boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eva amarela
Eva Wojkiewicz

Si, vouno contar. Son moi discreta coa lencería, pero quero que se saiba que hoxe levo suxeitador de cor amarela. Disque todo empezou cando unhas rapazas de Detroit sementaron un xogo na rede social Facebook: cada unha escribiu publicamente o nome dunha cor mentres de forma privada animaban a outras mulleres a seguir o fío indicando a cor do suxeitador, a cor e nada máis. A cadea oculta de mensaxes ía adornada de concienciación sobre o cancro de mama, pero ademais ofrecía latexando un divertido código secreto para desconcertar aos homes. En poucos días, abatendo idiomas e fronteiras, brotaron na rede milleiros de nomes femininos vistosamente tinguidos. Os rapaces tolearon con preguntas e teorías estrafalarias do enigma. Aínda houbo algúns intentos de empatía, como meus pobriños que presumindo de estar no allo publicaron ?ultravioleta? ou "gris metalizado".

Agora non estou faltando ao segredo comprometido porque xa foi desvelado dabondo nos foros da internet. A moita xente non lle pareceu ben o xogo. Os pragmáticos que nunca ven a utilidade do inútil din que non serve para concienciar e outros simplemente teñen a teima de criticar todo o que fan os demais.

Eu xoguei e sentinme ben compartindo algo con mulleres de todo o mundo coas que teño pouco en común. O mellor foi cando entre as miñas amigas coincidimos nalgunhas cores inequivocamente galegas, en feminino. Iso achegounos unha complicidade inesperada e de súpeto foi espallando con orgullo a cor branca, a vermella, a rosada, a laranxa, a castaña escura... Sei dunha muller sen Facebook que abriu unha conta para publicar simplemente: "Morada con pingas amarelas". Despois algúns homes encantadores abriron a gama a todo tipo de palabras galegas, así hoxe podemos xogar todos e todas. Quen non entende ese alento de gozo que nos chega ao ler carballeira, fervenza ou agarimo é porque non sabe que cada lingua é un xeito distinto de ver a vida.

Ti máis eu temos moito en común, sexas home ou muller, de Galicia ou de calquera recuncho do universo, penses como penses. Estás a ler galego, así que ti es dos meus.
Eva amarela
Comentarios (4) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 18-01-2010 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Eu tamén son#blgtk08# dos de Eva
Comentario por Santi Arias (24-01-2010 18:51)
2 Necesitamos xente coma Eva, que a#blgtk08#man o galego tanto que emocionan.
Comentario por Carlos (30-01-2010 18:45)
3 Evaaaaaaaaaaaaaa#blgtk08#a! como me pos!
Comentario por Oscar Vázquez (31-01-2011 23:12)
4 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (07-09-2013 09:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0