boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"A lingua común"
Artigo de Carlos Aymerich

Sempre han procurar palabras e conceitos aparentemente incontestábeis. A invasión do Iraque tivo por nome oficial ?liberdade duradoira? (e non ?agresión e ocupación militar para a explotación dos recursos petrolíferos?) e xustificouse na liberación do pobo iraquiano, obxectivo, obviamente, non logrado. Quizais porque nunca tal se pretendera.

Do mesmo xeito asociacións que alentan o odio lingüístico fanno en nome da ?liberdade? entanto que persoas que colectivos que perseguen abertamente a imposición do español como ?lingua común? asinan manifestos nos que este seu afán lexitímase en nome da defensa dos dereitos individuais porque ?son os cidadáns quen teñen dereitos lingüísticos, non os territorios nin muito menos as linguas mesmas?. Afirmación, por certo, axiña contradita ao defenderen os asinantes do tal manifesto a asimetría de que só o español ?goce do deber constitucional de ser coñecido e da presunción consecuente de que todos o coñecen?. Daquela, o español si goza de dereitos (co seu correlato de deberes para os cidadáns) que se lle negan ao galego, ao euskera ou ao catalán. U-la igualdade?

Nada novo. O imperialismo sempre tentou disfarzarse coas roupaxes do universalismo. A explotación doutros pobos véstese de civilización e luita contra o escurantismo, consonte unha visión xerárquica dos pobos, das culturas, das linguas e, ao cabo, das persoas que nos condea á guerra perpetua. Os nacionalistas non negamos os dereitos de ninguén nin nos afirmamos como superiores aos demais. Traballamos para que o noso pobo teña, en igualdade cos demais, o dereito determinarse libremente e para que a nosa lingua conte cos espazos de normalidade dos que xa goza, mesmo na Galiza, o español. E tanto pedir?
"A lingua común", artigo de Carlos Aymerich
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 17-07-2008 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por cochon bobballs en peluche (05-09-2013 11:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0