boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os físicos do CERN voltan a Primaria
A elite da ciencia galega conversará en videoconferencia con alumnos de Quintela e Rodeira
Defensa das asignaturas de ciencias en galego


Unha representación dos científicos máis reputados de Galicia, os físicos que traballan no Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN), deixarán hoxe de lado os tópicos de investigadores fríos e regresarán ás aulas de centros escolares de toda Galicia para amosar a súa defensa do idioma galego. Nesta videoconferencia participarán os estudantes do CEIP Quintela, de Moaña e do IES Rodeira, de Cangas. Os dous centros foron galardonados recentemente co Premio á Innovación en Normalización Lingüística, polo seu traballo para vinvular o galego coas novas tecnoloxías.

FRAN G. SAS - MOAÑA A elite do mundo científico galego esta formada, en grande parte, polos oito científicos da comunidade que integran a plantilla do Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) que conta, perto da cidade suiza de Xenebra, co maior acelerador de partículas do mundo. Pero mañá os científicos deixarán de lado por un momento a súa rutina para defender diante de escolares de toda Galicia a importancia do idioma galego. Trátase dunha videoconferencia simultánea con más de medio centenar de centros escolares de Primaria e Secundaria, entre eles o colexio moañés de Quintela e o IES Rodeira, de Cangas.
Ámbolos dous centros veñen de gañar o premio á innovación en normalización lingüística que outorga a Xunta de Galicia. Ademáis atópanse entre os premiados por segundo ano consecutivo por empregar as novas tecnoloxías para dinamizar o galego entre os máis xóvenes. Polo tanto ocuparán un lugar de honra na actividade que hoxe organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística e a Universidade de Santiago de Compostela.
A videoconferencia será esta mañá entre as 10.30 y as 11.30 horas, e o obxectivo da mesma é "demostrarlle aos pequenos que a educación en galego non é ningún impedimento para acadar as cotas profesionais máis altas. De feito, os mesmos científicos aseguran que falan en galego entre eles dentro do CERN", explica a coordinadora de dinamización lingüística do centro moañés, Belén Escariz.
Os físicos darán una conferencia e os alumnos participantes poderán facerlles calquera pregunta a través dun chat.
Contexto
Dende o colexio de Quintela explican que a sua campaña premiada, "En galego pola rede", serve para que os pequenos adquiran unha maior competencia en galego, aínda que aseguran que non é suficiente, nin moito menos. "O contexto no que se desenvolven os alumnos e castelanfalante case no 100% dos casos, e nalgún a transmisión do idioma xa se cortou hai varias xeracións", alerta Escariz.
Para incentivar o emprego do idioma propio de Galicia, o traballo premiado pasa por colaborar coa Galipedia incluíndo a biografía de persoeiros de Moaña como Xavier Blanco, Lito Portela ou Iván Costa, e trasladando o currículo da asignatura de Coñecemento do Medio á contorna máis próxima, empregando un blogue para subir textos sobre os ríos, a flora e a fauna de Moaña. Os alumnos tamén participan en intercambios con estudantes de zonas maioritariamente galegofalantes, como Taragoña (Rianxo) ou Vide (As Neves).
Faro de Vigo
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 05-11-2010 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (07-09-2013 10:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0