fiscal", ademais dunha Facenda e dunha administración tributaria propias e un Banco Nacional Galego.

Finalmente, pediu que o Estatuto recolla unha "auténtica" policía autonómica "independente dos corpos de seguridade do Estado" e que se desenvolva un dereito galego propio "que prevaleza sobre o estatal".



Supresión das deputacións e anexión de sitios limítrofes

O presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela, defendeu a Galicia como "nación europea" e pediu unha defensa da lingua galega "máis alá das fronteiras administrativas", en áreas onde existen galegofalantes como O Bierzo, Asturias ou a diáspora. Avogou por lle dar "igual rango" ó galego e ó castelán e aseverou que a cooficialidade é "imposible". Tamén defendeu que o novo texto estableza a posibilidade de "integrar os municipios galegófonos limítrofes que así o desexen" e apostou por lograr que Galicia sexa unha circunscrición electoral única.

Considerou necesario rematar coa división provincial "suprimindo as deputacións" e vertebrando a comunidade en bisbarras, concellos e parroquias e pediu que o 25 de xullo sexa o Día da Patria Galega e o 17 de agosto o Día da Galiza Mártir."


Seguir lendo
O fillo de Bóveda defende que Galicia sexa unha nación con dereito a soberanía e autodeterminación
Comentarios (2) - Categoría: nacionalismo galego - Publicado o 07-11-2007 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0