boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galicia monolingüe
a voo de tecla
Galicia era un país monolingüe, que exportaba idioma. A moitos portugueses cústalles admitir que o galego foi imposto a punta de espada alén de Coimbra, cara ao sur. E moitísimos castelán-falantes en España admiten con dificultade que a lingua da poesía fose nas súas terras o galego. Finalmente, hai demasiados habitantes de Galicia (galegos e non galegos) que coidan que o castelán xurdiu aquén da Pedrafita de xeito espontáneo.

Pois seica non foi así. En Galicia o castelán fíxose presente a forza de escribáns e cregos, nobres foráneos e bispos da Castela. Despois veu a escola e, por fin, os medios de comunicación axudaron a que se consolidase a situación na cal o castelán é o que importa aprender e o galego o que tanto ten esquecer.

Hoxe, despois de décadas do «bilingüismo harmónico» que demostrou ser agónico para o galego, aparece o movemento de «Galicia bilingüe». Perfecto, mais sempre que o bilingüismo se basee en que todos os cidadáns de Galicia coñezan por igual os dous idiomas e os usen coa mesma capacidade cando lles pete.

Ora, se ese movemento se basea en facilitar o vivir en Galicia descoñecendo calquera dos dous idiomas (o natural e o imposto pola historia de España), debe ser condenado. Non se debe fomentar a existencia de dous pobos dentro do mesmo país.

Para evitala, para evitar divisións e tensións sociais, cómpre achegarse á posibilidade da diglosia consciente por medio do ensino e dos medios de comunicación: todo á par, en igualdade, baixo a tutela do goberno.
Galicia monolingüe
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 10-04-2008 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por poney rose ponytails en peluche (05-09-2013 10:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0