boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Rede Galega de Empresas pide respecto para a lingua galega
A Rede Galega de Empresas, composta por pequenos e medianos empresarios, solicitou "respecto" cara ao galego por parte daqueles que non o falan, aos que tamén pediu que non o sometan a un trato inxustificado"

EFE A asociación sinalou nun comunicado que os empresarios que a compoñen sempre foron "respectuosos" co español, de modo que "ninguén" pode acusalos de "perseguilo ou desprezalo", polo que esixen o mesmo trato para o galego.

A Rede Galega de Empresas alertou de que a "crise á que se pretende levar a sociedade galega por unha suposta marxinalidade do español, nada correcta, traerá conflitividade social, xa que o dereito e o deber de falar e estudar en galego, como así consta na lei, ademais de non poder ser suprimido, non será aceptado pola sociedade galega".

Os empresarios indicaron que "nunca" tiveron problemas coa utilización do español, pero si "algunha dificultade" cando empregaron o galego, polo que "non é certo que o español estea perseguido en Galicia".

Ademais, reivindicaron o seu "dereito democrático" a solicitar un "reforzo do galego", e afirmaron que "non entenden" que os representantes da sociedade galega non traballen "para preservar os trazos distintivos do país", como o idioma, e mesmo "poñan trabas en moitos casos para o normal e lóxico desenvolvemento".

A Rede Galega de Empresas manifestou que "apoia e participa" na manifestación en defensa de galego e do seu "pleno e normal" uso, pois "a perda" deste idioma "suporía a perda da nosa personalidade como galegos, e triunfaría a filosofía que produciu a crise económica mundial, que suprime toda a diversidade dos pobos no mundo".
A Rede Galega de Empresas pide respecto para a lingua galega
Comentarios (2) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 17-05-2009 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Los empresarios están faltando a la verdad.El español es el maltratado por radicales y toda la soc#blgtk08#iedad gallega.Ni esta´presente en al educación o lo está de un modo muy residual

Comentario por La opinión de iñaki gabián (17-05-2009 18:57)
2 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (06-09-2013 10:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0