boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Separatistas
MANUEL RIVAS 16/02/2008

A idea da escola catalá en Madrid, proposta por Esperanza Aguirre, soou como un ledo axóuxere informativo. Días antes, con todo, a proposta de Manuel Chaves de incorporar galego, eúscaro e catalán ás escolas oficiais de idiomas de Andalucía foi seguida dun linchamento mediático. As linguas, tan eróticas elas, tan dadas á concupiscencia, bisexuais, desexando bocas, pertencen á órbita de Venus, pero adoitan caer ao servizo de Marte. O noso maior partido conservador lanzou a proposta de segregar aos nenos en Cataluña, no ensino, segundo opten por estudar en castelán ou en catalán. É unha curiosa alternativa radical. Extremista. E sobre todo, separatista. Ignoro se esta disposición de segregacionismo limitaríase a Cataluña ou se faría extensiva a toda España, xa que o programa conservador propugna un bilingüismo inglés-castelán. Unha cousa é ser políglotas e outra trogloditas. Así, segundo o separatista conselleiro de Educación valenciano, o catalán é un "idioma estranxeiro", que ameaza con garras imperiais ao vernáculo inglés, en franca regresión. Rajoy, que é dúas veces conservador, por política e por profesión, a de rexistrador da propiedade, debería tomarse máis en serio a conservación de todas as linguas españolas. E é o que faría se fose galego de Suíza. Non son os idiomas valiosas propiedades? E se imos plantar 500 millóns de árbores, como non mimar eses bosques centenarios das palabras? Ese cultivo non é contraditorio, senón ao contrario, coa aprendizaxe do inglés, a ferramenta do global e que tivo a súa orixe nunhas pobres tribos de sajones emigrantes. Linguas aparte, o problema é a obsesión para separar aos nenos desde que nacen. Como sexa, hai que separalos. Por clase social. Por relixión. Por sexo. Por procedencia. Polo iris dos ollos. Veñen os nenos ao mundo e aí están os adultos á espreita para marcalos amorosamente a lume.
Separatistas
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 17-02-2008 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por alien toybox en peluche (05-09-2013 10:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0