boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aparellos electrónicos en galego
Os aparatos electrónicos preséntanse pensados para que goces do teu tempo libre, para que te comuniques ou para che facilitar as cousas no día a día.

Se queres estar no mundo en galego ou se che gusta dispor do noso idioma na máis avanzada tecnoloxía, debes saber que existen modelos que o incorporan nos seus menús... E os que non, tamén podes solicitarlles aos fabricantes que o inclúan!

Os primeiros móbiles

Os terminais móbiles xa non son só para falar; empregámolos para tirar fotografías, para gravar vídeos ou para escoitar música (algúns ao mesmo tempo!).

Un dos primeiros móbiles en galego que saíu ao mercado, froito dun acordo da Secretaría Xeral de Política Lingüística con Movistar, foi o Grundig G402i, que tiña a opción do idioma galego nos menús e incorporaba ademais un dicionario preditivo T9 para enviar mensaxes curtas (SMS) facilmente na nosa lingua. Este dicionario tamén o incorporou o Grundig G410i.

Alcatel

O fabricante que adoita sacar ao mercado case todos os modelos en galego é Alcatel. Iso significa que todo o menú e todas as opcións do terminal están traducidos ao noso idioma. Desde o seu Departamento de Márketing explican que entre os terminais que fabricaron nos tres últimos meses atopamos en galego o OT-C701, o OT-C707, o OT-E221 ou o Alcatel Mandarina Duck.

Estes terminais non son exclusivos polo de agora dun distribuidor, senón que se poderían atopar en calquera tenda de telefonía móbil ou a través de calquera operador. Non é o caso do Alcatel Glamphone Elle, que de momento só se comercializa con Mediamarkt.

Nokia, en galego con R

A chegada dos novos operadores móbiles está axudando a que o galego colla pulo na telefonía móbil. Un deles, Móbil R, indica que antes do verán de 2008 R ofrecerá terminais móbiles co menú en galego. "Os terminais serán de última xeración e con todas as funcionalidades. Os modelos están por determinar, xa que aínda se están pechando os acordos cos fabricantes dos terminais", explican desde R. Así e todo, adiantan que ?con case toda seguridade, seremos o primeiro operador móbil que ofrecerá un móbil Nokia en galego?.

Ademais, o operador galego R "achega para estes terminais o desenvolvemento de todos os seus servizos en galego, correo R, menú wap, menú SIM, etc.".

Eroski Móvil

Outro dos operadores móbiles virtuais (OMV) que contribúe á visibilización dos termanais en galego é Eroski Móvil. Ademais de realizar a súa campaña promocional na nosa lingua, explican que "estamos pensando en realizar algunha promoción de cara ao verán para os clientes que queiran cambiar para un teléfono co menú en galego". Consideran que posiblemente hai un "descoñecemento do consumidor desta opción", polo que van informar os seus clientes de que nestes dispoñen dun Alcatel 201 en galego.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xa tivo conversas cos principais operadores para promover accións conxuntas cos fabricantes de terminais e, deste xeito, incorporar unha maior presenxa do galego aos menús e servizos.

Terminais fixos

Terminais fixos con menú en galegoPara os que queiran un teléfono fixo na súa casa en galego, existe o LG-Nortel GT-7168 que non precisa de cables para falar, dispón de pantalla LCD de 65.000 cores, lector de tarxeta SIM e axenda de 200 nomes e números. No mercado tamén se pode atopar un modelo de SPC Telecom que ademais é ecolóxico, xa que rebaixa a radiación máis do 95%.

A empresa Telefónica tamén ofrece teléfonos fixos na nosa lingua. Por unha banda está o Domo2, e pola outra o Domo2 Adicional, un teléfono sen fíos que non precisa de conexión á rede telefónica, xa que funciona conectado á corrente eléctrica.

MP3 e MP4

Un dos fabricantes de reprodutores MP3 e MP4 con máis sona que fabrica aparellos que incorporan a opción do noso idioma é Blu:Sens. Desde a firma galega sinalan que os modelos de MP3 P15 e P16, xunto cos de MP4 1017, 1018, 1027 e 1028 teñen configurado o galego.

Ademais, explican que "actualmente existen algunhas actualizacións de firmware que permiten incorporar o menú galego a modelos que non o traen de serie e estase a traballar na ampliación da listaxe tanto a outros MP4 e DVD, como a todos os produtos en xeral".

No mercado tamén podemos atopar outras marcas con reprodutores de música, coma SPC Internet, que dispón dos MP4 0359 e 0357 de 1GB, ou do modelo 0365 de 2GB. Meizu, pola súa banda, ofrece o M6 Mini Player de 4GB.

DVD

Neste caso, Blu:Sens tamén dispón de diferentes modelos de reprodutores de DVD e DivX co menú en galego, como son o 3002 e o 3005. Tamén dispoñen desta opción o G60, xunto cos Ascomtec Blusens H25-3005 e DVD-3004 DivX.

A marca ofrece tamén gravadores de imaxe como o DVD-5111, cun disco duro interno de 80 ou de 160 GB, segundo o modelo.

Sintonizadores da TDT

Como o apagón analóxico vai ter lugar a comezos do 2010, se cadra é bo facermos un repaso por todos os decodificadores da Televisión Dixital Terrestre (TDT) que hai no mercado coas opcións en galego. Unha das marcas que ofrece no noso idioma os seus sintonizadores é o fabricante JVC. Un dos seus modelos, o KV-DT2000, é un sintonizador para o automóbil, con guía electrónica de programación e teletexto.

Sen irmos tan lonxe, para a nosa casa temos o Probasic TDT1018, coa posibilidade de coller máis de 1.000 canles. Boas prestacións tamén ofrece o sintonizador TDT Sanyo TU-ED1 e o TDT 705 ES de Vivanco.

E para os máis avanzados está o gravador MPEG4 con TDT Blu:Sens G70 con disco duro de 250 GB, sintonizador TDT, WiFi e conexión HDMI.

Avisador de radares

Para o final deixamos o máis curioso dos produtos, o Angel Driver 100. Trátase dun dispositivo GPS que permite coñecer con exactitude os radares dos que informa a Dirección Xeral de Tráfico, tanto da cidade como das estradas, das autoestradas e das autovías. Ademais, avisa o condutor dos tramos de velocidade controlada, indicando a velocidade á que se circula e a máxima que
permite a vía na que se atopa.

Máis información:

O galego nas novas tecnoloxías

Infórmate en galego de todas as novidades tecnolóxicas en Código Cero e Trebellos.
Aparellos electrónicos en galego
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 24-02-2008 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por mammouth en peluche (05-09-2013 10:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0