boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Igalia, ´connecting people´
Unha empresa coruñesa que aposta polo cooperativismo lidera a produción do 'software' libre empregado nos últimos teléfonos da multinacional finesa Nokia

Os teléfonos máis modernos de Nokia levan algo de galego dentro. Unha empresa coruñesa, Igalia, é punteira no 'software' libre para dispositivos móbiles, a tecnoloxía que emprega a multinacional das telecomunicacións nos seus últimos modelos. Desde que a fundaran hai oito anos un grupo de estudantes, Igalia conseguiu facerse un oco no mercado internacional da tecnoloxía, mantendo un inusual modelo empresarial: todas as decisións tómanse entre os traballadores, que ademais participan dos beneficios


PILAR MERA | A CORUÑA Un cuarto para durmir, comer, ver a tele ou xogar á videoconsola. Unha plantilla que ronda os 30 anos de idade media. Mobiliario de deseño e unha enorme sala de reunións onde os traballadores deciden, entre outras cousas, o seu propio salario. É a sede coruñesa de Igalia, unha empresa galega punteira no desenvolvemento de software libre e nas tecnoloxías móbiles que empregan multinacionais coma Nokia. A aventura desta firma coruñesa comezou hai xa oito anos, cando un grupo de estudantes de informática, a maioría deles recén licenciados, decidiron montar o seu propio negocio co obxectivo de "dignificar o traballo do informático e evitar que a xente tivera que marchar de Galicia para ter un emprego decente". Baixo esa premisa, convertíronse nuns emprendedores moi particulares, cunha idea empresarial clara e novidosa.

"Cando montamos a empresa, queriamos que a xente se involucrase e participase no proxecto, así que escribimos un documento, unha especie de Constitución, onde se regula o modelo asembleario e o sistema de tomar as decisións entre todos os traballadores" de Igalia, explican Xabier Calvar e Chema Casanova, un dos fundadores da compañía, que ademais da súa sede na Coruña tamén ten oficinas en Pontevedra. Logo dun ano na firma, calquera empregado de Igalia ten dereito e obriga de participar na asemblea, "o máximo órgano" de Igalia, unha firma onde "non hai xerarquías, senón roles". Nestas asembleas, que se celebran cada dous meses, son os propios traballadores os que deciden todo o que poida afectar á empresa: dende a continuidade dos contratos cos provedores, até a reforma do mobiliario ou mesmo a subida dos seus propios salarios. E en canto o empregado leva catro anos traballando, convértese en socio de Igalia, é dicir, comparte o capital e os beneficios de forma igualitaria. Dos 37 traballadores que hai na actualidade en Igalia, 15 deles son socios. "Xurídicamente somos unha sociedade limitada, pero en realidade funcionamos como cooperativa", resume Chema.

A conciliación da vida laboral e persoal e o bo ambiente na oficina son outros dos pilares de Igalia. Así, fomentan o teletraballo (cinco dos empregados están en Barcelona, Sevilla e Helsinki) e dan clases gratuitas de inglés nas oficinas, e sesións de fisioterapia para aliviar as horas de escritorio. Ademais, na sede da Coruña, inaugurada esta primavera en Elviña -até entón estaban na Grela-, hai un cuarto de esparcemento para comer, ver unha película, xogar á vídeoconsola ou simplemente descansar.

Canto á actividade, os fundadores de Igalia tamén tiñan claro desde o principio que se dedicarían ao software libre, é dicir, o que pode usarse, modificarse e distribuirse sen problemas de licencias nin dereitos. "O noso primeiro proxecto foi crear un programa informático para Sergesco, a compañía de augas de Oleiros", recorda Chema Casanova. Despois diso viñeron outros encargos para firmas como a viguesa Communitel, o Concello da Coruña (aínda hoxe son os encargados do mantemento da rede de aulas de informática nas escolas da cidade) a Xunta de Galicia, o sector naval ou un taller mecánico que precisaba unha ferramenta informática de xestión. Con todo, hoxe en día o 70% da súa facturación -que o ano pasado superou o millón e medio de euros- procede de clientes estranxeiros e dunha rama tecnolóxica na que Igalia é punteira: as tecnoloxías e aplicacións para teléfonos e outros dispositivos móbiles, como a plataforma Maemo ou o sistema GNOME. Por exem- plo, os programas para consultar o correo electrónico desde o teléfono, os botóns e menús ou Vagalume, unha plataforma para escoitar música en radios online. De feito, a firma coruñesa estivo involucrada no desenvolvemento do software empregado nos últimos teléfonos de Nokia incluído o inminente N-900, que será o primeiro da firma finesa baseado no sistema GNU-Linux.

La Opinión A Coruña
Comentarios (1) - Categoría: somos unha potencia - Publicado o 11-10-2009 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (06-09-2013 11:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0