boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O galego é útil
Isto que estás a ler é un manifesto espontáneo, vivo, interactivo, libre de ideoloxía e afiliación política, co que os abaixo asinantes pretendemos, desde a nosa humilde experiencia no estranxeiro, desmentir o mito de que ?o galego non vale para nada? ou ?só serve dentro de Galicia?.

Todos os idiomas valen e para moito.

A nós, o galego foinos útil e segue séndonos útil nas nosas vidas e aventuras polo mundo adiante:

1. O galego facilitounos a aprendizaxe doutros idiomas: fíxonos máis sinxela a comprensión oral e escrita doutras línguas, axudounos a identificar e pronunciar noutros idiomas sons que non existen en castelán e facilitounos a aprendizaxe de novas estruturas gramaticáis.
2. A capacidade de falar galego fixo posible que nos comunicáramos con cidadáns de Portugal e Brasil (entre outras nacións posibles, que xuntas suman unha poboación de arredor de 200 millóns de persoas).
3. No estranxeiro, o feito de falar galego e polo tanto comprender o portugués deunos unha vantaxe competitiva frente a outros traballadores, xa que a nivel internacional o coñecemento de idiomas sempre é un bonus, sexa a industria que sexa.

Por estas tres razóns prácticas, concluímos, sen ningún tipo de dúbida, que o galego tamén é útil fóra de Galicia. Que non che quenten a cabeza dicindo que non.

Londres, 1 de abril de 2009

Queres asinar o manifesto? Entón envíanos unha mensaxe indicando o teu nome e se podes engade tamén a túa testemuña.
http://ogalegoeutil.wordpress.com
O galego é útil
Comentarios (2) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 06-04-2009 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Claro que é útil! Moi ben por estes galegos e galegas do exterior, é útil en Galiza#blgtk08# e no estarnxeiro e sempre suma, nunca resta como queren facer ver algúns.
Comentario por Carlos (06-04-2009 19:43)
2 grac#blgtk08#ias
Comentario por ici (06-09-2013 10:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0