boas e xenerosas


Unha escolma de artigos, entrevistas, estudos, novas, opinións, reportaxes... boas e xenerosas



GALEGO DE SEU(Web)


Colazo
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Discurso de agradecemento de Xabier P. Docampo

Discurso de agradecemento de Xabier P. Docampo from Martin Pawley on Vimeo.

A partir do minuto 3:18 "...Pero tamén sabedes que eu escribo para os rapaces máis novos, eu escribo para vos, para dicirvos que non permitades nunca que vos rouben o país, que de verdade, que vos están roubando este país. E quero dicirvos a vos, aos rapaces, que si, con dulzura, con educación, sen faltarlle o respecto ao teu pai ou a túa nai, dille: Non me roubes o país. Non me roube-la lingua. Suma!, non restes, eu non vou ser mellor se algo que podía ter non o teño, serei mellor se algo que podía ter o teño, mo dás.
E os pais e as nais, por favor, aproveitar este momento para dicirvos unha cousa: Aínda estamos todos a tempo de que os nosos fillos non nos boten en cara un día, eu tiña unha lingua e ti roubáchesma, ti impediches que chegase a min, porque de verdade eu estou totalmente convendido de que isto é así. O día que perdámo-la lingua, non somos ninguén, ou somos iso, ese fuco, un ninguén.
Aquí, a lingua nun só, é o noso escudo como dicía Cabanillas. É aquelo que nos representa, que de verdade, a lingua é a nosa casa, é a nosa patria. A lingua é a patria do ser humano, instalémonos na nosa casa, na nosa patria. Quero aproveitar este momento no que non vos queda máis remedio que escoitarme para dicir isto, de verdade, para facer un canto ao que non é nen nada máis nen nada menos que para min o meu instrumento de traballo, pero para min é o meu conforto espiritual, para min é onde habito, onde me sinto a gusto.
Teño dúas casas, a lingua e María Jesús e estou moi contento con elas dúas."

Homenaxe a Xabier P.Docampo na blogue "Dias Estranhos": 1,2,3.
Comentarios (1) - Categoría: normalización lingüística - Publicado o 13-02-2008 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por singe pirate toybox en peluche (05-09-2013 10:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0