boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lingua, pasta e ideoloxía
ANTÓN REIXA 20/05/2008

Algúns consumimos a vida instalados na perplexidade de ser galegos e cidadáns do mundo, locais e universais ou, o que é o mesmo, de descifrar o mundo desde Galicia. Os últimos días lévannos, con todo, a pechar o foco do noso obxectivo e cinguirnos a pensar España desde Galicia. O tecnicista, pero político, debate sobre o financiamento autonómico, a reivindicación nas rúas do noso dereito a vivir "en galego" e a morbosa crise desde o PP así o determinaron.

Pasta. Debátese sobre como se ha de debater o financiamento. Se bilateral ou multilateralmente. Por moitos virus que se queiran introducir na disputa, parece incontestable que para regular realidades diferentes débese partir de marcos diferentes. A igualdade e a solidariedade en Galicia só se poden analizar á luz de que aquí un kilómentro de estrada custa máis que en Andalucía, que vivimos esquizofrénicamente dispersos e que somos dos máis vellos de Europa, de que a nosa balanza fiscal debe contemplar que traballadores galegos cotizaron en moitas partes de España e Europa durante moitos anos, pero e abrigo, que partimos dunha sitiuación historicamente peor. Non valen os esquemas de partido (de feito, así o demostran as tensións en Cataluña e Valencia) e tampouco valen as supersticiones políticas e ideolóxicas porque a racionalidade imponse sobre realidades tan heteroxéneas. Pero o peor é o tabú ideolóxico. A discusión nace viciada porque desde o centro pénsase que o que se negocia é canto debe e pode aforrar a Administración central para seguir tolerando o noso autogoberno e non a cuantificación da xustiza económica que nos permita, compense e anime aos galegos para seguir formando parte do reino de España.

Lingua. A pesar do continuo crecemento do galeguismo político e cultural desde o século XIX, case nunca fora o idioma protagonista único dunha mobilización. Refírome á reivindicación masiva do dereito a vivir en galego que o pasado domingo percorreu Compostela. Esa circunstancia invoca un ben escaso na nosa historia: a coraxe dos galego falantes para reclamar e exercer os nosos dereitos lingüísticos. Neste caso vén derivada da virulencia inútil e recente das posicións manipuladoras e trogloditas que queren apreciar perigo de extinción para o castelán ou español en Galicia e algunhas decisións xurídicas e laborais que reproduciron a niveis franquistas a discriminación do galego. Diría case benvidas sexan esas contradicións porque poden servir para reproducir na mocidade actual as circunstancias e toma de conciencia que nos levaron a moitos castelán falantes a cambiar de lingua de instalación fai xa máis de 30 anos. Sen dúbida, por un instinto alternativo de pensamento. Porque a sensibilidade lingüística é unha cuestión de conciencia, máis aló da propia historia e da orixe idiomático de cada individuo. A recuperacion do galego pertence ao ámbito da ecoloxía, da ecoloxía lingüística. Unha sociedade que se preocupa polos malos tratos no transporte de animais ou a tensión das aves, debería entender máis facilmente o crucial que é a diversidade lingüística no planeta, empezando polo cacho do mesmo en que nos toca vivir.

Conciencia e modificación de condutas lingüísticas. A normalización do galego non pode copiar esquemas de conduta e competencia idiomáticas tan catetas como as do monolíngüismo do mundo castelán falante, posiblemente uns dos máis perezosos e fracasados para o coñecemento linguas estranxeiras. Quizais a mellor superación da diglosia sexa unha Galicia de individuos políglotas.

Crise do PP. Un asiches a esas intrigas co morbo de observar que pasa na casa de en fronte e de seguimento dun thriller de final incerto. O único que se entende da lea, ademais das ambicións de poder, ten moito que ver con que o nacionalismo español está probando do seu propio medicamento. Logo de acusar aos nacionalismos periféricos de sempre pedir máis, boa parte da dereita española tamén pide máis: neste caso, a revogación do Estado das autonomías. Se cadra, chegou o momento da sinceridade sen tabús: ou nos federamos ou confederamos, ou nos imos de España ou nos diluímos en Europa.
Lingua, pasta e ideoloxía
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 20-05-2008 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por grenouille bobballs en peluche (05-09-2013 10:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0