boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manifestos e contramanifestos
ANXOS G. FONTE
Profesora de lingua e literatura galega


Vimos asistindo nas últimas semanas a unha curiosa batalla ideolóxica e política sobre un tema tan sensíbel como a lingua. O debate, lanzado polo diario El Mundo de Madrid e contestado desde distintas institucións sociais e culturais da periferia, non fai outra cousa que poñer en evidencia a febleza da construción identitaria nacional do Estado español.

Os asinantes do Manifiesto en Defensa dela Lengua Común constatan coa súa iniciativa que, despois de 500 anos de imposición con toda a violencia real e simbólica utilizada desde o ámbito do poder, o castelán nin foi nin é aínda a lingua común dos españois: houbo sempre outras que incribelmente sobreviviron e semella que contan cuns falantes, e agora tamén cunhas institucións propias, con clara vontade de asegurarlles o futuro.

Houbo algún cambio substancial nos últimos anos/meses/semanas que actuase como detonante do conflito lingüístico e da necesidade de defensa dos intereses dos falantes das diferentes linguas? Non o creo; o que hai é o desenvolvemento normal das prerrogativas legais que a Constitución e os estatutos recoñecen aos gobernos autónomos para a normalización das linguas minorizadas.

Sin vontade firme de aplicar as leis de normalización lingüística

Froito do Estado das Autonomías é o decreto de galeguización do ensino que estabelece un 50% polo menos do curriculum en galego. Unha boa medida para a normalización do galego... se chegase a aplicarse. Digámolo claramente: nin antes nin agora houbo nunca en Galicia por parte dos poderes públicos unha vontade firme de aplicar as leis de normalización lingüística. Era o que noutra época se chamou bilingüísmo harmónico e hoxe non sei como se chama pero ten moito que ver co lema clásico liberal, laissez faire, laisser passer.

Non chamarlles ás cousas polo seu nome é unha estratexia como outra calquera: empezamos o ano pasado admirándonos con iniciativas civico-sociais tan interesantes como ?Tan gallego como el gallego? que utiliza un delirante xogo de palabras de imposíbel comprensión para quen non estea no allo.

Que pode ser tan galego coma o galego? Que alambique pode destilar algo que supere en esencia á propia esencia, unha especie de concentrado de galego? Dá para moito que pensar, abofé, dá para tanto que os impulsores decidiron que pensando tan desaforadamente non ían conseguir os seus obxectivos e cambiáronlle o nome de xeito que ?Tan gallego como el gallego" pasou a ser ?Galicia bilingüe?. A mesma estratexia, pero sen pensar tanto: unha Galicia onde os cidadáns estean interesados e poidan aprender moitas linguas é o desideratum de calquera patriota, que ninguén o dubide, en principio o argumento ideal para sumar vontades. De feito, mediante unha ósmose social ?máxica? a inmensa maioría dos cidadáns galegos son competentes en dúas linguas: o galego e o castelán, que usan desigualmente a diario.

O problema é a lingua dos outros, de nosoutros

Xa somos bilingües, polo menos os que vimos de familas galego falantes, congratulémonos! Entón cal é o problema de Galicia bilingüe, cal é o problema dos defensores da lingua común? O problema é a lingua dos outros, de nosoutros: non defenden en realidade unha Galicia realmente bilingüe porque non soportan que as outras linguas (en Galicia, o galego) se vaian desfacendo dos prexuízos vellos e enquistados neste proceso de dignificación que se iniciou co desenvolvemento dos Estatutos de Autonomía que consiste en ir ampliando os seus usos en ámbitos formais, propiciando a súa visibilidade pública e mesmo a súa proxección internacional.

Aborrecen o bilingüísmo, mesmo se ven incapaces de practicalo como facemos os outros con sorpendente habilidade e séntense vítimas, diminuídos nacendo como naceron e educándose como se educaron para a posición dominante. O galego non valía para nada? Pois agora vale! Eu estou feliz de cederlles a posición de vítimas que eles tan ardentemente reclaman. É a súa estratexia, teñen dereito a defendela. Pola miña parte penso que é un momento óptimo para recolocar as fichas no taboleiro. Non imos pelexarnos por seguir sendo as vítimas!
Manifestos e contramanifestos
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 29-07-2008 03:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por basset bobballs en peluche (05-09-2013 11:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0