Acábome de quedar de pedra. O albariño Don Olegario 2005 figura na lista dos 9 Delicious Wines of 2008 que publica o Wall Street Journal, xunto con marabillas coma o Chateau Latour 2005 ou ?Les Caillerets? de Volnay 2005. É unha tremenda noticia, e o único viño da Península en figurar nese cadro de honra. E fíxome moita graza porque teño compartido algunhas copas de Don Olegario co seu propietario Olegario en Casa Milagros, en Cambados, ao carón dunhas excelentes zamburiñas cun preve de limón e aceite. Olegario foi manager de Xil Ríos, home de vida intensa e amabile, e un saco inesgotábel de anécdotas do Salnés. E fai un Albariño excelente que lle gusta compartir cos amigos ao redor dunha mesa. Moitos parabéns. (vía)