boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A FAO recomenda o modelo do Banco de Terras en Croacia, Bosnia e Albania
Comunicación do organismo da ONU

A institución internacional subliña a utilidade do proxecto galego para o aproveitamento da superficie agraria útil abandonada.

?As recentes experiencias de Galiza en bancos de terras, xestión forestal e uso da terra que foron compartidas cos participantes do seminario foron de gran relevancia e proporcionaron información moi importante para replicar este coñecemento?, sinala Maria Kadlecikova, subdirectora da oficina para Europa e Asia Central da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación. A FAO confirma así que a iniciativa galega foi adaptada nas recomendacións de estratexias de desenvolvemento rural do condado de Medimurje, en Croacia, e avanza que será introducido tamén nos plans para Bosnia Herzegovina e Albania.

Representantes da FAO amosáranlle en febreiro pasado á Consellaría de Medio Rural o seu interese por adaptar este modelo de xestión a outros países. Foi durante o sétimo encontro do organismo sobre tenencia de terra e concentración parcelaria, celebrado en Galiza, e onde participaron representantes de 20 estados para coñecer o modelo de xestión das terras que se está a desenvolver aquí.

A FAO confirma agora a súa convicción da utilidade do Bantegal como modelo de aproveitamento da superficie agraria útil abandonada "para brindar a oportunidade de incrementar o tamaño das explotacións que o precisen, así como a instalación de mozos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira", subliñan desde a Consellaría.

?As recentes experiencias de Galiza en bancos de terras, xestión forestal e uso da terra que foron compartidas cos participantes do seminario foron de gran relevancia e proporcionaron información moi importante para replicar este coñecemento?, indicou Kadlecikova. ?Estamos seguros de que isto enriquecerá o noso traballo futuro de tenencia da terra nos países de Europa e de Asia central?, engadiu.
A FAO recomenda o modelo do Banco de Terras en Croacia, Bosnia e Albania
Comentarios (1) - Categoría: autoodio/autoestima - Publicado o 08-04-2009 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (06-09-2013 10:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0