|
|
|
|
O colonialismo insidioso |
|
Xavier Queipo
Non sei se existe unha definición canónica de colonialismo insidioso. Se cadra non lles gusta a verba, ?colonialismo?, que reservan, para situacións de conquista a lume e ferro seguidas dunha imposición pola forza de usos e costumes. Se cadra prefiren ?asimilación?, ?dominación? ou mesmo ?adhesión? ou ? invasión?.
Entendo por colonialismo insidioso aquel no que o colonizado (o asimilado, o invadido, o adherido, o dominado) se vai convencendo progresivamente da bondade natural do colonizador, que impón a súa cultura (a súa lingua, as súas leis, a súa relixión, etc) polo ben do malpocado do colonizado, para que este saia do seu atraso secular e se incorpore ao mundo contemporáneo, asumindo os valores éticos e morais do colonizador. É insidioso, pois vai avanzando devagar (no noso caso leva gañando terreo dende que perdemos a independencia como comunidade separada, van alá máis de cinco séculos), non presenta grandes fitos históricos, senón que vai gañando as vontades dos colonizados devagar (ás veces ese ritmo increméntase ou descende, como en todos os procesos crónicos).
Evitar o dano feito é difícil, pois hai algúns ?outeiros? perdidos para sempre no avance das tropas inimigas pola complicidade dos traidores, máis imponse a ?resistencia activa?, comezando pola lingua, pola negativa a que calquera funcionario (da Sanidade, da Educación ou do Concello) intente que mudemos o noso rexistro lingüístico. Ser conscientes da riqueza do noso xeito de ver o mundo (a nosa lingua, espello do noso xeito de pensar) e actuar en consecuencia, sen submisións. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|